O Dépor Abanca, impúxose con claridade ante o CD Guiniguada Apolinario, un rival que, pese a competir dúas categorías por debaixo, non se dou por vencido e foi quen de loitar ata o final. O resultado (1-3) coloca ás galegas nos oitavos de final da Copa da Raíña.
Ver esta publicación en Instagram
Todo transcorreu segundo o previsto para o Dépor Abanca. Aínda que na Copa da Raíña non se pode descartar ningunha sorpresa, o cadro herculino aproveitou a vantaxe que lle outorga competir na máxima categoría para vencer con comodidade a un rival máis modesto, pero que non parecía disporto a poñerlle as cousas fáciles.
Foi Marisa García a encarga de abrir o marcador e converter un penalti tan só catro minutos despois de dar comezo o partido, colocando ao conxunto coruñés nunha posición favorable dende o arranque. Unha situación que inxectaba unha dose de motivación e determinación ás galegas, e que lles servía para demostrarse a sí mesmas que poden competir a un bo nivel, pese aos resultados insatisfactorios en Liga.
Ver esta publicación en Instagram
O segundo tanto, que chegou pasados os 15 minutos da primeira metade, tamén levaba a sinatura de Marisa, que non perdoou, e enviou directo ao fondo da rede un balón previamente interceptado dentro da área.
A madrileña, que chegou ao Dépor Abanca este verán, procedente do Real Madrid CF, está chamada a ser un dos grandes fichaxes do clube blanquiazul pola súa influenza no xogo, pese a estar aínda afinando a súa adaptación ao equipo.
A diana do cadro local chegaba pouco antes do descanso, unha acción que metía ás canarias de novo no partido, e esixía ao Dépor Abanca non baixar a guardia, se quería asegurar o pase a oitavos. E así foi.
Ver esta publicación en Instagram
O terceiro e último gol chegou da man de Michi Apóstol, fixando o 3-1 definitivo, e clasificando ao Dépor Abanca para a seguinte rolda da Copa da Raíña.
Ver esta publicación en Instagram
Esperado regreso de Lucía Rivas ao Dépor ABANCA
A xogadora da canteira blanquiazul, Lucía Rivas, pisaba por primeira vez o céspede co primeiro equipo despois da súa grave lesión de rodilla a pasada pretemporada, que a apartou dos terreos de xogo durante máis de un ano.
Sorprendeu tamén que non interviñesen no encontro as xogadoras máis habituais nas alineacións deportivistas, cedendo protagonismo a outras con menos tempo de xogo acumulado, nunha aposta do técnico Fran Alonso por xestionar esforzos, repartir minutos e manter un rendemento óptimo do equipo durante toda a tempada. Houbo rotación masiva e minutos para as futbolistas con menos habituais na liga, caso de Yoyana, Eva Dios, Lía e Cavanagh.
Satisfacción de Fran Alonso: “Movemos moi ben o balón”
Fran Alonso, técnico deportivista dixo marcharse “con moi boas sensacións” ante un conxunto canario “que compite moi ben, ten as ideas moi claras, van moi ben ao choque”. Con todo, o adestrador das nosas deportivistas resalta ao final desta eliminatoria da Copa da Raíña que “movemos moi ben o balón, creamos moitísimas ocasións”.
Desde a canteira deportivista aportaron futbolistas coma Redru, Michi Apóstol, Carmen e Lucía Rivas. O adestrador, Fran Alonso, declaraba estar “moi contento por elas porque puideron ter minutos. Michi mesmo marcou. Un día feliz e hai que gozalo”.
FICHA TÉCNICA
1) GUINIGUADA APOLINARIO CD: Danna, Aruma, Thais, Irati (Lucía, min. 76), Raquel Quintana, Coraima, Marina, Eugenia (Natalia, min. 46), Mariola (Melissa, min. 65), Estefanía (Joana, min. 76) e Arminda (Sheila, min. 76).
3) RC DEPORTIVO ABANCA: Yohana, Vera (Marina Artero, min. 66), Henar, Eva Dios (Samara, min. 56), Lía, Marisa (Carmen, min. 78), Bárbara (Lucia Rivas, min. 56), Elena, Cavanagh, Redru (Espe Pizarro, min. 56) e Michi Apóstol.
EQUIPO ARBITRAL: Paola Cebollada López, do comité aragonés. Amoestou a Sheila (min. 81) e Carmen (min. 84)
GOLES: 0-1 Marisa, de penalti (min. 4); 0-2 Marisa (min. 19); 1-2 Raquel Quintana (min. 45+1); 1-3 Michi Apóstol (min. 74).
INCIDENCIAS: partido da Copa da Raíña disputado no Estadio Parque Atlántico en Las Palmas de Gran Canaria.





















