• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Clubs coruñeses analizan a progresión do deporte feminino nas súas entidades dentro do ciclo ‘Deporte para a Igualdade’

Representantes de Fillas de Breogán, CRAT Coruña, Judo Club Coruña, As Brigantias Roller Derby, Club Halterofilia Coruña e a AFAC participaron nesta conversa moderada por Miguel Ángel González do Club Hércules Termaria

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/12/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Charla de clubs no ciclo Deporte para a Igualdade con Rosa Rilo, As Brigantias Roller Derby, Leonardo Lorenzo, AFAC, Humberto Ramírez, CRAT Coruña, Miguel Ángel González (moderador), Club Hércules Termaria, Bernardo Romay, Judo Club Coruña, Paula Otero, Fillas de Breogán, Esther Garea do CH Coruña / AS NOSAS

Charla de clubs no ciclo Deporte para a Igualdade con Rosa Rilo, As Brigantias Roller Derby, Leonardo Lorenzo, AFAC, Humberto Ramírez, CRAT Coruña, Miguel Ángel González (moderador), Club Hércules Termaria, Bernardo Romay, Judo Club Coruña, Paula Otero, Fillas de Breogán, Esther Garea do CH Coruña / AS NOSAS

356
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Media ducia de clubs da cidade herculina estiveron representados na cuarta conversa do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ que organiza o Concello da Coruña, por medio da Concellaría de Deportes.

A conversa foi moderada por Miguel Ángel González, do Club Hércules Termaria, e na cita estiveron Paula Otero, presidenta do club Fillas de Breogán de fútbol gaélico, Humberto Ramírez, director deportivo do CRAT Coruña de rugby, Bernardo Romay, presidente do Judo Club Coruña, Rosa Rilo unha das xogadoras do equipo fundacional das Brigantias de Roller Derby, Esther Garea do Club Halterofilia Coruña e Leonardo Lorenzo, directivo da AFAC (Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña).

Charla de clubs no ciclo Deporte para a Igualdade con Rosa Rilo, As Brigantias Roller Derby, Leonardo Lorenzo, AFAC, Humberto Ramírez, CRAT Coruña, Miguel Ángel González (moderador), Club Hércules Termaria, Bernardo Romay, Judo Club Coruña, Paula Otero, Fillas de Breogán, Esther Garea do CH Coruña / AS NOSAS
Charla de clubs no ciclo Deporte para a Igualdade con Rosa Rilo, As Brigantias Roller Derby, Leonardo Lorenzo, AFAC, Humberto Ramírez, CRAT Coruña, Miguel Ángel González (moderador), Club Hércules Termaria, Bernardo Romay, Judo Club Coruña, Paula Otero, Fillas de Breogán, Esther Garea do CH Coruña / AS NOSAS

Consultados sobre a evolución do deporte feminino nas súas entidades ata a situación actual, as experiencias foron diversas, como tamén o son as disciplinas que se practican nos diferentes clubs que nesta xornada se reuniron no ciclo ‘Deporte para a igualdade‘.

Bernardo Romay, fundador e presidente do Judo Club Coruña, explicaba que as primeiras mulleres que acudiron, hai anos, á entidade que representa, fixérano para “aprender defensa persoal. Non facían competición, so exhibicións”. Explicaba Bernardo Romay que ao tratarse “dun deporte de contacto, o arranque foi complicado pero as mulleres foron entrando”.

Lembrou Romay nesta conversa do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ como a chegada de referentes foi un punto de inflexión. Neste sentido, como alguén que o viviu en primeira persoa, xa que formaba parte do equipo da federación naquel momento, Bernardo Romay puxo en valor o ouro de Miriam Blasco nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. A partir do empuxe que supuxo contar cunha campioa olímpica española, o judo feminino foi progresando no ámbito estatal, no autonómico e no local. “Continuouse traballando nos clubs, aplicando as mesmas técnicas e disciplina que facíamos cos rapaces”, relatou o presidente do Judo Club Coruña.

No caso do fútbol gaélico “partimos da desvantaxe de que a xente non sabe de que vai este deporte”, explicaba Paula López, representante das Fillas de Breogán. Por iso, dar a coñecer a disciplina é o primeiro paso. Segundo relatou Paula López Fillos de Breogán foi o primeiro club de Galicia en practicar o fútbol gaélico, neste caso en categoría masculina e hai 12 anos. Cando se formou o primeiro equipo feminino na Coruña, o Fillas de Breogán “foi un grupo espectacular”, que conqueriu unha chea de títulos.

Contou Paula López, que un feito diferencial do fútbol gaélico “é que se divide por rexións. Non hai Selección Española. Hai Selección Galega e Selección Ibérica”. Tal e como narrou a deportista no fútbol gaélico “tivemos un momento de moda e logo chegou unha etapa de baixón. Éxiste un reto actual que é que o noso deporte medre. Estamos nunha etapa de captación de máis xogadoras”.

“O equipo feminino é o buque insignia do CRAT”, explicaba Ramírez

Humberto Ramírez confesaba neste debate do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ ter “a sorte a e honra de ser un dos primeiros adestradores que tivo o CRAT feminino. Ao principio era un deporte máis social, pero a evolución foi espectacular. Agora téñense presentes no equipo cuestións a todos os niveis deportivos, por exemplo, a nutrición”.

Segundo explicaba o director deportivo do CRAT Coruña, o “rugby feminino ten medrado en toda España. Contamos con dúas categorías estatais. A principal está patrocinada por Iberdrola e transmítense todos os partidos”. Tal e como contaba Humberto Ramírez, agora mesmo no CRAT Coruña “o noso buque insignia do club é o equipo feminino”.

Charla de clubs no ciclo Deporte para a Igualdade con Rosa Rilo, As Brigantias Roller Derby, Leonardo Lorenzo, AFAC, Humberto Ramírez, CRAT Coruña, Miguel Ángel González (moderador), Club Hércules Termaria, Bernardo Romay, Judo Club Coruña, Paula Otero, Fillas de Breogán, Esther Garea do CH Coruña / AS NOSAS
Charla de clubs no ciclo Deporte para a Igualdade con Rosa Rilo, As Brigantias Roller Derby, Leonardo Lorenzo, AFAC, Humberto Ramírez, CRAT Coruña, Miguel Ángel González (moderador), Club Hércules Termaria, Bernardo Romay, Judo Club Coruña, Paula Otero, Fillas de Breogán, Esther Garea do CH Coruña / AS NOSAS

Rosa Rilo é unha das fundadoras do equipo As Brigantias que practica o Roller Derby na Coruña. Para contextualizar e dar a coñecer unha disciplina se cadra menos coñecida para o gran público, Rosa Rilo explicou as orixes deste deporte. “Esta modalidade deportiva nace en Estados Unidos contra os anos 30 coma unha disciplina mixta e interracial”, algo que ía contracorrente nesa etapa histórica en USA. Logo, contaba Rosa Rilo, “o Derby moderno parte dos anos 90 cando se propuxo un deporte por e para as patinadoras no que se traballa de xeito transversal a través de comités. O 90% dos equipos son femininos”.

Tal e como explicaba a representante das Brigantias Roller Derby, este é un deporte que ten como elementos fundamentais “o feminismo e a autoxestión”. Aínda que apuntaba Rilo que se están a dar pasos para abrirse máis aló do binarismo.

Neste momento As Brigantias Roller Derby compite no ámbito internacional ao integrarse na  WFTDA (The Women ‘s Flat Track Derby Association).

Dende a AFAC (Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña), Leonardo Lorenzo Solá salientaba a “evolución da muller no fútbol” explicando que a consideraba “moi positiva”. Lorenzo Solá relatou que na Coruña hai neste momento 25 equipos integramente femininos (non se contarían os mixtos) e 215 masculinos. Considera que é “un salto moi grande cando se pensa que se partía de nada hai uns anos”. Na opinión de Leonardo Lorenzo “en poucos anos vaise equiparar o fútbol masculino co feminino”.

O Club Halterofilia Coruña estivo representado no ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ por Esther Garea. Trátase dunha modalidade deportiva tradicionalmente masculina que na Coruña conseguiu unha enorme evolución entre as féminas. Esther Garea explicaba que desde o ano 2.000 estamos nos Xogos Olímpicos”. Puxo Garea en valor tamén a importancia de contar con referentes ao lembrar que poucas persoas coñecen o nome dos mellores halteras masculinos españois pero moita xente sabe hoxe en día quen é Lidia Valentín.

Esther Garea defendeu que “a halterofilia é un deporte moi completo que precisa de moitos máis factores, non so da forza”. Explicou que nun primeiro momento no Club Halterofilia Coruña se incidiu na procura de halteras femininas na captación de talentos e búsqueda de novas deportistas, pero que agora mesmo no club hai incluso máis mulleres que homes.  Nesta entidade militan destacadas deportistas femininas no ámbito internacional como é o caso das halteras Irene Martínez ou Irene Blanco, dúas das chamadas a postularse nese relevo xeracional que algún día precisará a figura de Lidia Valentín.

📺 Xa podes ver na nosa canle de YouTube a charla de clubs do ciclo #DeporteParaAIgualdade ▶ https://t.co/c2NPkL2lxD

Participaron:

▪ Esther Garea
▪ Bernardo Romay Pérez
▪ Humberto Ramirez Fouz
▪ Rosa Rilo
▪ Paula López
▪ Leonardo Lorenzo Solá
🗣️ Miguel Ángel González pic.twitter.com/uzIl6089iq

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) November 30, 2022

Quenda para o xornalismo no ciclo Deporte para a Igualdade

A vindeira cita do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ do Concello da Coruña, celebrarase esta tarde de xoves 1 de decembro no Pazo dos Deportes de Riazor a partir das 17:00 horas. Nesta ocasión o protagonismo será para as e os xornalistas. Moderará o debate o director do xornal DxT Campeón, Alberto Torres, e participarán na conversa Pepe Torrente, de COPE Coruña, a fotoxornalista Vanessa Casteleiro, a xornalista radiofónica Sara Gallego de Radio InterCoruña, e os xornalistas da TVG Xosé Antón Fraga, e de La Opinión de A Coruña, María Varela.

Máis ‘Deporte para a igualdade’ 💜

🗓 1 de decembro, 17.00 h, no Palacio dos Deportes.

🔹 Xornalistas
▪ @pepe_torrente (@copecoruna)
▪ @v_casteleiro
▪ @SaraGallego11 (@Intercoruna)
▪ @MeriVarela (@laopinioncoruna)
▪ @xebelo (@TVGalicia)

🗣️ @AlbertoTorresTw (@dxtcampeon) pic.twitter.com/ZaGYNhsjyp

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) November 30, 2022

En ‘Deporte para a Igualdade’ debateouse se a dificultade para conciliar frea o acceso das mulleres a postos de adestradora

O ciclo ‘Deporte para a igualdade’ reúne a seis deportistas de élite afincados na Coruña

O ciclo ‘Deporte para a igualdade’ empezou polo principio, polas pioneiras

Etiquetas A CoruñaAFACAs Brigantias Roller DerbyBernardo RomayCH CoruñaClub Hércules TermariaCRATDeporte para a IgualdadeEsther GareaFillas de BreogánHumberto RamírezJudo Club CoruñaLeonardo LorenzoPaula LópezRosa Rilo
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

'Maiores en Plena Forma', un programa de envellecemento activo / CONCELLO DA CORUÑA

‘Maiores en Plena Forma’ fomenta o envellecemento activo na Coruña

por Redacción As Nosas
23/10/2025
0

  O Concello da Coruña activa o programa 'Maiores en Plena Forma', con actividades gratuítas en 15 centros A Concellería...

María Nogueira, xogadora das Celtas / RC CELTA DE VIGO

As Celtas dobregan As Nosas deportivistas na Madroa e levan o duelo de rivalidade Vigo – Coruña do futfem galego (1-0)

por Redacción As Nosas
14/10/2025
0

As Celtas impuxéronse pola mínima ante un Dépor Abanca B que aguantou o primeiro tempo pero na segunda metade viuse...

IV Trofeo Internacional Ferenc Szabó de halterofilia en A Coruña / CH CORUÑA

O IV Trofeo Internacional ‘Ferenc Szabó’ de halterofilia celebrouse na Coruña con participación dos clubs galegos CH Coruña e CH Cambre

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Esta fin de semana o Pavillón Polideportivo Municipal dos Rosales na Coruña acollía o IV Trofeo Internacional 'Ferenc Szabó' de...

Karina Callón, gañadora da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

Queres inscribirte na San Silvestre Coruña? Ábrese prazo o 15 de outubro

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O prazo de inscrición para a XVI San Silvestre Coruña, a edición do ano 2025, abrirase este mércores 15 de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.