• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia
Inicio Opinión

Deporte para mudar o mundo

Silvia Carregal

Silvia Carregal por Silvia Carregal
06/04/2021
en Opinión
112
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia

 

Hoxe é o Día Internacional do Deporte. E logo! Que pensabades! Hai días internacionais para todo e non había de haber para unha actividade que case todas as persoas do mundo fan nalgún momento da súa vida? Pois si. Hai tal.

O deporte apórtanos cousas obvias, como os beneficios para a saúde que ten unha actividade física regular e controlada. Ir á médica e que che diga que hai que acabar co sedentarismo, que hai que moverse, é todo un (dígovolo eu). En xeral, e con pautas que nos indiquen profesionais na materia, a práctica deportiva axuda a que estemos mellor física e mentalmente.

Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia

O deporte como competición, ben entendida, con xogo limpo, e búsqueda de superación individual e colectiva, plantéxanos retos, metas, e invítanos a aprender cousas novas e a mellorar.

O deporte educa para a vida. Caerse e erguerse. Equivocarse e aprender dos erros para volvelo tentar a seguinte vez mellor. No deporte e na vida, case todo consiste en errar, volvelo tentar, e repetir ata conseguir facelo mellor. Iso ven sendo que cando non es capaz de facer algo coma unha pirueta, un pinchacarneiro, meter unha canastra, saltar á corda, patinar, canear a un rival, o intentas e o intentas até que finalmente, a cousa vai mellorando. Un perde, pero aprende a perder, igual que aprende a gañar. No deporte prima a perseverancia, a cultura do esforzo, e o traballo en equipo (incluso en disciplinas individuais).

O deporte socializa. Desde cativas xogamos con outras persoas. En si  mesmo, é un xogo. Pilla, pilla, brilé, ti a levas… Apúntaste a unha actividade deportiva e coñeces xente con inquietudes similares ás túas, que tira por ti cando non tes tantas ganas de ir adestrar, e que te anima a perfeccionar a túa técnica, pero, sobre todo, xente coa que compartes tempo, esforzos comúns, metas, retos, derrotas, choros, decepcións e sorrisos. É unha experiencia vital en sociedade.

A gran festa deportiva, os Xogos Olímpicos, son en si mesmos unha festa da humanidade, da concordia, da convivencia entre países, razas, credos. Os XX.OO. teñen parado até guerras, a chamada tregua olímpica.

Ben entendido, o deporte fai do mundo un lugar con mellores persoas

Teño par a min que a práctica deportiva, ben ententida, ben guiada, fai do mundo un lugar con mellores persoas. Xente que busca superarse, mellorar, axudar ás compañeiras a que tamén poidan facelo mellor, e aprender a traballar en equipo até cando leva a cabo unha disciplina individual.

En As Nosas, cremos nel como unha ferramenta para empoderar ás persoas que o practican (fainos sentir capaces), para traballar aprol da igualdade, que propicia a sororidade, o respecto, a ansia de superación… Consideramos que unha competitividade sá que nos axuda a superármonos, a teimar á procura de metas. Para nós, a práctica deportiva dentro duns hábitos de vida saudables é un ingrediente necesario nas nosas vidas.

A ONU danos a razón. Neste Día Internacional do Deporte, explican que “é un dereito fundamental e unha ferramenta poderosa para fornecer os lazos sociais e promover o desenvolvemento sostible, a paz, o benestar, a solidariedade e o respecto”. Como vedes, valores que, desde este humilde medio galego, hai tempo que defendemos que aporta o deporte.

A Organización das Nacións Unidas (ONU) sostén que “o deporte axuda a promover la xusticia, o traballo en equipo, a igualdade, a inclusión e a perseverancia. Tamén puede axudarnos a superar tempos de crise, como a COVID-19, reducindo a ansiedad e mellorando a nosa saúde física e mental”.

“En tempos de distanciamento físico, o deporte mantennos física e socialmente activos, incluso desde o confinamento dos nosos fogares”, asegura a ONU neste día no que nos propón o empregar o “Deporte e a actividade física para reconstruír un mundo mellor”

Desde a miña experiencia persoal e profesional considero que o deporte é inspirador e que nos aporta ferramentas para actuar ante as dificultades nas que, abofé, nos porá a vida máis cedo que tarde.

Como apuntan desde a ONU o deporte pode servirnos para mudar o mundo (a mellor).

Feliz Día Internacional do Deporte!

Etiquetas Deportedía internacional do deporteONUSilvia Carregal
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Silvia Carregal

Silvia Carregal

Licenciada en Xornalismo e máster en xornalismo dixital. Directora de As Nosas. En 1994 iniciu súa andaina como xornalista deportiva. Ten traballado en televisión, prensa, radio, medios dixitais e axencias, asumindo diferentes responsabilidades entre das que estivo a de xefa de deportes. Nos anos oitenta participa, como xogadora, na fundación do Sal-Lence Fútbol Sala. Como xornalista puxo en marcha o espazo Ellas También Juegan adicado á visibilización do papel da muller no deporte en Galicia. En 2013 o colectivo MUDEGA premia a súa traxectoria xornalística pola achega á hora de visibilizar o deporte feminino galego.

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

16/07/2025
Novo escudo do Ourense Ontime FSF / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

O Ourense Ontime FSF redeseña o seu escudo e incorpora unha flor de toxo con moito significado

16/07/2025
Selección de Galicia feminina de fútbol gaélico / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GÁELICO

As seleccións de Galicia fan o seu ‘Camiño Celta’ en Irlanda con tres días preparando os World Games”

15/07/2025
Selección Galega / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Galicia remata en sexta posición o Campionato de España de Atletismo de federacións autonómicas

14/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.