• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Vitoria de moitos quilates

Athenea anotou o gol da xornada | Partidazo de Cris, forzou o penalti e foi un puñal pola dereita | Manu volveu a repetir once, agás na portería | Dobrete de Peke

Iago Cerezuela por Iago Cerezuela
19/01/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
RC Deportivo contra o Real Betis en Abegondo / SABELA MOSCOSO

RC Deportivo contra o Real Betis en Abegondo / SABELA MOSCOSO

103
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Dépor recibiu na tarde do domingo, en Abegondo, a un Betis moi necesitado de puntos e en postos de descenso. Manu Sánchez volveu a repetir o once da semana pasada (salvo na portería que xogou Sullastres por Misa) e deixou no banco a Tere Abelleira e Alba Merino. Esperando a súa oportunidade desde o banco tamén arrincaron o partido as novas incorporacións colombianas, Carolina Arbeláez e Lorena Bedoya.

A afección que abarrotaba as gradas de Abegondo, unha vez máis, viviron un encontro de gran tensión. A parte do bo xogo das locais, a xente saltou das súas butacas debido a varias intervencións arbitrais que non gustaron á parroquia local. Varios fóras de xogo claros que a colexiada non asubiou.

Tras a vitoria do Levante de onte fronte a Real Sociedad, as galegas non querían descolgarse do posto de bronce. Iso pasaba indudablemente por deixar os tres puntos na casa. Ben é certo que as herculinas teñen un partido menos (o adiado ante a Real Sociedad por mor do temporal).

O partido comezou cos dous equipos tenteándose e con acercamentos tímidos en ambas áreas. A primeira gran oportunidade de partido chegaba nas botas de Gaby, cando transcurría o minuto 4 de partido. Un balón mal rexeitado pola defensa visitante quedaba dentro da área para que venezolana, libre de marca golpeara por riba do arco.

RC Deportivo contra o Real Betis en Abegondo / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo contra o Real Betis en Abegondo / SABELA MOSCOSO

O Betis centraba todo o seu potencial ofensivo na súa 9 e referencia, Priscila. As sevillanas buscaban filtrar pases ás costas da defensa deportivista, aproveitando a gran velocidade e potencia da dianteira verdibranca, a gran amenaza bética.

Trascorría o minuto 9 e Peke tivo unha gran oportunidade para estrear o luminoso. Tras unha gran xogada en banda dereita, recolleu o coiro a dianteira vasca que tras un bo regate disparou coa correspondente resposta de Gerard. Unha boa man a baixo ao disparo cruzado da deportivista. O Dépor comeza a mandar no partido.

No minuto 13 o Betis gozaba dunha gran oportunidade, despois de unha falta lateral no que o balón acabou no fondo das mallas pero foi anulado por un previo e claro fóra de xogo de catro xogadoras verdibrancas, hoxe de rosa.

A replica foi na xogada seguinte, cando tras unha boa circulación de balón por parte das de Manu, un gran centro de Nuria chegaba á testa de Peke e o coiro íase lamendo o pau esquerdo da meta de Gerard. Bonito partido durante o primeiro cuarto de hora, con dominio local e as contras béticas.

Athenea e Peke tiraron constantes desmarques en ruptura, desconcertando á defensa das de Pier. Froito deses desmarques e do espazo xerado, chegou unha gran oportunidade para a dianteira cántabra. O disparo cruzado da 9 foi atallado pola gardamallas de Betis con alguna dificultade.

Cris, xogadora do RCD Abanca en Abegondo / SABELA MOSCOSO
Cris, xogadora do RCD Abanca en Abegondo / SABELA MOSCOSO

O Dépor, fiel ao seu estilo, combinando cunha boa saída de balón desde atrás e buscando xerar espazos tras a circulación de balón. O Betis seguía a mesma tónica, esperar cunha liña de presión a medio campo e ben xuntas para poder montar o contraataque.

No minuto 28 chegaría o xogada de maxia do partido por parte de Athenea e Gaby. Unha parede entre ambas e un gran regate da venezolana fixo levantar a afección local. Gaby sacou un gran regate da chisteira. O coiro acabou en córner e tras o lanzamento do mesmo o balón quedou morto na área pequena tras un par de rexeites e a piques estivo de entrar na portería de Gerard.

O gol no Dépor chámase Peke

Corría o minuto 35 de partido pero máis corría a correcamiños Cris Martínez cando fixo unha gran galopada pola banda dereita, pisou área e foi derrubada. Penalti a favor das galegas moi protestado polas béticas. Peke foi a encargada de lanzar e transformar a pena máxima, enganando por completo a Gerard. O gol ten nome no deportivo, Peke que seguía sumando muescas no rifle.

Chegaríase ao descanso con 1-0 no marcador e unha gran primeira parte das nosas deportivistas. A segunda metade comeza cun troco por parte de Pier. Íase Piemonte e entraba Otermin. Buscaba unha reacción nas súas o adestrador bético e continuar coa senda da vitoria tras coller o equipo hai dúas xornadas.

Hoxe foi o días dos regates. Se antes falábamos da maravilla de Gaby, tras o tempo de lecer foi o turno de Maya. Dous calcanos e unha ruleta marsellesa volveu a levantar e animar á afección galega. Partido de moitos quilates en Abegondo.

Cris volveuno a facer. Arrincou a moto e tras unha gran condución golpeou desde fóra do área un misil que puxo en moitos apuros a Gerard. Gran interveción da cancerbeira bética cando o partido tan só levaba 5 minutos da segunda metade. Poucos minutos despois, Athenea tivo a súa oportunidade tras un gran disparo desde a frontal do área que foise a centímetros do pau esquerdo.

No minuto 61 a grada de Abegondo volvía a ruxir, non foi por un gol, senón pola entrada ao verde de Tere Abelleira, a revelación da Liga. A sustituida foi Maya, que realizou un gran encontro filtrando balón a Peke e Athenea e ofrecendo liñas de pase en todo momento.

RC Deportivo contra o Real Betis en Abegondo / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo contra o Real Betis en Abegondo / SABELA MOSCOSO

O gol da xornada

Athenea estivo moi activa e buscando o gol durante todo o partido. O seu momento chegaría no minuto 65 cando fixo unha xogada espectacular e marcou un golazo ao alcance de moi poucas. Recuperou na medular, driblou a dúas xogadoras béticas, plantouse na área e tras  un recorte que deixou a zagueira sen cintura, perforou a rede coa súa perna esquerda. Brutal o gol que quedará na retina dos presentes durante bastante tempo.

A alegría do gol durou pouco, e aos dos minutos da maravilla de Athenea, o Betis recortaba distancias a través dun gol despois dun lanzamento de saque de esquina. A goleadora foi Van Dongen que empurrou o balón na área pequena tras varios rexeites.

No minuto 70 Alba Merino ingresaba no verde por Kika. Manu buscaba máis control do balón coa entrada de Tere e Alba. Tras o cambio chegou unha gran oportunidade para as béticas que salvou Sullastres por dúas veces. A primeira tapando moi ben a internada de Priscila na área pequena e a segunda, cunha gran atallada. Cerroxo na porta unha vez máis a meta de Torroella de Montgrí.

Tras o gol do Betis pasaron os peores momentos para o Dépor. Perdendo por momentos o control do balón e concedendo alguna oportunidade perigosa na meta de Sullastres.

RC Deportivo contra o Real Betis en Abegondo / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo contra o Real Betis en Abegondo / SABELA MOSCOSO

Cando o partido baixaba o ritmo e parecía que o 2-1 era definitivo, chegou o segundo golazo do partido. Peke facía o terceiro para o Dépor e o segundo na súa conta particular tras un golpeo maxistras desde fóra da área. Partido de golazos na tarde de hoxe.

Tras o gol, Athenea foi sustituida e Abegondo rompeu en aplausos para despedir a dianteira e recibir a Carolina Arbeláez, a nova incorporación do mercado invernal. 5 minutos para estrear o verde de Abegondo nas súas botas. Manu agotou os cambios e deu entrada a Érika por Nuria co tempo xa cumprido.

Co último cambio e o partido xa sentenciado a colexiada pitou o final. Tres puntos máis na casa e o feudo deportivista segue a ser un fortín. Con esta vitoria o Dépor segue o ritmo do Levante e sitúase na cuarta posición con 30 puntos e un partido menos.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO ABANCA: Sullastres, Cris, María Méndez, Noelia Villegas, Nuria (Érika, min. 90+2), Maya (Teresa Abelleira, min. 62), Iris, Kika (Alba Merino, min. 71), Gaby, Peke e Athenea (Arbeláez, min. 90).

BETIS: Gerard, Nuria, Marta Cazalla, Van Dongen, Paula Perea, Ana Hernández, Rosa Márquez, Priscila, Bea Parra (Ogebe, min. 60), Szymanowski (Laura González, min. 76) e Martina Piemonte (Rosa Otermín, min. 46).

GOLES: 1-0 Peke, de penalti (min. 38); 2-0 Athenea (min. 65); 2-1 Van Dongen (min. 67); 3-1 Peke (min. 88).

COLEXIADAS: Contreras Patiño (c. madrileño). Cartón amarelo a Paula Perea (min. 37), Kika (min. 39), Rosa Márquez (min. 90) e Alba Merino (min. 90+1).

INCIDENCIAS: Partido correspondente da 17ª xornada da Primera Iberdrola disputado na Ciudade Deportiva de Abegondo ante uns 600 espectadores.

Etiquetas BetisDéporDeportivo ABancafútbolLiga Iberdrola
Comparte26Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.