• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

O Dépor ABANCA tentará reverter a súa mala racha fronte ao Levante

As deportivistas terán que aprender dos erros para poder estrear a súa puntuación

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/11/2020
en Liga Iberdrola Fútbol, Fútbol
Carolina Arbeláez, Dépor ABANCA / RCD

Carolina Arbeláez, Dépor ABANCA / RCD

50
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As branquiazuis terán este sábado ás 16:00 horas unha nova oportunidade para rematar coa seca de puntuación. En seis xornadas, as xogadoras do Dépor ABANCA aínda non acadaron ningunha vitoria ou empate, e as derrotas comezan a pasar factura. Do encontro contra o Sevilla FC, perdido no último minuto, só queda aprender dos erros. E a iso adican esta semana as xogadoras de Manu Sánchez os adestramentos.

Cris, xogadora RC Deportivo ABANCA / SABELA MOSCOSO
Cris Martínez / SABELA MOSCOSO

O técnico citou as súas xogadoras en Abegondo a un primeiro adestramento o luns pola tarde, e o martes comezou a preparar xa o encontro deste sábado contra o Levante UD.

O aprazamento da cita co Rayo Vallecano, por un positivo entre as madrileñas, dálle ás futbolistas herculinas máis tempo para practicar e preparar o partido. Os adestramentos ampliaranse ata o venres, cando as branquiazuis xa estean en terras de Valencia.

Enfronte, estará un rival que ocupa a undécima posición da táboa tras unha vitoria contra na súa visita ao Athletic Club. O Levante conta ademais entre as súas filas coa cuarta máxima goleadora da Liga Iberdrola, a dianteira Esther.

Cris volve á convocatoria do Dépor ABANCA

Manu Sánchez levouse a Valencia a 18 das súas xogadoras, entre as que destaca a recuperación de Cris Martínez da súa lesión e a inclusión da canterana Eva Dios. Por outra banda, o técnico non poderá contar con Peke, aínda que a primeira está volvendo pouco a pouco aos adestramentos. Tamén seguen de baixa Kenni e Lady Andrade, que sufre unhas molestias no xeonllo.

María Méndez, xogadora RC Deportivo ABANCA / SABELA MOSCOSO
Méndez, no Dépor ABANCA

No outro lado do campo estará unha exdeportivista. Trátase de María Méndez, da que adestrador branquiazul só ten boas palabras. “Pasou con nós soamente un ano, pero xa a coñeciamos desde hai varios anos que xa a seguiamos. O ano pasado foi moi bonito para todos nós e ela formou parte importante como as 23 que estabamos”.

Manu Sánchez sobre a ex deportivista María Méndez: “Ten todas as condicións para ser unha central de altísimo nivel. É moi disciplinada tanto traballando como no adestramento invisible”

Sánchez alabou tamén o seu xogo e asegurou que a zagueira máis pronto que tarde Méndez formará parte da Selección Nacional. “Ten todas as condicións para ser unha central de altísimo nivel. É moi disciplinada tanto traballando como no adestramento invisible” declarou o técnico de As Nosas.

O adestrador tamén asegurou que desde o clube están moi contentos por ela, e que agardan que lle vaia ben aínda que “imos desexarlle que o sábado palme, evidentemente”.

#ASNOSAS convocadas para unha nova xornada de #PrimeraIberdrola. O sábado ás 16:00 h. (📺 @Gol) na Cidade Deportiva de Buñol: #LevanteUDDéporABANCA pic.twitter.com/kf6amm2co8

— RC Deportivo (@RCDeportivo) November 12, 2020

A unión no vestiario do Dépor ABANCA é total

Os malos tempos non acaban coa ilusión das xogadoras do Dépor ABANCA. O vestiario está moi unido e comprometido con sacar os resultados adiante e teñen claro que seguirán pelexando polas cores. Ante a mala racha de seis xornadas sen puntuar, as redes sociais enchéronse de mensaxes de ánimo entre as deporitvistas como os chíos en Twitter de Iris Aranaiz, Stephannie Blanco, Peke, Noe Bermúdez e Carolina Arbeláez. Tamén o técnico publicou unha mensaxe na que apelaba á unidade nos malos momentos. Para Sánchez, a saída desta mala racha pasa polo compromiso e traballo das súas futbolistas.

Unha unión que traspasou as fronteiras do propio equipo e do campo, facendo que ex xogadoras do clube branquiazul como Miriam Ríos, Tere Abelleira e Nuria Rábano sumáranse ao grito de Un único latido, compartindo o seu apoio neste duro momento ás xogadoras herculinas.

 

Un único latido que segue a latexar acompasado

O adestrador, Manu Sánchez, mostrouse tamén nas redes e en rolda de prensa orgulloso de As Nosas e está convencido de que co traballo os resultados acabarán chegando. Isto haberá que velo o sábado no Antonio Puchades, nun duelo da octava xornada de Liga Iberdrola que poderá seguirse en directo a través de Gol Televisión.

 

Así ve María Méndez ao RC Deportivo ABANCA

María Méndez (@maria_mf4) analiza la importancia del último triunfo 👏🏼 y habla del @RCDeportivo, al que conoce bien

👍🏼 “Fue una victoria super importante, salimos de Lezama más equipo”

🔙 “Para mí es un rival muy especial, me dio la oportunidad de debutar”#PrimeraIberdrola pic.twitter.com/VN8SpmyleT

— Levante UD Femenino (@LUDfemenino) November 13, 2020

Etiquetas Dépor ABANCAfútbolFutFemLevante UDLiga IberdrolaSevilla FC
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

As deportivistas Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco coa camisola da Selección de Costa Rica / RCD

As deportivistas Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco volven da concentración coa Selección “tica”

por Redacción As Nosas
24/02/2021
0

  Dúas deportivistas, Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco, foron convocadas pola Selección de Costa Rica, para un para de amigables...

A EFF Rosalía celebra o aniversario de Rosalía de Castro / EFF ROSALÍA TW

A EFF Rosalía conmemora o aniversario da autora

por Carmen G. Mariñas
24/02/2021
0

  Que teñen en común 'En las orillas del Sar' e un club a beiras do Miño? Rosalía de Castro...

Eva Dios coa Selección / EVA DIOS IG

Eva Dios quédase sen europeo sub19

por Redacción As Nosas
24/02/2021
0

  A futbolista galega Eva Dios, que milita no RC Deportivo, foi convocada pola Selección Española sub19 na preparación do...

Bandeira de córner nun partido de fútbol / SABELA MOSCOSO

Que pasa coas licenzas do fútbol e o fútbol sala galego?

por Redacción As Nosas
21/02/2021
0

  A Federación Galega de Fútbol facía pública a súa proposta para iniciar ou retomar as competicións de fútbol e...

CRAT vs CR Complutense Cisneros / ALBERTO SEGADE

Vitoria no límite do CRAT ante o Complutense Cisneros (10-7)

por Redacción As Nosas
20/02/2021
0

  Un ensaio anotado por Alejandra Fernández co tempo xa cumplido volteaba o marcador a favor do CRAT Residencia Rialta...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Sara Fernández, do Conservas Porriño, no último partido xogado na casa / ILEPO.PHOTOS- CLUB BALONMÁN PORRIÑO

O Porriño recibe ao colista, o Adesal Córdoba, en casa

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Sara Fernández, do Conservas Porriño, no último partido xogado na casa / ILEPO.PHOTOS- CLUB BALONMÁN PORRIÑO

O Porriño recibe ao colista, o Adesal Córdoba, en casa

26/02/2021
Arxil - Adareva / ADAREVA FB

O Arxil afronta un reto esixente na 22ª xornada

26/02/2021
Pontevedra Rugby Club / PRC

O Pontevedra Rugby Club volve a casa

26/02/2021
Amarelle - Teldeportivo / AMARELLE FS

Partido chave na loita pola permanencia para o Amarelle

26/02/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.