• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

O RC Deportivo non comercializa as camisetas do Dépor feminino

A elástica do equipo feminino non se pode adquirir nas DeporTiendas físicas ou ‘online’ do club | Desde a entidade branquiazul explícase que esta situación dase debido a que hai que respectar “os acordos comerciais” vixentes

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/03/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
DeporTienda do RC Deportivo en Riazor

DeporTienda Riazor

184
COMPARTIDOS
638
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

A camiseta do RC Deportivo ABANCA, o equipo feminino do Dépor, non está á venda nas canles oficiais que o club ten habilitadas a tal efecto. Ante esa carencia, o persoal da DeporTienda oferta a posibilidade de mercar a elástica do primeiro equipo masculino, pero pórlle nas costas o nome da xogadora do Dépor ABANCA que se desexe. Na tenda Macron da Coruña tamén confirman que esa camiseta non se comercializa. Se te estás a facer a pregunta de se na Liga Iberdrola é habitual, a resposta é moi galega: depende. Hai equipos que a venden e outros que non, contámoscho nesta outra información: Vende o fútbol feminino as súas camisetas?
A consulta de As Nosas, o club coruñés explica que esta circunstancia débese a unha cuestión de “respecto aos acordos comerciais” vixentes na actualidade. Eses contratos permitirían, unicamente, comercializar a camiseta que actualmente loce o primeiro equipo masculino.
A afección do equipo feminino do Dépor é cada vez máis numerosa. Abegondo é un fervedoiro cada xornada que as xogadoras da Liga Iberdrola que adestra Manu Sánchez xogan como locais. Entre as seareiras deportivistas as caras de Tere Abelleira, Peke, Miriam Ríos ou Athenea del Castillo, por poñer algúns exemplos, son recoñecidas pola rúa. Aínda non aos niveis en que o son Mollejo, Alex Bergantiños ou Sabín Merino, pero a bancada deportivista coñéceas e ségueas.
No partido de Copa da Raíña contra o Valencia demostrouse o tirón que, na parroquia branquiazul, teñen estas futbolistas que meteron no Estadio Municipal ABANCA Riazor a máis de 7.500 afeccionadas.

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Pero todo ese interese da masa social deportivista non pode transformarse en algo que calquera club dos tempos actuais buscaría: a venda de camisetas. Esa opción non está incluída na proposta comercial da entidade coruñesa debido a acordos previos con patrocinadores.
Os cambios entre ambas as dúas elásticas, residen nos patrocinios que locen as camisetas duns e doutras. No caso dos homes figuran Estrella Galicia 0,0 e Luckia, mentres que nas mulleres está ABANCA tanto no peito como no lateral da manga. Na parte posterior, figura Cabreiroá na camiseta do feminino e ABANCA na do masculino.
Entre as camisetas que se pode adquirir nas canles oficiais tampouco están as elásticas doutros equipos do RC Deportivo. Por exemplo, ademais de non comercializarse as camisetas dos dous equipos femininos (A e B, patrocinados por ABANCA), non se venden as camisetas do filial (Fabril), dos equipos de base, da Liga Genuine (que loce o patrocinio de R) ou dos Veteranos. Para poder pór á venda algunha destas equipacións, o RC Deportivo tería que modificar os actuais acordos de comercialización das súas camisetas.

Unha aposta pola visibilización á que lle falta unha peza

Un dos xestos máis habituais dunha persoa que se converte en seareira dun club deportivo é mercar a súa camiseta. Iso, ou algún elemento de merchandising como unha bufanda. No Dépor ABANCA non é factible a primeira opción, a máis evidente. Pola contra, hai unas semanas, no partido de Copa contra o Valencia, regaláronse 5.000 bufandas co nome do equipo. Tampouco están á venda.

Misa coa camiseta do Dépor / RCD
Misa coa camiseta do Dépor / RCD

Desde que apostou por contar cun equipo feminino, o RC Deportivo amosou con xestos e feitos a integración das futbolistas do Dépor ABANCA en todas as acción promocionais do club. Sinaturas de autógrafos, visitas sociais, campañas publicitarias… O momento máis destacado foi se cadra elixir á capitá branquiazul Miriam Ríos para encarnar a María Pita e protagonizar a campaña de abonados da tempada 2019-2020 ao berro de: “Deportivistas, quen teña honra, que me siga”, ao máis puro estilo da heroína coruñesa.
Nos catálogos do club herculino, elas posan con equipacións branquiazuis para a súa promoción. Por exemplo, con suadoiros, polos de paseo, etc. Moitas delas son prendas recollidas na sección Dépor1920 da web de venda de material deportivo do RCD. Pero eses non son os polos de adestramento que as futbolistas usan no seu día a día. O deseño que elas locen, é o deles. Non queda outra mentres mercar a camiseta do equipo feminino non sexa posible.

A camiseta ‘Un único latido’, si está á venda

Os únicos elementos de merchandising vencellados directamente ao equipo feminino que se atopan na web que comercializa as prendas do club www.deportienda.es é a camiseta coa frase: “Un único latido”. Trátase dun lema inspiracional que algunhas das futbolistas branquiazuis levan incluso tatuado no seu corpo logo do ascenso acadado na tempada pasada en Canarias. Da súa orixe falamos en As Nosas na reportaxe sobre os cancelos máis empregados polos clubs galegos.  #UnÚnicoLatido era un deles.
Existen dous modelos:

  • “Un único latido de Primera”
Camiseta 'Un unico latido' / RCD
Camiseta ‘Un unico latido’ / RCD
  • “Un único latido” 
Camiseta 'Un unico latido' / RCD
Camiseta ‘Un unico latido’ / RCD

Tamén figura unha camiseta de algodón coa frase: “Luchando por un mismo sueño”.

Camiseta "Luchando por un mismo sueño" / RCD
Camiseta “Luchando por un mismo sueño” / RCD

Véndense camisetas do Fabril, conmemorativas, e a de raias verticais desta campaña

Facendo un repaso pola tenda online do RCD pódese ver que as seareiras branquiazuis poden mercar diferentes modelos de camisetas máis aló dos oficiais deste curso 2019-2020. Por exemplo, pódese adquirir un polo histórico do Fabril (filial deportivista) que ten aires retro

Polo Fabril / RCD
Polo Fabril / RCD

Tamén hai outro a xeito de réplica da camiseta coa que o Dépor debutou en Primeira no ano 1941.

Camiseta, Dépor / RCD
Camiseta, Dépor / RCD

Entre as camisetas doutras tempadas, está á venda a conmemorativa do ascenso do 1991 que incorpora o nome do patrocinador daquel ano, Leyma, e tamén a da Copa do Rei do 1995 con Feiraco .

Camisetas Dépor Feiraco e Leyma / RCD
Camisetas Dépor Feiraco e Leyma / RCD

O listado de posibles vestimentas inclúe ata a elástica que o equipo masculino empregou dous partidos esta tempada con raias verticais.

Camiseta Dépor 2019-20 raias verticais / RCD
Camiseta Dépor 2019-20 raias verticais / RCD

Foi unha excepción que se lle permitiu ao RC Deportivo por dúas xornadas dado que a competición non permite mudar equipacións a metade de tempada. Unha parte da afección branquiazul, botando man da superstición, ‘culpaba’ dos resultados do equipo a que se elixira un deseño con raias horizontais, deixando de lado a tradición deportivista de vestir con elásticas de raias verticais brancas e azuis.
Outro dos artigos que se poden adquirir na DeporTienda son a primeira e segunda equipación do HC Deportivo Liceo, conxunto de hoquei a patíns coruñés do que é patrocinador o RC Deportivo.
Como se pode observar, toda unha colección de propostas en branco e azul para que a afección deportivista poida presumir de cores. Como dicimos, incluso as futbolistas do Dépor ABANCA saen nas fotos promocionais. Pero resulta que as xogadoras do equipo feminino aparecen como imaxe de camisetas que non locen, mentres as súas, na actualidade, non se poden comprar.

Camisetas de fútbol da Real Sociedad / REAL SOCIEDAD

Vende o fútbol feminino as súas camisetas?

En As Nosas preguntámonos se se poden mercar as elásticas dos equipos da Liga Iberdrola nas tendas ‘online’ dos diferentes clubs. Por certo, mercarías a da túa futbolista favorita?

Etiquetas DéporDépor ABANCAfútbolRC Deportivo
Comparte180Chía2
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Presntación da exposición ‘Eume Fontecelta : O berce do fútbol feminino eumés’

Pontedeume lembra ás pioneiras do futfem da súa comarca coa exposición “Eume Fontecelta: O berce do fútbol feminino eumés”

por Redacción As Nosas
21/05/2022
0

  O Concello de Pontedeume organiza a exposición ‘Eume Fontecelta: O berce do fútbol feminino eumés’. Trátase dunha lembranza ao...

Dépor ABANCA vs RCD Espanyol en Abegondo / RCD

Tropezo fatal do Dépor ABANCA ante o Espanyol (1-2)

por Redacción As Nosas
30/04/2022
0

  Perder, e facelo na casa nun partido clave, non gusta a ninguén. Pero pasa. Aconteceulle hoxe ao Dépor ABANCA...

Miguel Llorente en rolda de prensa / RCD

Miguel Llorente: “Estamos pensando no Espanyol, pero tamén nos partidos de despois”

por Redacción As Nosas
29/04/2022
0

  O Dépor ABANCA de Miguel Llorente ten este sábado unha cita moi importante no calendario. A falta de cinco xornadas,...

Viajes InterRías celebrando o ascenso / FUTGAL

O Viajes InterRías  acompaña ao Friol á Terceira RFEF

por Hugo Hernández
26/04/2022
0

  Rematou a Primeira Nacional Feminina tras 26 xornadas de competición. O Viajes InterRías FF mantivo a segunda praza que...

Un gol temperán castiga ao Dépor ABANCA / RCD

Un gol temperán castiga ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
25/04/2022
0

  O Dépor ABANCA sumou unha nova derrota lonxe de Abegondo, desta vez en Valladolid, onde as branquiazuis xogaban ante...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

24/05/2022
Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP

Así lles foi a Portela, García, Jácome e Couto na Copa do Mundo de piragüismo en Račice

23/05/2022
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

23/05/2022
Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

Manolo Codeso: “Tanto nós como o Amarelle merecémonos estar en Primeira, pero hai que demostralo”

22/05/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.