• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O ciclo ‘Deporte para a igualdade’ reúne a seis deportistas de élite afincados na Coruña

Educación e cambios en toda a sociedade, non so no ámbito do deporte, son algunhas das recomendacións de cara a acadar igualdade que se propuxeron no debate no que tamén se abordou o feito de que a maternidade non pode ser un problema na carreira dunha deportista | No transcurso da charla a futbolista Cris Martínez explicaba a súa postura na polémica da Selección Española de fútbol

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
28/11/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Ciclo 'Deporte para a igualdade', conversa con deportistas de elite coa participación de Sofía Toro, Diego Villares, Pedro Muñoz Fole, David Arcay, Carmen Sánchez e Cris Martínez, coa psicóloga deportiva Madó González como moderadora / AS NOSAS

Ciclo 'Deporte para a igualdade', conversa con deportistas de elite coa participación de Sofía Toro, Diego Villares, Pedro Muñoz Fole, David Arcay, Carmen Sánchez e Cris Martínez, coa psicóloga deportiva Madó González como moderadora / AS NOSAS

277
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A segunda parada do ciclo de debates baixo o título ‘Deporte para a igualdade‘ que está a levar a cabo o Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, centrou a atención nas e nos deportistas de elite que coincidiron en apuntar que o camiño á igualdade no deporte vai ir parello a igualdade no resto da sociedade, xa que é un problema social e educacional. A importancia da visibilidade do deporte feminino volveu ser un dos puntos en común no debate.

No Fórum Metropolitano déronse cita a campioa olímpica e xerente Clúster Galego do Deporte, Sofía Toro, a lanzadora de xavelina Carmen Sánchez (que este ano chegou a colocarse segunda no ránking estatal absoluto cun lanzamento de 52,71 mts en Andújar), os futbolistas do RC Deportivo Cristina Martínez e Diego Villares, o campión do mundo de pesca a mosca David Arcay, e Pedro Muñoz Fole, campión do mundo de Kempo e preparador físico no Básquet Coruña. A conversa estivo moderada pola psicóloga deportiva e atleta no club La Mochila del Deporte, Madó González.

Ciclo 'Deporte para a igualdade', conversa con deportistas de elite coa participación de David Arcay, Diego Villares, Cris Martínez, Sofía Toro, Carmen Sánchez, Pedro Muñoz Fole e coa psicóloga deportiva Madó González como moderadora / AS NOSAS
Ciclo ‘Deporte para a igualdade’, conversa con deportistas de elite coa participación de David Arcay, Diego Villares, Cris Martínez, Sofía Toro, Carmen Sánchez, Pedro Muñoz Fole e coa psicóloga deportiva Madó González como moderadora / AS NOSAS

No debate, que colleu a sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano, tocáronse diferentes aspectos relativos á igualdade no deporte. Falouse de camiños andados, como o feito de que xa non se ve con rexeitamento unha muller cun corpo musculado, tal e como apuntaba a lanzadora Carmen Sánchez. 

A escasa presenza de adestradoras

Admitindo que se teñen dado pasos, pero “aínda hai moito que mudar”, Pedro Muñoz Fole poñía a atención la “falta de adestradoras”, e no feito de que cando adestran “non adoitan adestrar a equipos masculinos”. Tamén ao respecto da porcentaxe de adestradoras con respecto ao de adestradores, Sofía Toro explicaba que “cada vez hai máis adestradoras, se cadra algún día vemos ao Real Madrid de fútbol adestrado por unha muller”. E Carmen Sánchez destacaba que é precisamente unha adestradora a que prepara a varios destacados atletas españoles neste momento con bos resultados para os deportistas que prepara.

David Arcay convidaba a “empezar a educar pola base” e a trasladar o gusto polo deporte dunhas xeracións a outras de nais/pais a fillas/fillos “sen facer distincións ente nenos e nenas”. Neste sentido a futbolista Cristina Martínez resaltaba que é “importante que, desde nena, poidas practicar o deporte que che guste”.

A importancia da visibilización do deporte feminino foi outro dos aspectos que volveu aparecer no debate, como xa ocorrera na primeira xornada coas pioneiras como protagonistas. O deportivista Diego Villares resaltaba na conversa como un feito positivo na visibilización que o fútbol feminino está a encher espazos deportivos de grande capacidade.

A igualdade vista dun xeito transversal na sociedade

Pero no que parecían coincidir todos os participantes é na importancia da educación e de que a igualdade no deporte vai parella á igualdade noutros ámbitos da nosa sociedade. Non é un espazo estanco. Camiña da man doutros aspectos das nosas vidas.

En concreto, a campioa olímpica de vela, Sofía Toro, explicaba que estamos ante “un problema social que abarca máis ámbitos da nosa sociedade. Non hai tanto que estabamos vivindo nunha dictadura e so por iso xa imos por detrás de Europa no camiño á igualdade”.

Na mesma liña se manifestaba o deportista Pedro Muñoz Fole quen aseguraba que é “unha cuestión de educación. Estamos ante un problema social que está en todos os ámbitos da vida dunha muller”.

A lanzadora de xavelina Carmen Sánchez, coincidía en que “é un tema social. Non haberá igualdade no deporte ata que non exista na sociedade”, aseguraba na conversa.

💜 Xa estamos no Fórum Metropolitano co ciclo de debates #DeporteParaAIgualdade.

Na imaxe os e as 💬 participantes na charla de hoxe, con deportistas de elite:

▪ @diegovillares8
▪ @CristinaMtnezG
▪ @David_Arcay
▪ Carmen Sánchez
▪ @sofiatoropp
▪ @pedromufo

🗣️ @madoglez pic.twitter.com/bb3lX2OZRO

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) November 28, 2022

“A maternidade non pode ser un problema na carreira dunha deportista”

A regatista galega e actualmente xerente do Clúster Galego do Deporte, Sofía Toro, reflexionaba ao respecto da maternidade e de como pode afectar á carreira dunha deportista de elite. “Cando chega o momento de ser nais, as mulleres paramos a nosa vida profesional en xeral, pero no deporte, máis”. Na opinión da campioa olímpica: “Ser nai non pode ser un problema na carreira profesional dunha deportista”, e apelou a necesidade de contar con axudas en materia de igualdade.

Outra cuestión que se abordou na conversa é a alta taxa de abandono da práctica deportiva das mulleres na adolescencia. Na opinión de Sofía Toro todo o sistema está pensado para homes e por homes. A deportista propoñía “adaptar a oferta para evitar o abandono a determinadas idades. Sobre todo pensando en manter hábitos de vida saudables. Iso vai garanter, en boa medida, adultos máis sáns”.

Cris Martínez: “Estou a favor das 15 futbolistas”

A polémica rodea á Selección Española feminina de fútbol que adesra Jorge Vilda desde que quince xogadoras solicitaron non ir convocadas ata que se levasen a cabo cambios no sistema de traballo do combinado estatal. E dicir, esas quince deportistas prantáronse.

A situación xerou división. Hai quen está a favor da postura das futbolistas e hai quen non. E hai tamén quen considera que esta discrepancia que ten derivado en liorta podería estar facendo dano á imaxe do fútbol femenino español.

Xustamente nesa última liña, no posible dano á imaxe do futfem, apuntaba a pregunta que lle facía desde o público Mar Barcón, a futbolista do Dépor ABANCA Cristina Martínez. A deportista non se escondeu.

Cristina Martínez, futbolista: “Se 15 xogadores da Selección Española masculina dixeran o que elas dixeron, pregúntome se Luis Enrique seguiría no seu posto”

Admitía Cristina Martínez que a situación “é complicada”, pero deixaba clara a súa postura sen deixar lugar á dúbida: “Eu estou a favor das 15”.

A deportista leonesa que actualmente milita no Dépor ABANCA lanzaba unha pregunta como reflexión que dera resposta á situación xerada, unha pregunta para que cada quen lle dea resposta e pense en consecuencia: “Se 15 xogadores da Selección Española masculina dixeran o que elas dixeron, pregúntome se Luis Enrique seguiría no seu posto? Elas pediron algo que se teñen gañado. Estamos diante dunha decisión que vai máis aló do futbolístico”, aseguraba Cris Martínez.

A seguinte parada deste ciclo de debates co título ‘Deporte para a igualdade‘ que organiza o Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, nas súas actividades ligadas o #25N, reunirá mañá, martes 29 de novembro no Pazo dos Deportes de Riazor a diferentes adestradores como José Carlos Tuñas (atletismo), Rosa García (patinaxe artística), Stanis García (hoquei a patíns), Raúl Solleiro (natación) e María Castiñeira (montañismo). A cita, que moderará Ana Yaquimenko, do Ximnasia Coruña, ten previsto comezar contra das 17:15 horas con acceso libre ata encher o recinto habilitado para este debate.

🟣 O 29 de novembro, ás 17.15 h, estaremos no Palacio dos Deportes con:

▪ @josecarlostunas (@CorunaComarca)
▪ Rosa García (@cpa_maxia)
▪ @Stanis06 (@HockeyClubLiceo)
▪ Raúl Solleiro (@CNCORUNA1)
▪ María A. Castiñeira (@amimontanismo)

🗣️ @AnaYaquimenko (@ximnasiacoruna) pic.twitter.com/iVXgwMq77q

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) November 28, 2022

O ciclo ‘Deporte para a igualdade’ empezou polo principio, polas pioneiras

Etiquetas A CoruñaCarmen SánchezCristina MartínezDavid ArcayDeporte para a IgualdadeDiego VillaresIgualdadeMadó GonzálezPedro Muñoz FoleSofía Toro
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

'Maiores en Plena Forma', un programa de envellecemento activo / CONCELLO DA CORUÑA

‘Maiores en Plena Forma’ fomenta o envellecemento activo na Coruña

por Redacción As Nosas
23/10/2025
0

  O Concello da Coruña activa o programa 'Maiores en Plena Forma', con actividades gratuítas en 15 centros A Concellería...

María Nogueira, xogadora das Celtas / RC CELTA DE VIGO

As Celtas dobregan As Nosas deportivistas na Madroa e levan o duelo de rivalidade Vigo – Coruña do futfem galego (1-0)

por Redacción As Nosas
14/10/2025
0

As Celtas impuxéronse pola mínima ante un Dépor Abanca B que aguantou o primeiro tempo pero na segunda metade viuse...

IV Trofeo Internacional Ferenc Szabó de halterofilia en A Coruña / CH CORUÑA

O IV Trofeo Internacional ‘Ferenc Szabó’ de halterofilia celebrouse na Coruña con participación dos clubs galegos CH Coruña e CH Cambre

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Esta fin de semana o Pavillón Polideportivo Municipal dos Rosales na Coruña acollía o IV Trofeo Internacional 'Ferenc Szabó' de...

Karina Callón, gañadora da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

Queres inscribirte na San Silvestre Coruña? Ábrese prazo o 15 de outubro

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O prazo de inscrición para a XVI San Silvestre Coruña, a edición do ano 2025, abrirase este mércores 15 de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.