• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

O Dépor, líder da Primera Federación, quere ter o desquite do 4-0 de Cáceres en Abegondo

Irene Ferreras: "Queremos demostrar que o partido de Cáceres foi un accidente" | Ernesto Sánchez, adestrador do Cacereño: "O Dépor é dos favoritos ao ascenso" | O Cacereño fichou á chilena Sonya Keefe | O cruce dispútase ás 12:00 horas en Abegondo coas cámaras da TVG2

Silvia Carregal por Silvia Carregal
21/01/2023
en Primera Federación, Fútbol
Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

81
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Dépor ABANCA, líder e campión de inverno da Primera Federación FutFem da RFEF, recibe hoxe sábado 21 de xaneiro na Cidade Deportiva de Abegondo ao Cacereño, terceiro clasificado e unha pedra no seu zapato na primeira volta da competición. O partido terá lugar a partir das 12:00 horas e poderá seguirse a través da TVG-2.

O cruce entre coruñesas e cacereñas corresponde á 16ª xornada da Primera Federación e arrinca a segunda volta da competición. Empeza polo tanto a conta atrás para acadar o obxectivo do ascenso. O ansiado retorno á elite das Nosas.

Para elo, as coruñesas van paso a paso. O primeiro reto é seguir facendo de Abegondo un fortín. O segundo, ben podería ser, tal e como apuntaba a adestradora Irene Ferreras, aguantar no liderato da categoría de prata varias semanas consecutivas. E o terceiro é continuar o camiño aberto en Granada a domicilio. Diante do equipo andaluz o conxunto deportivista non so levou os tres puntos, as nosas deportivistas víronse capaces de sufrir, de manter un resultado e de vencer a domicilio incluso cando o partido se che pon costa arriba (lesións incluídas).

Irene Ferreras: “Imos tentar manter o liderado na Primera Federación varias xornadas consecutivas”

Logo desa vitoria o Dépor ABANCA colocábase un punto por encima da SD Eibar e tres con respecto ao seu rival deste arranque de segunda volta, o Cacereño, e ao DUX Logroño que tamén ten 28 pero é cuarto por golaverage.

No caso do Cacereño, as ganas de vencer duplícanse. As estremeñas venceron na ida ás galegas por 4-0. Irene Ferreras decía na previa do partido ante os medios que nese cruce posiblement eo Dépor ABANCA ofreceu a súa “peor versión”. No equipo galego quere demostrar e demostrarse a si mesmas que ese partido foi “un accidente e que temos nivel para sacar tres puntos en casa outra vez”. As palabras son de Irene Ferreras, que non ocultaba que ese tropezo inicial é unha espiña que se queren quitar. Así, o desquite do 4-0 de Cáceres poderá ter en Abegondo o seu escenario propicio.

O Cacereño, leva perigo fóra da casa

Aínda que xusto no seu último partido non apañou os tres puntos, o Cacereño adoita ser un equipo que fóra da casa é perigoso para os seus rivais. Á Cidade Deportiva de Abegondo chega logo dunha derrota que seguramente lles amola.

O bloque que adestra Ernesto Sánchez perdía no último partido da primeira volta na cancha do DUX Logroño (2-1). Ese resultado permitou ás logroñesas coller ás estremeñas na táboa da Primera Federación onde agora empatan a 28 puntos. Foi a súa única derrota a domicilio xunto a colleitada contra o CD Alba Fundación (1-0)

Onde si colleitaron triunfos foi nos campos de: Athletic Club B (1-3), UDG Granadilla Tenerife B (0-1), CD Juan Grande Ginelux (0-1) e Real Oviedo (0-1). Ademais finalizaron con táboas as súas saídas ante: CDF Osasuna (0-0) e FC Barcelona B (1-1).

Como reforzo goleador de cara a este segundo acto da competición ligueira, o Cacereño vén de fichar a chilena Sonya Keefe. 

OFICIAL |

✅ Sonya Keefe Navarro (@sonya_keefe) nuevo refuerzo en la delantera del Cacereño Femenino.

Jugadora con gran visión de juego que viene a aportar trabajo, sacrificio en la punta de lanza y gol.#BuenvenidaSonya#CPCFem

🔗https://t.co/2CZYpPMAp9 pic.twitter.com/cYqJToPwLL

— Cacereño Femenino (@CacerenoFem) January 20, 2023

Ernesto Sánchez: “O Dépor ABANCA é dos favoritos ao ascenso”

O adestrador do Cacereño, Ernesto Sánchez, consideraba na rolda de prensa previa ao partido contra o Dépor ABANCA, que a derrota ante o DUX Logroño “pódenos beneficiar de cara ao futuro. Somos un equipo que se vai facendo cada vez máis fortes na adversidade. Estos paus fan que nos levantemos con moita máis forza. Ogallá na segunda volta non volvamos vivir situaciones similares”.

O adestrador do Cacereño feminino amosábase satisfeito do traballo do bloque que prepara: “Competimos cada partido. Os rivales síntense incómodos ante o noso plantexamento. Esa é unha das cuestións que debemos maximizar para que, ao final de tempada, este club acade o fito histórico de estar entre os cinco primeiros. É o obxectivo que nos marcamos de inicio. É moi ambicioso, pero polo de agora imos polo bo camiño”.

Sobre o conxunto galego, Ernesto Sanchez explicaba que na súa opinión “o Dépor ABANCA, díxenllo cando viñeron a Cáceres a Irene, é dos favoritos para ascender. Teñen un equipazo, con xogadoras dun grandísimo nivel. Na súa casa son moi potentes e fóra de casa están acadando bos resultados, como o da última xornada. Son moi equipo. Aquí en Cáceres faltoullese iso. Creo que o Dépor estará luchando ata o final polo primeiro posto.

Ernesto Sánchez, adestrador do Cacereño dá por bo rañar un punto en Abegondo: “Imos ir a polos tres puntos, pero un empate sería algo bo nese campo”

“A vitoria na Coruña pasa por ser moi fieis a como traballamos. Estaremos moi esixidas tanto en defensa como en ataque e nas transicións”.

“Imos ir a polos tres puntos, pero un empate sería algo bo nese campo”, confesaba o adestrador do Cacereño.

As baixas do Dépor ABANCA para xogar co Cacereño

Lamentablemente a enfermaría do Dépor ABANCA non está baleira para este partido contra o Cacereño. Aroa Guerra mantense en recuperación tras ser operada de apendicite; Samara Ortiz, que volvía a pasada xornada, tivo que deixar por molestias o partido co Granada CF e será baixa para esta 16ª xornada da Primera Federación. Segundo parte médico feito público polo RC Deportivo, os Servizos Médicos da entidade herculina “realizaron probas complementarias nas que se confirmou unha lesión muscular no bíceps femoral da defensa deportivista”.

Si será da partida Laura Fernández, que na última xornada levou un golpe coa súa compañeira Henar Muiña. De feito, a futbolista non volveu co resto do equipo de Granada debido a que tivo que pasar polo hospital a curar un corte na fronte.

#ASNOSAS | Todo vai quedar nun susto e no recordo para sempre de máis puntos dos debidos en Granada.

Ánimo, boa e pronta recuperación e bo regreso a casa!

Forza @Heenaar4, @LauraFdezBorge!

Grazas @Hospital_HVN, @GranadaCF, @GranadaCF_Fem! https://t.co/7qTHZiDYKT pic.twitter.com/RBs2JUtMwG

— RC Deportivo (@RCDeportivo) January 15, 2023

Precisamente Henar Muiña non entra na convocatoria nesta xornada, pero no seu caso a ausencia é por sanción ao ter acumuladas amonestacións.

Lonxe de preocuparlle estas ausencias, Irene Ferreras mira a situación con actitude positiva e observa unha oportunidade “para outras xogadoras”. Unha delas é a canteirana Paula Monteagudo. A viguesa volve entrar na convocatoria e recibiu moi boas palabras por parte da adestradora deportivista que gabou o seu traballo.

A adaptación de Paula Monteagudo “un proceso para enmarcar”

Irene Ferreras falo en rolda de prensa da reconversión da xogadora para fornecer as carencias que o equipo tiña de xogadoras zurdas. “É un proceso para enmarcar”, aseguraba a adestradora. Ferreras relatou que falou coa xogadora en pretempada, e tamén hai un mes. Explicoulle que, aínda que non fose a súa posición, a futbolista podía contar coa “oportunidade de traballar aí e de ter algunha oportunidade no primeiro equipo”, e as ocasións están petando na porta da deportista galega.

Non lle escondeu Irene Ferreras a Paula Monteagudo que o camiño había ser “longo” e que había de estar “moitos meses sen entrar e expoñéndose a situacións nas que non se había sentir cómoda”. A futbolista recolleu a luva da adestradora e traballou para ofrecerlle ao Dépor ABANCA o que precisaba dela.

Paula Monteagudo, xogadora do Dépor ABANCA / RCD
Paula Monteagudo, xogadora do Dépor ABANCA / RCD

Sobre a súa evolución e actitude, Irene Ferreras declarou: “Foi incrible a madurez coa que o afrontou. É unha moza que todos os días adestra en dinámica do primeiro equipo. Non pon unha mala cara para nada. Sufriu un proceso de transformación en canto á súa posición e adaptouse moi ben. Hai un mes ou mes e medio víaa adestrando cunha soltura que non vira antes. Iso sumado ao feedback que me dá Cris Oreiro de como estaba a competir co filial facíame exporme darlle algunha oportunidade”.

Ferreras manifestou aos medios que falou con ela “hai un mes e lle dixen que fose paciente, que valorabamos moito o seu traballo, que nos estaba axudando moito, tanto en adestramentos como en sentir ao equipo con moitas máis opcións e máis sólido. Un mes despois dáse esta situación. Entrou en convocatoria por méritos propios”.

Coa recaída de Samara Ortiz ante o Granada CF chegou a ocasión para Paula Monteagudo. “Foi incrible como saíu ao campo, como se desenvolveu. Deunos máis finura na saída de balón, máis claridade. A partir de aí o equipo empezou a xogar mellor. Teremos que seguir traballando moitos aspectos porque non é a súa posición e aínda lle custa. Aquí o mérito de todo o proceso teno ela e o traballo que puxo. Estou encantada da predisposición que tivo para axudar ao equipo”, declaraba a adestradora deportivista.

Esta é a lista de convocadas por Irene Ferreras para medirse ao Cacereño:

#AsNosas convocadas para a 16ª xornada de #PrimeraFederaciónFutFem, o #DéporABANCACacereño de mañá ás 12:00 h. na Cidade Deportiva de Abegondo (📺 @TVGalicia 2)! pic.twitter.com/3CBRWJgtRh

— RC Deportivo (@RCDeportivo) January 20, 2023

Etiquetas A CoruñaAbegondoCacereñoCáceresDépor ABANCAErnesto SánchezfútbolIrene FerrerasPaula Monteagudo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.