O de onte, ante o Real Unión Tenerife Tacuense foi o último partido do adestrador Miguel Llorente á fronte do banco do Dépor ABANCA.
O club coruñés vén de confirmar unha nova que era un ruxe, ruxe, na cidade herculina visto o transcurso da tempada. Neste curso 2021-22 non se acadaron os obxectivos previstos para As Nosas deportivistas, polo que remata unha etapa para Llorente. O club galego non facilita o nome da persoa que substituirá ao preparador á fronte do corpo técnico do primeiro equipo feminino branquiazul.
Segundo informa o Dépor ABANCA: “Unha vez concluída onte á noite a temporada do Dépor ABANCA, co partido de playout fronte á Real Unión de Tenerife (3-1) no que se certificou a permanencia do equipo a próxima campaña na segunda división do fútbol nacional, o Consello de Administración do RC Deportivo comunicou esta mañá ao técnico branquiazul, Miguel Llorente, que non renovará a súa vinculación coa entidade para a próxima sesión”.
O Dépor agradece a Miguel Llorente o “traballo”
Desde o club coruñés maniféstase que “O RC Deportivo quere agradecer a Miguel Llorente o seu traballo á fronte do Dépor ABANCA desde o pasado verán, desexándolle os maiores éxitos futuros a nivel profesional e persoal”.