• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Un partido á altura da cita histórica

O Dépor clasifícase para cuartos de final da Copa (7-2) con póker de goles de Peke | Protesta ao comezo pola non firma do convenio | Gran conexión Peke-Athenea

Iago Cerezuela por Iago Cerezuela
11/02/2020
en Fútbol, Máis fútbol
Peke: “Este momento é como a guinda que lle faltaba ao pastel”

wykazszkowski

143
COMPARTIDOS
306
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A choiva, como non podía ser doutro modo en Galicia, foi testemuña de luxo dun día histórico en Riazor. O Deportivo ABANCA xogaba o seu primeiro partido oficial no templo herculino, correspondente aos oitavos da Copa da Raíña. Foi unha cita histórica para todo o deportivismo pero tamén será un día que tanto Peke como Athenea non olviden nas súas vidas. Para a ocasión, recibía un Valencia encabezado por unha galega, e deportivista recoñecida, a súa dianteira e capitá Mari Paz Vilas. Todos os alicientes para o que foi unha festa do fútbol feminino, con moitos goles e emoción.

Manu Sánchez saíu co seu once de gala para o debut histórico do Dépor en Riazor, coa única excepción de Bedoya no lugar de Noelia Villegas. A colombiana tiña os seus primeiros minutos como titular desde que chegara no mercado invernal. Tere Abelleira volvía portar o brazalete nunha noite que, de seguro, nunca olvidará.

wykazszkowski
wykazszkowski

10 segundos para loitar por un futuro

O Valencia puxo o balón en xogo tras o asubío da colexiada e o balón estivo parado durante os dez primeiros segundos. Dez segundos que serven como protesta polo que é xusto, por un futuro do fútbol feminino que segue parado tras o estancamento da firma do convenio. Dez segundos que parece pouco tempo pero significa moito.

Arrancou o partido e non puido comezar mellor para as galegas. Tras uns primeiros minutos no que ambos equipos mediron as súas forzas, rápido o Dépor impuxo a súa calidade. Chegando ao minuto 5 de partido, o balón chegaba a Peke en banda dereita e, a máxina goleadora histórica deportivista, foise do seu par con varios caneos, apurou liña de fondo e deixou a pracer para que a súa dupla de ataque anotara o primeiro. Gol de Athenea que puxo de manifesto que o engranaxe e a dupla atacante Peke-Athenea funciona ás mil marabillas. Seguide lendo e veredes que o festival goleador non acaba aquí.

 

1 de 6
- +
Deportivo ABANCA - Valencia de Copa da Raíña en Riazor - WYKAZSZOWSKI
Deportivo ABANCA - Valencia de Copa da Raíña en Riazor - WYKAZSZOWSKI

As de Carolina Miranda, única entrenadora muller de toda a Liga Iberdrola, quixeron sacudirse a presión cunha clara ocasión nas botas de Bonsegundo. A arxentina aproveitou a súa gran velocidade e plantouse diante de Sullastres, tras un gran pase ás costas da zaga deportivista. A cancerbeira catalana resolveu con moita templanza no man a man. O partido non estaba a defraudar e estaba á altura da cita histórica.

Se primeiro anotou Athenea, agora era o turno de Peke. Imparable a dupla de ataque deportivista. Agora foi a cántabra a que asistiu a Peke cun pase brillante, tras unha gran deixada de Gaby. O balón chegou aos pés da dianteria vasca que non perdoou. Sentou unha rival e bateu a Pi polo pau curto. Manu pode presumir de ter a dúas das mellores dianteiras da categoría.

 

1 de 12
- +
Un único latido, gol de Peke / WYKAZSZKOWSKI
gol Peke Deportivo ABANCA - Valencia

Con 2-0 no luminoso de Riazor, as valencianistas tiveron a súa recompensa ao esforzo. Miranda subíu as liñas de presión do seu equipo e trataron de dominar ás de Manu Sánchez. Froito de esa presión coordinada, as ches atoparon espazos ás costas da defensa branquiazul. Un erro na saída de balón terminou no primeiro tanto visitante, obra de Paula Guerrero tras varios rexeites na área no que a zaga galega no foi quen de despeixar o coiro.

Tras recortar distancias, chegaron os peores momentos para as galegas. Bonsegundo foi a xogaora que máis perigo creou para as da cidade do Turia e tras unha boa xogada por banda dereita, superou en velocidade a Nuria. A de Santiago de Compostela derrubou á 11 valencianista provocando unha falta lateral moi perigosa e gañándose o primeiro cartón amarelo do partido.

Se Peke e Athenea estaban a soster o Dépor en ataque, Sullastres foi un muro baixo paus. Tras o lanzamento da falta, outra vez emerxeu a figura da catalana para dar seguridade e frustrar as posibilidades de empate das visitantes.

Peke-Athenea, conexión letal

A 9 e a 18 foron un verdadeiro pesadelo para Berta Pujades e Van Den Berg, as zagueiras ches. Athenea recibía o coiro en banda esquerda e tras encarar ao seu par, puxo o balón na área pequena para que Peke fixera o terceiro das galegas e o segundo na súa conta particular. Ben é certo que a defensa non estivo moi contundente nin expeditiva. Aínda así, en días como hoxe, Peke e Athenea forman unha parella letal para as zagas.

 

1 de 18
- +

Tere Abelleira portou o brazalete e non parou de dar ordes ao pedir o balón. Como xa é habitual, volveu lucir canos e detalles de moita calidade que fixo poñer en pé aos case 8.000 afeccionados que estaban nas bancadas de Riazor.

As galegas pediron penalti no 40 por unha caída na área de Athenea tras un cano e cando xa estaba a cargar a perna dereita para fusilar a meta de Pi. Con esta última ocasión chegaríase ao descanso dun gran partido de fútbol, con moita emoción e moitos goles. A salsa deste deporte.

Un soño cumprido

A galega Mari Paz cumpría hoxe un soño, xogar en Riazor. O soño non quedaría aí e, tras o tempo de lecer, no minuto 47 perforaba a rede de Sullastres dun cabezazo tras un bo centro de Calligaris. Isto é o bonito do fútbol, que ás veces, os soños fanse realidade.

Un erro de Alba Merino no centro do campo custou caro ás galegas e puxo as valencianistas a tan só un gol de empatar a eliminatoria.

 

1 de 7
- +
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Hat trick de P3k3

Cando o Dépor está en apuros aí están Peke e Athenea para saír ao rescate. A 9 deportivista, outra vez espectacular, deixou atrás o seu par e volveu a poñer en bandexa o coiro para que Peke fixera o seu hat trick. Carolina Miranda xa non sabía como parar as killers branquiazuis.

As ches non perdían a cara ao partido, e encabezadas por Mari Paz, buscaban poñer en apuros as galegas. Preto do 60 o Valencia gozaría dunha chegada por banda dereita. O balón acababa na área pequena de Sullastres e María Méndez salvaba o terceiro case na liña de gol.

 

1 de 10
- +

Póker Peke

A dianteria vasca é moi grande. O quinto gol do Dépor e o cuarto na súa conta particular chegaría da súa bota esquerda. Se decimos gol, falamos de Peke e se estamos ante unha gran xogada con asistencia, temos que falar de Athenea. A dupla volveu a demostrar o seu talento. 5-2 e partido estaba listo para sentencia co Dépor en cuartos de final da Copa da Raíña.

O Valencia seguíuno tentando e Cris salvou un gol 77′ ante unha gran xogada de Coleman que enfilaba soa a meta de Sullastres. A lateral dereita de Astorga cruzouse moi ben do camiño da 7 valencianista e evitou o gol che. Tres minutos despois chegaría un gol moi festexado e moi especial, o gol da galega Tere Abelleira. A 3 sumouse ao festival de goles tras un bo zapatazo cruzado desde dentro da área.

 

1 de 11
- +
Tere Abelleira, ex xogadora do RC Deportivo ABANCA / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Para poñer o punto final a unha goleada e unha noite irrepetible chegaría o gol da central María Méndez que pechou o partido e marcou o sétimo gol tras unha xogada de pizarra botada por Maya. As galegas xa son equipo de cuartos de final da Copa da Raíña e fixeron vibrar e gozar as case 8.000 persoas que animaron e presenciaron o partido desde a bancada de Riazor. Goleada das que fan historia.

wykazszkowski

FICHA TÉCNICA

DÉPOR ABANCA: Sullastres, Cris, María Méndez, Bedoya, Nuria (74′), Alba (67′), Iris (86′), Tere (C) (86′), Gaby, Peke, Athenea.

Suplentes: Misa, Micheller, Miriam, Kika (86′), Arbeláez (86′), Maya (67′) e Noelia Villegas (74′).

VALENCIA FEMENINO: María Pi, Van den Berg, Paula Guerrero (67′), Sandra Hernández, Mari Paz Vilas (C), Flor Bonsegundo (53′), Carol Férez, Berta Pujadas, Viola Calligaris, Natalia Gaitán, Bea Beltrán.

Suplentes: Enith Salón, Mónica Flores, Marta Carro, Zenatha Coleman (53′), Cara Curtin, Naiara Beristain e Asun (67′) Martínez.

GOLES:
Min. 4 Gol de Athenea (1-0)
Min. 15 Gol de Peke (2-0)
Min. 17 Gol de Paula Guerrero (2-1)
Min. 31 Gol de Peke (3-1)
Min. 47 Gol de Mari Paz (3-2)
Min. 59 Gol de Peke (4-2)
Min. 71 Gol de Peke (5-2)
Min. 80 Gol de Tere Abelleira (6-2)
Min. 90 Gol de María Méndez (7-2)

ÁRBITROS: Ainara Acevedo, Matilde Esteves-García, Mariona Peralta, Eugenia Gil.

INCIDENCIAS: Partido correspondente aos oitavos de final no que enfrontou no Estadio de Abanca-Riazor ao Deportivo Abanca co Valencia Club de Fútbol Feminino. Antes do asubío inicial ó conxunto deportivista agasallaba aos 5.000 primeiros afeccionados cunha bufanda. Ademais, tras o inicio, as xogadoras tanto locais como rivais non rodaron o balón reivindicando o convenio colectivo. 7.569 espectadores.

Cuarteto arbitral / WYKASZKOWKI
Cuarteto arbitral / WYKASZKOWKI
Etiquetas Copa da RaiñaDéporDeportivoABANCAOitavos de finalvalencia
Comparte141Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Real Sociedad vs Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA ten rival para os 8.º de final da Copa da Raíña

por Redacción As Nosas
11/11/2025
0

O Dépor ABANCA medirase á Real Sociedad nos oitavos de final da Copa da Raíña. A eliminatoria, a partido único,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA continuará na elite do fútbol feminino nacional

por Martín Pais
11/05/2025
0

  O Dépor ABANCA continuará a vindeira tempada onde merece estar: na elite do fútbol feminino nacional, tras un empate...

O Burela FS, campión por sétima vez da Copa da Raíña / RFEF

Sétima Copa da Raíña para o CD Burela FS que vence na final ao Melilla Torreblanca (2-3)

por Redacción As Nosas
04/05/2025
0

  As futbolistas do Burela FS  conseguían o sétimo título de campioas da Copa da Raíña para o club da Mariña...

Alba Garrote, xogadora do Hockey Club Coruña Feminino / SABELA MOSCOSO

Adeus á Copa da Raíña para o Hockey Club Coruña Feminino que cae pola mínima (1-0) e na prórroga ante o CP Vila-Sana

por Redacción As Nosas
19/04/2024
0

  Perdendo pola mínima 1-0 e na prórroga, así decía adeus o Hockey Club Coruña Feminino (HCCF) á Copa da Raíña...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.