• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Un Dépor con marxe de mellora cae en Abegondo diante dunha Real moi seria (0-2)

O partido tivo dúas metades, a primeira para as de Natalia Arroyo e a segunda para as de Manu Sánchez, ás que lles faltou acerto no remate

Silvia Carregal por Silvia Carregal
11/10/2020
en Liga Iberdrola Fútbol, Fútbol
Quencemento do Dépor ABANCA antes do partido coa Real Sociedad / RCD

Quencemento do Dépor ABANCA antes do partido coa Real Sociedad / RCD

187
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Viuse na Cidade Deportiva de Abegondo a un RC Deportivo ABANCA con marxe de mellora ao que aínda lle falta pegada no ataque e, por momentos, orde na defensa. Diante tiveron a unha Real Sociedad moi seria que desenvolveu no tepe un fútbol práctico e efectivo. A mellor das visitanes foi a cancerbeira Mariasun Quiñones que deu ao traste coas ocasións locais.

Houbo dúas metades unha para cada equipo. Os primeiros 45 minutos foron para as de Natalia Arroyo e os segundos para as de Manu Sánchez. Pero houbo moita máis efectividade cara á porta rival no bando da Real Sociedad que materializou dous goles, mentres que o Dépor non foi quen de perforar a porta dunha inspirada Mariasun Quiñones. A guardamallas até lle parou unha pena máxima a Peke, que hoxe non tivo o día.

Gradas baleiras en Abegondo

Manu Sánchez, fiel as tradicións, luciu os seus pantalóns curtos. A intranquilidade do técnico quedou de manifesto no feito de que non chegou a sentar en ningún momento do choque. No banco contrario, debutaba á fronte do corpo técnico Real Sociedad en partido oficial Natalia Arroyo.

Na grada, a bancada baleira, que impresionaba e debuxaba unha realidade pandémica que obriga a xogar a porta pechada e que xa dixo o adestrador das galegas que non benefica ao Dépor. Noutro escenario, co campo cheo, posiblemente as futbolistas sentirían os azos da afección e conseguirían activar o seu fútbol antes mudando as cousas sobre o terreo de xogo. En definitiva, nada que ver o ambiente de Abegondo cos partidos que As Nosas deportivistas están afeita a xogar na casa.

Debutaba ocupando o carril esquerdo Kenni, a futbolista é unha das incorporación das galegas neste curso 2020-21 e acabou por ser retirada ocupando o seu posto Noelia Villegas.

A ex deportivista Nuria Rábano, moi activa

No minuto 12 de partido un pase longo de Nuria Rábano, que tivo boa visión de xogo no envío, non rematou con éxito. A súa compañeira, ao entreterse, non foi quen de aproveitar o pase e deu tempo a se organizar á zaga deportivista que se recompuxo velozmente.

Storie en Instagram de Nuria Rábano co gallo da súa visita á Coruña
Storie en Instagram de Nuria Rábano

Un minuto despois a mesma Nuria mandou a Franssi un pase desde a banda esquerda do ataque da Real. A xogada da compostelá provocou un córner que acabou en gol de Ana Tejada. 

A compañeira de Nuria Rábano rematou o saque de esquina botado precisamente pola galega. Tejada, situada xusto na frontal da área pequena, remataba soa e a pracer e anotaba o 0-1 antes de chegar a cuarto de hora de xogo deste partido correspondente á segunda xornada da Primeira Iberdrola.

Confírmase así que, como reza o refrán: non hai peor cuña ca da propia madeira. Nuria Rábano, coñecedora da cancha, na que xoga como se estivera na casa, e das rivais, coas que leva adestrando anos, foi un dos baluartes do xogo txuri urdin.

O gol descolocou máis ao Dépor

Adiantábase polo tanto no marcador en Abegondo a Real Sociedad e chegaron minutos de desconcerto na zaga coruñesa, e tamén de control do balón e do xogo por parte das de Arroyo. O fútbol das visitantes facíalles chegar continuamente ás inmediacións da portaría defendida por Noelia Bermúdez,  e o xogo se desenvolvía sobre todo en cancha deportivista. Non pintaba ben para as galegas.

O Dépor ABANCA amosaba unha imaxe descoñecida, descentrado en defensa e pouco vivo en ataque. Peke e Athenea del Castillo case non aparecían no xogo branquiazul e iso non é bo xa que denota falta de chegada. A presión alta da Real non deixaba pensar ás galegas nas que medraba a impotencia.

Kenni Thompson / RCD
Kenni / RCD

Chegados ao 19 min Lady Andrade bota unha falta pendurando o esférico na área pequena sen que as súas compañeiras lle gañen a posición ás rivais.

Xa no minuto 29 de xogo, Noelia Villegas entraba no campo da Cidade Deportiva de Abegondo no sitio de Kenni Thompson. Posto por posto. A espera de que se confirme que Kenni no estaba mancada (non o parecía), todo a punta a que Manu Sánchez optou por ese cambio no carril esquerdo do Dépor por unha cuestión táctica. Moi posiblemente para conseguir máis aporte defensivo nas galegas e conter dese xeito as internadas das donostiarras por ese costado.

Pepinazo ao longueiro de Stephanie Blanco

A mellor ocasión deportivista na primeira metade chegou nas botas da futbolista costarricense Stephannie Blanco. No minuto 35 enviou un zapatazo desde fóra da área nun saque de falta directa. O balón pegou no longueiro. A madeira recibiu o tiro da deportivista que tocou antes na defensa e desviu o xusto a Quiñones para evitar o gol.

Apenas dez minutos despois chegaría o 0-2. Ao borde do descanso un pase longo en carreira de largo en carrera a Bárbara. Intenta frenala Noelia Villegas, pero gáñalle a carreira e remata raso forte batindo a Noelia Bermúdez.

Chegouse ao descanso con dous tantos de ventaxa da Real Sociedad e un Dépor ABANCA desubicado.

Logo do descanso, todo mudou. O RC Deportivo asentouse no campo e o seu toque de balón empezou a fluir. Aínda non a o nivel esperado, pero mellorouse moito. O Dépor amosou otra imaxe, chegou moito máis a porta e sacou o balón do seu lado do terreo de xogo. Esa mellora no xogo branquiazul fixo repregrase á Real e minguou as ocasións de perigo que chegaban á meta de Noelia Bermúdez. 

Athenea del Castillo tivo a mellor ocasión do Dépor ata ese momento no minuto 49 pero o seu remate de cabeza, cun centro desde a esquerda, foi moi feble e rematou indo directo ás mans dunha sempre atenta Mariasun Quiñones.

Peke erra unha pena máxima

Pese a mellora no seu xogo, as branquiazuis chegaban sen ocasionar gran perigo. Os remates eran inocentes, previsibles e non puñan realmente en aprietos a Mariasun Quiñones.

No minuto 59, Ana Tejada, a autora do primeiro gol das donostiarras, comete penalti sobre Athenea del Castillo cando a deportivista avanzaba cara á porta sorteado rivais desde a esquerda do ataque local. Desde o punto de penalti, Peke tivo o seu man a man con Quiñones. Disparou á esquera, e parou o seu tiro a cancerbeira vasca. Iso supuxo un golpe anímico para o Dépor.

#DéporABANCARealSociedad: triplo cambio n #asnosas no minuto 68, Kika, Michelle e Lía entran no lugar de Iris, Gaby e Lady#TocaVolverseMollar ⚽️ #UnÚnicoLatido 💙 #razónDÉcorazón pic.twitter.com/6F1KjJL8Qf

— RC Deportivo (@RCDeportivo) October 11, 2020

Manu Sánchez volveu mover o banco no minuto 68 dando entrada a Michelle Romero e a Lía, e retirando a Gabi e a Lady Andrade.

Bárbara, obstinada en ver gol novamente, topa con Bermúdez

Bárbara, que tiña anotado o segundo gol da Real, estivo a piques de marcar nun contragolpe, pero Bermúdez saiu ao seu encontro, cubríu os espazos de remate da futbolista e tocou o xusto para mandar a córner e evitar un gol. O balón saíu lambendo o pau. No saque de córner, novamente Bárbara remata e Bermúdez atrapa volvendo a frustrar a ansia de gol da futbolista visitante.

Nos últimos dez minutos de xogo houbo un reparto de chegadas entre ambas escuadras. Unha caída de Lía nun lance no área con Nuria Rábano, non foi sancionado con pena máxima pola colexiada. Segundo pasaban os minutos o Dépor ABANCA tiña máis ansiedade por recurtar distancias no marcador e poder ter chance para acadar, canda menos, un empate que non chegaría.

Nos cinco últimos minutos, as galegas estaban moi xustas de forzas, acusaron o esforzo, e sen baixar os brazos, porque iso non entra no ADN branquiazul, notouse que se reducía a intensidade na recuperación dos balóns ou nas contras.

O último cartucho local foi unha internada pola banda dereita de Peke que buscou co seu centro ás compañeiras na área pero o esférico non chegou en condicións a ningunha das deportivistas e a zaga da Real conxurou o perigo.

Queda traballo pero hai vimbias

Nos últimos compases do partido non había, como outras veces, alegría nos rostros e no fútbol das coruñesas. O ceño fruncido de Athenea del Castillo, que o intentaba sen éxito, era moi clarificador do que rondaba nas cabezas das galegas. Queda traballo por diante, pero hai vimbias e ganas de medrar sobre o campo.

Dous partidos e dúas derrotas para as deportivistas no que vai de Primera Iberdrola. Non gusta ver o casilleiro a cero na clasificación, pero enfronte tiveron a dous ósos: Atletic Club e Real Sociedad. Por outro lado, hai que ter presente que o Dépor ABANCA sufriu moitos cambios este ano e aínda se pode considerar, neste arranque de Liga, como un equipo en construción e no que hai moita marxe de mellora.

Final do #DéporABANCARealSociedad en Abegondo, 0-2!#TocaVolverseMollar ⚽️ #UnÚnicoLatido 💙 #razónDÉcorazón pic.twitter.com/HaF3y5klBg

— RC Deportivo (@RCDeportivo) October 11, 2020

FICHA TÉCNICA

RC DEPORTIVO ABANCA: Noe Bermúdez, Cris, Bedoya, Stephannie Blanco, Kenni Thompson (Noelia Villegas, min. 30), Iris (Michelle Romero, min. 68), Alba Merino, Lady Andrade (Lía, min. 68), Gaby (Kika, min. 68), Peke e Athenea.

REAL SOCIEDAD: Mariasun Quiñones, Lucía, Nuria Mendoza, Tejada, Nuria Rábano, Maitane (Itxaso, min. 63), Leire Baños, Bárbara (Cecilia Marcos, min. 85), Gemma (Palacios, min. 63), Nerea Eizagirre (Manu, min. 85) e Franssi (Amaiur, min. 72).

GOLES: 0-1 Tejada (min. 15); 0-2 Bárbara (min. 42).

ÁRBITRA: Verónica González Sánchez (c. castellano-leonés). Tarxeta amarel a Leire Baños (min. 30), Nerea Eizagirre (min. 35) e Maitane (min. 45).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á segunda xornada da Primera Iberdrola disputado a porta pechada na Cidade Deportiva de Abegondo.

 

Etiquetas DéporDépor ABANCAfútbolNuria RábanoRC DeportivoReal Sociedad
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.