• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

En ‘Deporte para a Igualdade’ debateouse se a dificultade para conciliar frea o acceso das mulleres a postos de adestradora

Renuncia, sacrificio ou necesidade de elexir, foron algúns dos conceptos que se puxeron sobre a mesa | Outra das cuestións a debate foi se é diferente adestrar a mulleres e a homes

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/11/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Adestradoras/es foron protagonistas no terceiro debate do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ do Concello da Coruña, moderou Ana Yakimenko falouse, entre doutras cuestións de conciliación, e participaron: José Carlos Tuñas, Rosa García, Stanis García, Raúl Solleiro eMaría Antonia Castiñeira Mariquiña / AS NOSAS

Adestradoras/es foron protagonistas no terceiro debate do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ do Concello da Coruña, moderou Ana Yakimenko e participaron: José Carlos Tuñas, Rosa García, Stanis García, Raúl Solleiro eMaría Antonia Castiñeira Mariquiña / AS NOSAS

42
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O colectivo de adestradoras e adestradores foi o protagonista no terceiro debate do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ que nestes días ten en marcha o Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes. Neste encontro, moderado por Ana Yakimenko (Ximnasia Coruña), participaron José Carlos Tuñas (Coruña Comarca), Rosa García (Club Patín Maxia), Stanis García (Hockey Club Deportivo Liceo), Raúl Solleiro (Club Natación Coruña), María Antonia Castiñeira Mariquiña (Agrupación de Montañeros indepencientes AMI). As dificultades para conciliar que teñen as adestradoras foi un dos temas que centrou o debate.

📢 Continúan as charlas “Deporte para a igualdade” que organiza o Concello da Coruña

👉 No día de hoxe foi a quenda de adestradores e adestradoras de entidades da cidade pic.twitter.com/jdb7lIYOIT

— Concello da Coruña (@ConcelloCoruna) November 29, 2022

No transcurso desta cita do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ púxose de manifesto a dificultade de desenvolver unha carreira como adestradora ante os atrancos para levar a cabo unha óptima conciliación da vida persoal con esas tarefas. Incluso para facela compatible coas actividades profesionais principiais.

Non hai que esquecer que en moitas modalidades deportivas, e nomeadamente nas categorías de base, as persoas que integran o corpo técnico non reciben contraprestacións económicas polas tarefas que leva a cabo nos diferentes clubs, ou esta retribución é residual. Adestrar non é a actividade profesional principal de boa parte das persoas que adestran, é unha tarefa complementaria a outra que si é a que realmente mantén no día a día a esas persoas nas súas vidas. Polo tanto a conciliación no é só coa vida persoal, tamén é coa profesional.

Renuncias e sacrificios ante a imposibilidade de conciliar

Falouse de que as mulleres tiñan que facer renuncias, sacrificios e elixir entre determinados aspectos da súa vida nos que, ás veces, o deporte remataba por perder a partida sendo a opción desbotada. De aí que moitas mulleres non dean o paso a integrar corpos técnicos de alto nivel deportivo e traballen máis a base ante a imposibilidade de conciliar o seu papel como adestradoras con outros ámbitos da súa vida.

A idea predominante que agromou no debate é que estamos diante dunha cuestión social e cultural, dun reflexo da sociedade. No so no deporte, tamén noutros traballos a muller é a que renuncia a un crecemento profesional para centrarse, ou non minguar, outros aspectos da súa vida persoal.

Segundo argumentaba Raúl Solleiro (Club Natación Coruña), “o deporte non é unha burbulla independente, responde aos mesmos roles que o resto da sociedade”. De aí as carencias en materia de conciliación.

Nese camiño de igualar posibilidades está a necesaria conciliación. Por exemplo, con horarios máis asumibles e compatibles con outras actividades que eviten ter que elixir ou fagan a elección  máis nivelada. “Se non somos quen de que o deporte se practique en horarios compatibles cunha conciliación, as mulleres seguirán adestrando principalmente o deporte base”, aseguraba Raúl Solleiro.

Na súa opinión “as adestradoras de natación teñen os  mesmos problemas que calquera muller noutros ámbitos da vida, a conciliación, por exemplo. Cando lles ofreces que asuman unha responsabilidade maior, teñen as mesmas trabas para poder asumila que teñen noutros ámbitos da vida. Como noutras empresas, as que renuncian, ao final, son as mulleres”, por ese problema de conciliación.

Precisamente como proposta para tratar de evitar ese tipo de situacións, desde AMI, María Antonia Castiñeira Mariquiña, abogaba pola profesionalización do deporte en todos os seus niveis.

Na opinión de José Carlos Tuñas (Coruña Comarca) no atletismo “as mulleres teñen as mesmas posibilidades de adestrar ca os homes. Cada vez hai máis adestradoras na elite. Cada vez despuntan máis e cada vez son máis”.

Adestradoras/es foron protagonistas no terceiro debate do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ do Concello da Coruña, moderou Ana Yakimenko e participaron: José Carlos Tuñas, Rosa García, Stanis García, Raúl Solleiro eMaría Antonia Castiñeira Mariquiña / AS NOSAS
Adestradoras/es foron protagonistas no terceiro debate do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ do Concello da Coruña, moderou Ana Yakimenko e participaron: José Carlos Tuñas, Rosa García, Stanis García, Raúl Solleiro e María Antonia Castiñeira Mariquiña, abordáronse temas como a conciliación / AS NOSAS

Á marxe da dificultade de conciliar, desde o HC Deportivo Liceo, Stanis García introducía no debate outras cuestións que tamén limitaban o acceso ás mulleres a postos técnicos. Explicaba que, o habitual é que se plantexe ser adestrador ou adestradora alguén que ou ven ten practicado esa disciplina deportiva ou é unha persoa moi seguidora dese deporte. Polo tanto, no hóquei a patíns, no que non había tantas xogadoras ata hai pouco, complicábase que xurdiran mulleres adestradoras, xa que non había base previa.

Tamén apuntaba o adestrador liceísta que é preciso que se rexuvenezan os equipos directivos, a xestión deportiva, para que se introduzcan adestradoras.

É diferente adestrar a mulleres e a homes?

Durante o debate abordáronse cuestións como se existen ou non diferencias á hora de adestrar a mulleres ou a homes. Varias das persoas participantes plantexaban que, aínda que na parte técnica é igual, na parte psicolóxica si hai diferencias nptables.

Un deles era Stanis García, que aseguraba que o feito de adestrar equipos femininos “tenme enriquecido á hora do traballo psicolóxico. Como adestrador, nútrete. Nun equipo feminino hai que xestionar moi ben a psicoloxía”.

No ámbito da natación, Raúl Solleiro apuntaba que “adestrar mulleres ou homes non ten nada que ver”.

Situación actual da igualdade no deporte

Consultados sobre se consideran que hai discriminación nas súas modalidades deportivas houbo diferentes respostas. Nas modalidades individuais, non de equipo, semella que esa falta de igualdade é menos patente, aínda que existe.

José Carlos Tuñas, adestrador do Coruña Comarca, manifestaba a súa convicción de que “xunto coa natación, creo que o atletismo é o deporte menos discriminatorio. Nenas e nenos fan o mesmo. Antes había menos rapazas, pero cada vez hai máis. Penso que no traballo deportivo ou na metodoloxía non había diferencias. Si existía en normativas como no feito de que as mulleres non puidesen correr maratóns. Se entramos na cuestión económica… eso xa é outra cousa”, argumentaba. José Carlos Tuñas, declarou considerarse “un privilexiado por estar nun deporte que non ten discriminación. É diferente en deportes colectivos”, puntualizaba.

Na experiencia de María Antonia Castiñeira Mariquiña (Agrupación de Montañeros indepencientes AMI), manifestou que no montañismo non observaba “unha discriminación”, ao tempo que si explicaba que tiña sido a única rapaza nunha actividade moitas veces e que “continúan indo máis á montaña os homes, pero cada vez se equipara máis”. Explicaba tamén Mariquiña que “o deporte forma parte da sociedade e hai cuestións culturais que inflúen” e, polo tanto, condicionan a realidade.

Raúl Solleiro, do Club Natación Coruña, declaraba que na súa observación a natación foi historicamente “máis igualitaria debido a que todo o mundo quere aprender a nadar. Agora mesmo hai case as mesmas licencias femininas que masculinas”. Puntualizou sen embargo, que en disciplinas como no waterpolo si son os homes maioría é, curiosamente, “o único equipo galego que compite en ámbito estatal é feminino”. Solleiro aludía ao CW Pontevedra que milita na Primera Nacional Femenina desde esta tempada conseguindo un fito para o deporte feminino galego.

Stanis García, adestrador do equipo senior feminino do Hockey Club Deportivo Liceo, que milita na máxima categoría estatal, a OK Liga Iberdrola, colocaba o foco no feito de que o hóquei a patíns é unha modalidade deportiva “minoritaria á que se lle suma que tamén hai menos nenas que queren xogar”. Como lectura positiva explicaba que antes as nenas empezaba nesta disciplina “tarde, perdéndose todo un período formativo. Agora xa se evolucionou e os inicios das mulleres no hóquei a patíns arrancan aos tres ou catro anos”. Con todo, Stanis García defendía que existen “barreiras culturais que derrubar e que é preciso quitar etiquetas aos deportes deixando de consideralos femininos ou masculinos”.

Rosa García, adestradora do Club Patín Maxia, resaltaba que “ao revés que noutros deportes, na patinaxe artística a maioría de practicantes son mulleres. Son os rapaces os que sufrían un acoso homófobo”. Para Rosa García, a igualdade no deporte “non existe”. A adestradora foi unha das intervintes que máis puxo de manifesto as renuncias que se fai para estar no deporte de elite. A preparadora declaraba: “Se cheguei eu, poderán chegar todas, pero deixando moito polo camiño por que non hai igualdade”.

Rosa García prepara a patinadoras e patinadores que acadaron campinatos do mundo, europeos e estatais, é técnica internacional desde hai anos, e que acaba de estar formando parte da expedición da Federación Española de Patinaje no Mundial de Patinaxe de Argentina.

Tempo para os clubs no ciclo ‘Deporte para a igualdade’

A seguinte cita do ciclo ‘Deporte para a igualdade’ terá lugar esta tarde de mércores 30 de novembro no Pazo dos Deportes de Riazor e terá como protagonistas os clubs. A cita está fixada para arrancar ás 17:00 horas e contará con Miguel Ángel González, do Club Hércules Termaria como moderador, e as testemuñas das seguintes cinco persoas en representación dos clubs que indicamos:

  1. Esther Garea, CH Coruña.
  2. Bernardo Romay, Judo Club Coruña.
  3. Humberto Ramírez, CRAT Coruña.
  4. Rosa Rilo, As Brigantias Roller Derby.
  5. Paula López, Fillas de Breogán.
  6. Leonardo Lorenzo Solá, AFAC.

Seguimos con 🟣 #DeporteParaAIgualdade.

🗓 30 de novembro, Pazo dos Deportes, ás 17.00h:

🔹 Clubs
▪ Esther Garea, CH Coruña
▪ Bernardo Romay, @GimJudoCoruna
▪ Humberto Ramírez, @CRAT1976
▪ Rosa Rilo, @AsBrigantiasRD
▪ Paula López, @FillosdeBreogan

🗣️ Miguel A. González pic.twitter.com/49AMKcjqxv

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) November 29, 2022

O ciclo ‘Deporte para a igualdade’ empezou polo principio, polas pioneiras

O ciclo ‘Deporte para a igualdade’ reúne a seis deportistas de élite afincados na Coruña

Etiquetas A CoruñaAna YakimenkoDeporte para a IgualdadeIgualdadeJosé Carlos TuñasMaría Antonia CastiñeiraRaúl SolleiroRosa GarcíaStanis García
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Media Maratón C21 - Coruña21 / CONCELLO DA CORUÑA

Recta final para as inscricións máis económicas para correr a media maratón Coruña21

por Redacción As Nosas
28/01/2023
0

  Coruña21 afronta as últimas horas do primeiro prazo de inscrición, o máis económico (18 euros), para correr a décimo...

Inés Rey, alcaldesa, entrega os premios ás mellores corredoras de categoría absoluta do circuíto Coruña Corre: Uxía Rodríguez, Nerea Sánchez e Nati García / CONCELLO DA CORUÑA

Inés Rey anima na gala de Coruña Corre a volver bater o récord de participación do circuíto de carreiras populares neste 2023

por Redacción As Nosas
27/01/2023
0

  A alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, presidiu a gala final do circuíto Coruña Corre 2022, que contou...

O concelleiro de Educación do Concello da Coruña, Jesús Celemín nunha das xornadas 'O Atlántico parte de ti' / CONCELLO DA CORUÑA

‘O Atlántico parte de ti’ comeza a súa segunda edición coa participación de 16 centros educativos da cidade da Coruña

por Redacción As Nosas
26/01/2023
0

  O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, estivo no pantalán de Oza acompañando aos participantes da primeira xornada do programa...

Imaxe de arquivo da XII Medio Maratón Coruña 21 celebrada en febreiro de 2020, na edición de 2023 haberá lebres / CORUÑA 21 CONCELLO A CORUÑA

Coruña21 contará con ‘lebres’ que tirarán do grupo para acadar marcas deportivas na cidade herculina

por Redacción As Nosas
25/01/2023
0

  A figura da lebre regresa á Coruña21 para lle axudar ao resto de persoas participantes a lograr as súas marcas...

Imaxe de arquivo de persoas voluntarias nunha carreira na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Coruña21 agárdate como atleta, como público e tamén como persoa voluntaria

por Redacción As Nosas
24/01/2023
0

Se cadra non te ves correndo a media maratón Coruña21 pero queres dar un paso máis aló de ser simplemente...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Antía Pérez, futbolista do Burela FS / BURELA FS

O Burela pon rumbo a terras mañas para baterse co Sala Zaragoza

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Antía Pérez, futbolista do Burela FS / BURELA FS

O Burela pon rumbo a terras mañas para baterse co Sala Zaragoza

04/02/2023
María Cedrón, atleta de Galicia / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Máis dunha trintena de deportistas de Galicia estarán no campionato estatal Sub-23

03/02/2023
Zona de lanzamentos do CGTD de Pontevedra / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

O CGTD de Pontevedra acolle o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos absoluto e Sub-23

03/02/2023
A atleta galega do Club Ourense Atletismo, Carmen Escariz, no Mundial de Marcha por equipos competindo por España nos 20 km, a deportista estará competindo en Ames no autonómico de marcha en ruta / RFEA

Ames, epicentro da marcha galega en ruta

03/02/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.