• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

O Dépor quere frear o efecto Pier

As galegas veñen de golear ao Espanyol | O conxunto bético conseguíu vencer ao Madrid CFF o finde pasado, no segundo partido de Pier Cherubino no banco

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
17/01/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Dépor - Betis

RCD

82
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Dépor recibe ao Betis en Abegondo ás 18:30 horas na correspondente 17ª xornada da Liga Iberdrola. O conxunto bético, que levaba desde o 29 de setembro sen gañar, conseguíu vencer ao Madrid CFF o finde pasado, no segundo partido de Pier Cherubino ao fronte do banco das verdibrancas.

As herculinas, pola contra, acumulan tres partidos sen coñecer a derrota e queren reecontrarse coa súa afección casi dous meses despois de que as deportivistas xogaran en Abegondo. As de Manu Sánchez chegan coa moral polas nubes tras golear ao Espanyol na última xornada na Cidade Deportiva Dani Jarque e tentarán deixar os tres puntos na casa. As galegas buscarán gañar para seguir no alto da táboa e frear o efecto Pier.

carolina e Lorena primer adestramento
RCD

Poderían debutar as novas incorporacións

As internacionais colombianas Carolina Arbeláez e Lorena Bedoya son as novidades na lista de 18 convocadas do Deportivo ABANCA para o encontro do domingo.

Ambas as futbolistas chegaron á Coruña a principios de semana e, tras pasar recoñecemento médico o pasado mércores no Hospital HM Modelo, xa se adestraron con normalidade estes últimos días na Cidade Deportiva.

A canteirá Carlota é a outra novidade na citación de Manu Sánchez, que non tiña baixas obrigadas por lesión ou sanción e, por conseguinte, tiña a todo o seu persoal á súa disposición.

Convocatoria Dépor-Betis
RCD

O Dépor quere encher Abegondo

O Dépor quere xerar sinerxias entre os seus diferentes equipos. Así, os afeccionados que posúan unha entrada do partido entre o Deportivo e o Cádiz CF (correspondente á 24ª xornada de LaLiga SmartBank que se disputará este domingo 19 de xaneiro ás 16:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR), terán acceso gratuíto ao encontro da 17ª xornada da Primeira Iberdrola. É dicir, poderán ir ver de balde o partido entre o Deportivo ABANCA e o Real Betis, que comezará ás 18:30 horas dese mesmo día na Cidade Deportiva de Abegondo.

Por  outra banda, como en todos os partidos do Deportivo ABANCA, os socios teñen acceso gratuíto ao recinto presentando o seu carné. Así mesmo, poñeranse á venda entradas de público por 5 euros, soamente na porta de acceso á Cidade Deportiva. O acceso permitirase por calquera destas tres vías ata completar o aforo máximo do campo principal.

Dépor - Betis campaña entradas
RCD

Rolda de prensa de Manu Sánchez

Manu Sánchez, técnico do Deportivo ABANCA, falou en rolda de prensa durante a previa do encontro dede domingo ante o Betis. O técnico galego explicou que o Consello de Administración, na súa visita ao equipo desta semana, “transmitiunos vibracións positivas e sobre todo tranquilidade, que as xogadoras estean pendentes do campo, que estean tranquilas. Fernando (Vidal) e o seu Consello van darlle continuidade a este proxecto de fútbol feminino do Club e mesmo o van a potenciar. Todos moi contentos”.

O técnico deportivista insiste en que “estamos a gozar moitísimo do que estamos a facer. Hai que seguir nesta liña. Estamos moi preto do obxectivo e despois a soñar. Temos toda a segunda volta por diante, a Copa. Nese orzamento de ilusión que tiñamos e do que falabamos a principios de tempada, aínda non o esgotamos e imos tentar prolongalo”.

Manu Sánchez, adestrador do Deportivo ABANCA: “Temos toda a segunda volta por diante, a Copa. Nese orzamento de ilusión que tiñamos e do que falabamos a principios de tempada, aínda non o esgotamos e imos tentar prolongalo”.

O galego espera que ante o Real Betis “un partido totalmente diferente” ao 3-4 co que as branquiazuis se impuxeron en Sevilla ás verdibrancas: “Abegondo é totalmente diferente ao seu campo, de herba sintética e de dimensións reducidas. Acaban de cambiar o adestrador e están a cambiar o modelo de xogo. O partido debería ser diferente”.

Asegura ademais que Carolina Arbeláez e Lorena Bedoya “chegaron en moi boa condición física. Enviámoslles un traballo que tiñan que facer antes de chegar aquí a España para que chegasen nunha forma similar á que traballamos aquí. Tanto os médicos como o resto de compañeiros de readaptación e do Departamento de Forza din que a súa condición é boa. No campo están a responder ben”.

Manu Sánchez, adestrador do Deportivo ABANCA: “Carolina e Lorena chegaron en moi boa condición física. Enviámoslles un traballo que tiñan que facer antes de chegar aquí a España para que chegasen nunha forma similar á que traballamos aquí”.

A súa chegada ademais, segundo Manu Sánchez, axitou o vestiario deportivista: “É como botar unha pastilla efervescente dentro dun vaso de auga. O vaso está tranquilo e a pastilla xera burbullas. Aquí as burbullas son positivas. Temos un vestiario moi competitivo e entenden que a competitividade e as opcións de xogar, de entrar na lista, apértanse máis. Aquí ademais de boas futbolistas temos moi boas persoas. A aceptación que lle deron ás dúas compañeiras novas, como foi sempre, moi boa. Elas están moi a gusto. Facíanos un pouquiño de falta porque tiñamos un plantel un pouco curto”.

Manu Sánchez, adestrador do Deportivo ABANCA: “A aceptación que lle deron ás dúas compañeiras novas, como foi sempre, moi boa. Elas están moi a gusto. Facíanos un pouquiño de falta porque tiñamos un plantel un pouco curto”.

Ve a Lorena Bedoya como “unha futbolista que pode actuar tanto de central como de mediocentro defensivo. Estamos a vela máis como central. Dános unha boa saída de balón, ten un desprazamento espectacular. Está a coller moi rápido todas as nosas ideas”.

Pola súa banda, subliña que Carolina “dános moita máis versatilidade. É unha xogadora que pode ser mediocentro, interior, unha ‘ box to box’, que pode actuar de lateral, que xa o fixo nos seus equipos anteriores. Ábrenos un abanico de maiores posibilidades, unha xogadora máis combativa, moi intensa nos adestramentos. Adáptase ao que nós facemos aquí”.

Etiquetas BetisDéporDeportivo ABancafútbolLiga Iberdrola
Comparte14Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.