• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

O Dépor ABANCA deixa de ser colista, pero non afianza a permanencia

As branquiazuis asinaron o empate ante a SD Eibar, nun partido no que destacou a súa defensa

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/02/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Dépor ABANCA - Eibar / RC DEPORTIVO

Dépor ABANCA - Eibar / RC DEPORTIVO

90
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Os cambios comezan a dar os seus frutos no Dépor ABANCA, que evita a derrota unha xornada máis. Un punto non era suficiente para deixar atrás os pesadelos do descenso, pero o empate (0-0) ante a SD Eibar permite que as branquiazuis abandoen a posición de colista.

O primeiro reto desta semana tan importante para o futuro das branquiazuis na Liga Iberdrola foi superado, pero sen nota. As galegas lograron deixar a súa portería a cero, pero non foron tan efectivas en ataque.

Un partido sen gol

Nos 90 minutos ambos equipos tiveron algunha ocasión de anotar tantos, pero a maior parte do partido disputouse no centro do campo.

O primeiro susto que viviron as locais foi da man de Ane Pérez, cabeceando unha falta lateral que Sullastres sacou case baixo paos. As oportunidades para as branquiazuis chegaban en forma de accións a balón parado, saques de esquina ou faltas laterais, sen que as futbolistas dirixidas por Manu Sánchez foran quen de convertelas en gol.

A tiveron nas súas botas xogadoras como Stephanie Blanco e Gaby, pero o pulso do xogo non estaba nas porterías, senón no mediocampo.

Na segunda metade a tónica do encontro foi moi similar, con dous equipos de igualado nivel agardando un erro contrario para adiantarse. Con todo, as xogadas de ataque tiveron máis protagonismo, aínda que sen resultado.

Ao disparo de Carla para o Eibar, que rematou nas mans de Sullastres, responderon as galegas do Déporco tiro de Lady Andrade desde a borde da área. As oportunidades seguían alternándose, destacando no ataque local Peke.

A dianteira branquiazul estivo preto de dar o gol da vitoria ás coruñesas, nunha xogada iniciada no extremo esquerdo e colocándolle a pelota a Alba Merino, coa mala sorte de que o disparo da extremeña deu contra o pao.

Momentos despois, a máxima amenaza no conxunto visitante, Kgatlana, unha das mellores atacantes da categoría, foi quen de poñer o gol na rede, pero a súa posición de fóra de xogo descartou o tanto.

No bando do Dépor ABANCA tamén tivo os seus destellos Athenea, que provocou un libre directo lanzado por Lady Andrade e dez minutos despois case logra darlle unha asistencia a Peke.

O partido rematou cunhas táboas merecidas, entre dous equipos que loitaron durante os noventa minutos por asinar un gol que nunca chegou.

Un punto que fai que as coruñesas abandoen despois de varias semanas a última posición, pero que deixa a permanencia a catro puntos de distancia.

A valía do empate do Dépor ABANCA dependerá do resultado do domingo

O novo esquema de Manu Sánchez, con Iris Arnaiz como central e Ainoa como pivote está a dar resultados. As branquiazuis xa levan dúas xornadas deixando a súa portería a cero.

Unha táctica que previsiblemente repetirá ante o Betis, actual colista, este domingo, 14 de febreiro. Aínda que Manu Sánchez non queira falar de finais, o certo é que gañar este partido será un paso de xigante para lograr a permanencia, dando esquinazo a un rival directo como as andaluzas.

Este partido «extra» que terá o Dépor ABANCA, ao ter que recuperar o encontro ante o Betis, é unha oportunidade de ouro para converterse nun claro aspirante á permanencia.

FICHA TÉCNICA

DÉPOR ABANCA: Sullastres, Cris, Iris Arnaiz, Blanco, Villegas, Alba Merino (Kika, min. 87), Ainoa, Gaby, Lady, Athenea e Peke (Michelle, min. 87).

SD EIBAR: Noelia, Carla, Ane Pérez, Matlou (Jujuba, min. 74), Jimena López, Ruth, Sheila, Mar, Llompart, Kgatlana e Arola (Sara Navarro, min. 74).

GOLES: Sen goles.

ÁRBITRA: Cebollada López (c. valenciano). Tarxeta amarela a Alba Merino (min. 41), Kgatlana (min. 60), Matlou (min. 69), Athenea (min. 72) e ao técnico visitante Iker Dorronsoro (min. 89).

INICIDENCIAS: partido de la 20ª xornada de Primera Iberdrola disputado en Abegondo a porta pechada.

Etiquetas Dépor ABANCAdeportivofútbolLiga Iberdrola FútbolRC DeportivoSD Eibar
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

por Silvia Carregal
10/11/2026
0

Pagou caro o Dépor Abanca non materializar todas as ocasións das que dispuxo na primeira metade do seu partido contra...

Presentación do 'Palco sensorial' en Balaídos pensado para persoas con trastorno do espectro autista (TEA) / FUTGAL

Balaídos conta cun ‘Palco sensorial’ destinado a que persoas con trastorno do espectro autista (TEA) gocen mellor do fútbol

por Redacción As Nosas
08/10/2026
0

Un grupo de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) poderán gozar mellor dos partidos do Real Club Celta de...

Presentación da "I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala" organizada pola RFGF e AGAXEDE / FUTGAL

Presentada a «I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala»

por Redacción As Nosas
02/10/2026
0

A sede da  Federación Galega de Fútbol (RFGF) na Coruña albergou este venres a presentación oficial da "I Xornada de...

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Falas Dépor / RCD

‘Falas Dépor’, unha serie de conversas arredor dun RC Deportivo que é moito máis que fútbol

13/11/2026
Podio da proba do Superprestixio Ciclocross no Porriño / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Rebeca Fontela e Néstor Frías asaltan o Superprestixio na dobre xornada vivida esta fin de semana no Rosal e no Porriño

10/11/2026
Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

10/11/2026
A Carreira Popular San Martiño celebrase en Ourense / FGA

Máis de 11.000 participantes na Carreira Popular do San Martiño en Ourense

09/11/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.