• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A Xunta asina un protocolo para reforzar o deporte escolar

Profesionais da educación e da actividade física colaborarán para fomentar a práctica entre o alumnado

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/05/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Xunta de Galicia deporte escolar

O conselleiro de Cultura Román Rodríguez e o secretario xeral para o Deporte José Ramón Lete, na firma do convenio sobre o deporte escolar / XUNTA DE GALICIA

228
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O deporte escolar contará con reforzo da man da Xunta de Galicia. O organismo autonómico comprometeuse esta semana a artellar un programa de apoio á disciplina, integrándoa en todos os niveis educativos. A proposta nace baixo o protocolo asinado polo conselleiro de Cultura Román Rodríguez e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. Ambos departamentos colaborarán nun grupo de traballo integrado por profesionais da educación e da actividade física para impulsar esta última entre o alumnado.

Os expertos analizarán a situación actual do deporte nas escolas e deseñarán accións para fomentalo, especialmente no horario lectivo. Estudarase a implantación de novas prácticas físico-deportivas, como as disciplinas urbanas.

Tamén se porá o foco en estimular o interese no estudantado que non o presenta e tratarase de implantar hábitos saudables nas súas vidas. Para iso, o programa creará e difundirá diverso material didáctico nos centros educativos e retomarase o proxecto Xogade.

O deporte escolar, chave no desenvolvemento do alumnado

Tal e como explicou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez “este protocolo é tan só un paso máis na busca conxunta de sinerxías positivas que dean resposta ás necesidades e demandas do alumnado galego”. Con el o goberno autonómico busca favorecer a implementación de proxectos de vida activa nos centros educativos mediante a colaboración interinstitucional.

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura: “O deporte escolar é un factor de desenvolvemento persoal e social do alumnado”.

Neste sentido, o conxelleiro Román Rodríguez afirmou que o fomento da práctica deportiva integrada dentro do horario lectivo fai posible que o 100% da poboación escolar a desenvolva, garantindo que todos teñan acceso a estas prácticas físico – deportivas.

O responsable de Cultura da Xunta de Galicia, salientou o papel do deporte escolar como  “un factor de desenvolvemento persoal e social do alumnado”. Entre os seus beneficios, a Xunta enumera a mellora da saúde e da calidade de vida dos máis novos e o reforzo que supón para o seu rendemento académico.

Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, amosou do mesmo xeito o seu respaldo á actividade física nas aulas. Para o responsable da área de deporte na administración autonómica galega: “Son unha presenza insubstituíble para o desenvolvemento persoal e social”. Así o indicou José Ramón Lete Lasa.

deporte escolar
Un grupo de rapaces e rapazas practican deporte escolar nun pavillón

Aposta pola implantación temperá para crear “hábitos”

A través desta e doutras iniciativas, a Xunta de Galicia pretende que buscar como meta cos escolares adquiran o hábito desde “as idades máis novas”. A experiencia di que xerar hábitos de vida saudable é moi positivo. O grupo de educadores traballará para que aprendan de xeito continuo “condutas e valores” vencellados á actividade física, así como ás “contornas naturais de colexios, familias e por suposto entidades” dedicadas a estas prácticas.

O secretario xeral para o Deporte quixo destacar a importancia de formar aos alumnos e alumnas nestes principios desde os anos máis temperás, cando é máis sinxelo crear “hábitos que os van acompañar toda a vida”. Neste sentido puxo en valor a importancia dos docentes e das agrupacións dedicadas ao deporte escolar, que cualificou como chaves para a integración dunha práctica deportiva “cada vez mais estendida, e sempre libre, democrática e igualitaria”.

Volve o programa Xogade e o deporte escolar “inclusivo e mixto”

A colaboración institucional inclúe a posta en valor do labor desenvolvido desde hai anos entre a poboación educativa polo programa Xogade. “É pioneiro e único en España por contemplar a actividade federada entre os 6 e os 16 anos”, indicou Lete Lasa na sinatura do convenio.

A Xunta de Galicia ampara directamente a iniciativa a través do seu seguro deportivo. A meta de Xogade é, segundo indica o goberno galego, dar pe a un “modelo “inclusivo e mixto” que estea ademais libre de prexuízos.

 José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para ao Deporte da Xunta de Galicia:  “O programa Xogade é pioneiro e único en España por contemplar a actividade federada entre os 6 e os 16 anos. Ademais é un modelo inclusivo e mixto”

Xunto ao regreso deste programa, terá lugar a volta de arredor de 130.000 nenos e nenas ao deporte escolar. A institución autonómica asegura que este regreso será seguro, e estará axustado ao protocolo FISICOVID-DXTGALEGO. Ademais, cada entidade participante deberá contar cun responsable COVID que xestionará a notificación de posibles incidencias.

Un complemento para o Plan Recupera

O grupo de educadores que traballará para integrar o deporte escolar nas aulas non o fará en solitario. A iniciativa desenvolverase ao abeiro do Plan Recupera, que pretende reforzar as aprendizaxes que o alumnado non puido consolidar por mor do coronavirus.

O novo documento asinado entre os departamentos autonómicos galegos de cultura e eeporte complementará esta iniciativa. A actividade física axudará, neste sentido, a “reforzar as competencias non adquiridas polos escolares” así como a “manter os estándares de calidade do sistema educativo galego”.

O goberno autonómico alude a informes como o PISA e ás cifras sobre a redución do abandono temperá para dar conta da súa xestión no eido educativo. Hoxe o obxectivo é, segundo indican desde a administración autonómica, “é apoiar ao alumnado que máis o precise e que ninguén quede atrás desde o punto de vista académico”.

Para iso contémplanse diversas medidas, que teñen a intención de manter e mellorar os resultados malia o contexto do virus. En concreto, a Xunta de Galicia integrou no Plan Recupera unha serie de estratexias educativas de recuperación das competencias. Están orientadas a identificar os puntos febles na formación do alumnado para compensar os posibles efectos xerados pola excepcionalidade do curso 2020-2021, “o máis esixente en moito tempo”, segundo apunta o goberno galego.

Dentro destas medidas, a Xunta vén de constituír un grupo de traballo específico no seo do Comité Educativo formado por un equipo multidisciplinar e técnicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Os expertos definirán as accións e planificarán as estratexias deste plan. Entre outros, abordaranse expresamente os novos desafíos no ámbito do deporte como un elemento transversal, incidindo no papel que xoga a actividade física para a formación integral do alumnado.

Etiquetas DeporteescolaresJosé Ramón Lete LasaLete LasaXunta de Galicia
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Recepción a deportistas galegos olímpicos e paralímpicos nos Xogos de París 2024 moitos deles teñen a consideración de deportistas de alto nivel/ XUNTA DE GALICIA

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue subindo e xa acada os 1.712

por Redacción As Nosas
29/10/2025
0

  Con as novas 85 incorporacións, o número total de deportistas galegos e galegas recoñecidos e recoñecidas no alto nivel...

A tripulación do Chapela - Wofco recibindo a bandeira da Liga Galega feminina de Traiñeiras / LGT

Chapela – Wofco e Cabana Ferrol recibiron as bandeiras da Liga Galega de Traiñeiras 2025

por Redacción As Nosas
08/10/2025
0

A temporada 2025 da Liga Galega de Traiñeiras pechouse oficialmente no acto celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en...

Lete Lasa na presentación do Máster de Xestión Empresarial de Ourense / XUNTA DE GALICIA

Lete Lasa salienta que o deporte en Galicia ten un impacto do 1,3% do PIB

por Redacción As Nosas
26/09/2025
0

Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, remarca a importancia do deporte en Galicia cun impacto do 1,3% do PIB...

Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade

Os premios Deporte Galego dos anos 2023 e 2024 recoñecen o traballo de 48 persoas e entidades

por Redacción As Nosas
03/09/2025
0

Teresa Abelleira, Adrián Ben, Melania Rodríguez, Rodrigo Corrales, Jorge Prado, Susana Rodríguez, Judith Rodríguez, Adiaratou Iglesias, Gustavo Dacal, Martín de...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Terra Move, unha plataforma para impulsar o mecenado deportivo en Galicia

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  No último Consello da A Xunta de Galicia facíase público o acordo polo que se autoriza a sinatura do...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

11/10/2026
O Burela FS, campión por sétima vez da Copa da Raíña / RFEF

O pavillón da Raña, sede da fase final da Copa da Raíña de fútbol sala

09/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.