• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A Deputación da Coruña impulsa o deporte con cinco liñas de subvencións por importe de máis de 3M€

Cristina Capelán, deputada de deportes, di que é: "Un programa comprometido coa igualdade e o deporte inclusivo, e unha aposta firme polo futuro dos nosos e as nosas deportistas, para situalos na elite do deporte nacional e internacional"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/02/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Cristina Capelán coa campiona mundial Sub-17 de Halterofilia e bolseira da Deputación, Irene Blanco / DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Cristina Capelán coa campiona mundial Sub-17 de Halterofilia e bolseira da Deputación, Irene Blanco / DEPUTACIÓN DA CORUÑA

138
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • A Deputación da Coruña convoca cinco liñas de axudas dirixidas a fomentar a actividade física; a apoiar a clubs en competicións locais, provinciais, autonómicas, estatais e internacionais; a organizar eventos deportivos e a mellorar infraestruturas e equipamentos.
  • “Unha aposta firme polo futuro dos nosos e as nosas deportistas, para facer da nosa provincia un referente no eido do Deporte”, afirmou a deputada Cristina Capelán, que destaca que 513 entidades recibiron axudas da Deputación o ano pasado.
  • As achegas permitirán que entidades deportivas sen ánimo de lucro, federacións ou ANPA financien gastos de equipamento deportivo, material ante a covid-19, transporte, seguros, salarios, dereitos de arbitraxe ou gastos de participación en competición, entre outros.

A través de cindo liñas de axudas diferentes a Deputación da Coruña pretende dar apoio a entidades sen ánimo de lucro, federacións ou ANPA no desenvolvemento de diferentes modalidades e do deporte base, así como de iniciativas encamiñadas ao benestar das persoas.

“Un programa comprometido coa igualdade e o deporte inclusivo, e unha aposta firme polo futuro dos nosos e as nosas deportistas, para situalos na elite do deporte nacional e internacional”, sinalou a deputada de Deportes, Cristina Capelán, que lembrou que en en 2021 un total de 513 deportistas e entidades deportivas da provincia accederon ás axudas da Deputación.

Cristina Capelán, deputada provincial de Deportes: “É un programa comprometido coa igualdade e o deporte inclusivo, e unha aposta firme polo futuro dos nosos e as nosas deportistas, para situalos na elite do deporte nacional e internacional”

Este apoio ás entidades compleméntase coa contratación de arredor de 70 técnicos deportivos noutros tantos concellos coruñeses, un programa no que a Deputación inviste 1.015.000 euros.

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases destas subvencións, dirixidas a entidades privadas sen fins de lucro, incluídas as federacións deportivas, legalmente constituídas e con domicilio fiscal na provincia da Coruña. As contías que recibirán os beneficiarios poderán empregarse para a mellora de infraestruturas e equipamento, salarios, outros aprovisionamentos, material ante a COVID-19, gastos de participación en competicións ou transporte, entre outros.

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán / DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, nunha imaxe de arquivo / DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Con este programa, a Deputación da Coruña busca mellorar a condición física, a ocupación activa do tempo de lecer, o deporte afeccionado e a participación en actividades deportivas non federadas. Tamén pretende difundir os valores deportivos con iniciativas de divulgación e formación, como charlas, talleres, cursos, simposios ou xornadas de debate.

Por último, a institución provincial promove as competicións deportivas federadas e non federadas. “Queremos que a provincia da Coruña se sitúe na vangarda a nivel deportivo e sexa referente no ámbito”, afirmou Capelán.

A Deputación da Coruña destina 450.000€ a fomentar a actividade física 

O ente provincial achega unha axuda de 450.000 euros para promover e desenvolver distintas modalidades deportivas e, en especial, fomentar o deporte base e as actividades encamiñadas a fomentar o benestar das persoas. Este programa contará con contías que van dun mínimo de 1.000 a un máximo de 30.000 euros.

O investimento permitirá financiar a adquisición de material deportivo, compra de aprovisionamentos, material ante a COVID-19, arrendamentos e canons, transporte, seguros, salarios do persoal deportivo, seguridade social, dereitos de arbitraxe e gastos de participación en competición deportiva non federada.

Apoio a equipos e deportistas en competicións locais, provinciais ou autonómicas cunha achega de 700.000 euros

O ente provincial aposta polo desenvolvemento e proxección das e dos deportistas galegos cunha liña dirixida a clubs deportivos da provincia que conten con algún equipo ou deportista que participen en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial ou autonómico. As achegas, que irán dos 1.000 aos 60.000 euros, permitirán financiar os gastos derivados da súa participación nas probas.

Así pois, subvenciónase a adquisición de aprovisionamentos varios, material Covid-19, arrendamentos e canons, transporte, seguros, aloxamento, dereitos de arbitraxe, cotas a entidades deportivas ou gastos de inscrición en competicións.

Un millón para impulsar a deportistas en competicións nacionais e internacionais

Por outra banda, a Deputación da Coruña financia cun millón de euros a participación de clubs deportivos sen ánimo de lucro con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional. O importe máximo achegado será de 100.000 euros.

O orzamento permitirá adquirir aprovisionamentos; material COVID-19; arrendamentos e canons; servizos profesionais médicos; transporte; seguros; aloxamento; salarios de técnico, adestrador, fisioterapeuta, preparador físico, monitor deportivo, xestor deportivo; seguridade social, dereitos de arbitraxe, cotas a entidades deportivas ou gastos de participación en competición.

Orzamento de 400.000€ para apoiar a organización de eventos deportivos

Os eventos deportivos que acolle a provincia son unha oportunidade única para impulsar os deportistas galegos, pero tamén un acicate para fomentar un turismo deportivo, impulsando deste xeito tamén a economía da provincia. O ente provincial destina 400.000 euros das súas liñas de axuda a financiar o desenvolvemento de grandes probas singulares de interese na provincia.

Os importes a conceder van dun mínimo de 6.000 a un máximo de 70.000 euros que irán destinados a sufragar os gastos inherentes á organización dos eventos, promovidos por entidades deportivas, de carácter relevante para a provincia pola súa incidencia en termos deportivos, sociais e económicos, xerando ingresos e beneficios para o territorio. Como condicións: cada entidade presentará só unha proposta e o encontro deberá estar incluído no calendario de competicións oficiais.

A achega permitirá financiar material deportivo non inventariable, outros aprovisionamentos, material ante Covid-19, arrendamentos e canons, transporte, seguros, salarios, seguridade social, dereitos de arbitraxe, transferencias e gastos de participación en competicións, entre outros.

Para infraestruturas e equipamento hai 500.000€

A través dunha achega de 500.000 euros, desde o ente provincial apoiarase a entidades deportivas na mellora das súas infraestruturas e equipamento, co obxectivo de ofrecer as mellores condicións para a práctica deportiva.

As subvencións poderán oscilar entre os 1.000 e os 40.000 euros, e permitiran financiar construcións (edificios e outros inmobles de uso deportivo), material inventariable (colchonetas, pesas, balóns medicinais, porterías, canastras, ring, marcadores, tatamis ou similares), equipamento téxtil inventariable (petos electrónicos, traxes de neopreno, etc.), elementos de transporte (vehículos, remolques, embarcacións) e equipos electrónicos para a mellora da práctica ou rendemento deportivo).

Onde presentar as solicitudes para acceder a estas subvencións provinciais?

As entidades interesadas en solicitar as subvencións poderán facelo de xeito telemático a través da plataforma Subtel da Deputación https://sede.dacoruna.gal/subtel/acceso/login.

O prazo de presentación determinarase no anuncio do extracto de cada convocatoria que se publicará na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Á hora de conceder as axudas valoraranse elementos como o ámbito territorial das actividades, o interese da proposta presentada ou o número de persoas asociadas, no caso de entidades, e persoas federadas, no caso das federacións.

As bases para acceder a estas axudas da Deputación da Coruña poden consultarse nesta ligazón

Etiquetas A CoruñaAxudasbolsasCOVID-19Cristina CapelánDEPUTACIÓN DA CORUÑASubvencións
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Plan Patrocinio Equipos Alta Competición Galicia Tempada 2025/2026 da Xunta de Galicia, 1.ª Fase / XUNTA DE GALICIA

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta chega á súa 17ª edición con 2,2M€ e 117 equipos convidados para a 1.ª fase

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar o anuncio da primeira fase...

Imaxe tomada no inicio do curso 2019 no CGTD con deportistas de alto nivel / XUNTA DE GALICIA

As axudas do deporte de alto nivel de Galicia pódense solicitar ata o 4 de decembro e contarán cun orzamento inicial de 800.000 euros

por Redacción As Nosas
28/11/2025
0

 A Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de anunciar a...

A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff / XUNTA DE GALICIA

As 287 entidades beneficiarias das axudas para equipamento deportivo da Xunta xa poden pedir o anticipo do 100%

por Redacción As Nosas
13/11/2025
0

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 3 de novembro de 2025 pola que se conceden...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

'Maiores en Plena Forma', un programa de envellecemento activo / CONCELLO DA CORUÑA

‘Maiores en Plena Forma’ fomenta o envellecemento activo na Coruña

por Redacción As Nosas
23/10/2025
0

  O Concello da Coruña activa o programa 'Maiores en Plena Forma', con actividades gratuítas en 15 centros A Concellería...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.