• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Outra vez non puido ser

O Dépor ABANCA regresa goleado 4-1 do seu cruce con Levante UD | A vindeira xornada As Nosas deportivistas reciben en Riazor ao Atl. de Madrid, un rival que non parece o máis asequible para romper a mala racha

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/11/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
O Dépor ABANCA, goleado polo Levante UD / RCD

Levante UD vs Dépor ABANCA / RCD

50
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Consúmense as xornadas e o Dépor ABANCA segue sen sumar. O conxunto branquiazul caía goleado esta xornada co Levante UD por un tanteo de 4-1. Nin sequera ter recuperado Cris serviu ás de Manu Sánchez para acadar un mellor resultado.

Dépor ABANCA / RCD
Dépor ABANCA / RCD

Os goles recibidos no arranque do partido marcaron o encontro. O tanto que inauguraba o marcador anotábase no minuto 3. Era a primeira chegada do Levante á meta deportivista defendida por Noelia Bermúdez. Foi chegar e encher. Carol anotaba para as locais o 1-0.

Case se tempo a asumir que xa ían por detras no marcador, as galegas recibían outro golpe. No minuto 9 de partido chegaba o 2-0. Natasa Andonova enviaba unha vaselina cara a portería do Dépor ABANCA superando á gardameta branquiazul Noelia Bermúdez. 

Non se rendiron as deportivistas que tiveron ocasións por medio dun tiro lonxano de Athenea del Castillo e unha aproximación perigosa de Michelle. 

Levante UD vs Dépor ABANCA / RCD
Levante UD vs Dépor ABANCA / RCD

Irene Guerrero anotaba o terceiro  para as granotas no minuto 31. O Dépor ABANCA tiña como reto remontar un 3-0 a domicilio. Intentárono por medio de Gaby e de Blanco, pero as incursións herculinas non tiñan éxito.

Logo do descanso, o escenario non mudou moito no que atinxe a ocasións. As galegas querían pero non podían e o Levante UD facía da efectividade a súa razón de ser. O 4-0 chegou no minuto 65 por medio de Aldana Cometti. A xogada xurde dun saque desde o curruncho que remataba a futbolista local. Esa mesma xogadora frustrou ocasións de Gaby e de Athenea.

Alba Redondo desaproveitou un penalti de Noe Bermúdez, que foi amonestada. A execución da futbolista do Levante UD foise alta desperdiciando una pena máxima coa que podería ter posto no marcador un rotundo 5-0.

Ainoa marcou o gol da honra

O gol da honra o marcaría para as deportivistas Ainoa Campo no minuto 83.  O resultado 4-1 sume ao RC Deportivo ABANCA na súa peor racha competitiva.

Non é a primeira vez que nesta tempada o primeiro equipo feminino do Dépor sae goleado por unha diferencia de tres goles. Pasoulle xustamente no partido previo, contra o Real Madrid, no que perdeu por 3-0. 

As Nosas deportivistas regresan a Riazor contra o Atlético de Madrid

Manu Sánchez citou de novo as futbolistas para adestrar o martes 17 de novembro ás 17:30 horas en Abegondo para arrancar a semana de preparación. A seguinte cita na Liga Primera Iberdrola será recibindo a visita do Atlético de Madrid Femenino. O encontro está fixado para o domingo 22 de novembro ás 16:15 horas no Estadio Municipal ABANCA-RIAZOR.

As colchoneras non parecen o mellor dos rivais para que as galegas rematen coa mala racha de resultados que atesoran. As madrileñas son sempre aspirantes a todo. Neste momento da tempada 2020 – 2021 ocupan a terceira posición, é dicir, están en postos de Champions League con 14 puntos acadados, so un menos que o FB Barcelona. Dos sete partidos que levan disputados, gañaron catro, empataron dous e perderon so un. No lado contrario da balanza está o Dépor ABANCA, faroliño vermello con sete partidos perdidos de sete disputados eunha diferencia de goles de -12.

Con estos números sobre a mesa, é obvio que gañar ao Atlético de Madrid o domingo en Riazor – ABANCA sería unha auténtica xesta, pero nada hai imposible e a necesidade agudiza o inxenio.

FICHA TÉCNICA

LEVANTE UD: María López, María Méndez, Irene, Andonova (Lucía, min. 63), Zornoza, Carol (Fiamma, min. 76), Jucinara, Alharilla, Eva Navarro (Alba Redondo, min. 63), Esther (Lloris, min. 87) e Cometti (Paula Tomás, min. 87).

RC DEPORTIVO ABANCA: Noe Bermúdez, Cris Martínez, Bedoya (Iris, min. 73), Ainoa, Blanco, Patri López, Alba (Lía, min. 84), Arbeláez, Gaby, Michelle (Helena, min. 65) e  Athenea (Kika, min. 84).

GOLES: 1-0 Carol (min. 3); 2-0 Andonova (min. 9); 3-0 Irene (min. 31); 4-0 Cometti (min. 65); 4-1 Ainoa (min. 83).

ÁRBITRA: Espinosa Ríos (c. madrileño). Amonestou a Blanco (min. 37), Athenea (min. 47), Cometti (min. 73), Noe Bermúdez (min. 79) e Lloris (min. 92).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á oitaba xornada da competición na Primera Iberdrola. O encontro disputouse a porta pechada no Campo Héctor Roda da Ciudad Deportiva de Buñol, por mor das restricións que están a ter as competicións deportivas na pandemia de COVID-19 na que se atopa España. Neste partido As Nosas deportivistas estrearon a terceira equipación desta tempada.

Etiquetas AinoaAtheneaAtlético de MadridCrisDépor ABANCAfútbolGabyLevante UDManu SánchezRC DeportivoRCDRiazor
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo / RCD

Antonio Couceiro: “O futuro do Deportivo está garantido”

por Carmen G. Mariñas
02/03/2021
0

  "Pase o que pase, o deportivismo ha de ter a tranquilidade de que terá a continuidade garantida. O futuro...

A deportivista Patril López, en rolda de prensa / RCD

Patri López: “Queremos romper esta mala racha de resultados”

por Redacción As Nosas
01/03/2021
0

  No vestiario do Dépor ABANCA hai ganas de loitar á seguinte batalla. "Temos moitas ganas de que chegue o...

A futbolista Ainoa Campo no partido Rayo Vallecano - Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA sucumbe ante o Rayo Vallecano na segunda metade 3-1

por Redacción As Nosas
28/02/2021
0

  O Rayo Vallecano puido cun loitador Dépor ABANCA que empezou perdendo, empatou e conseguiu dominar, pero na segunda metade...

Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA recupera o duelo ante o Rayo Vallecano

por Redacción As Nosas
27/02/2021
0

  Tres son as baixas que presenta o Dépor ABANCA para o cruce contra o Rayo Vallecano que xoga mañá,...

Formacióndo Dépor ABANCA, As Nosas, en Abegondo / RCD

Abegondo volve abrir as súas portas para ver As Nosas aínda que só a 150 persoas

por Redacción As Nosas
27/02/2021
0

  Logo de que a Xunta de Galicia levantase, en parte, as restricións de entrada a recintos deportivos, a afección...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo / RCD

Antonio Couceiro: “O futuro do Deportivo está garantido”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo / RCD

Antonio Couceiro: “O futuro do Deportivo está garantido”

02/03/2021
olímpico Madó González, psicóloga deportiva

Sen a parte do adestramento mental, o obxectivo olímpico verase máis afastado

02/03/2021
A deportivista Patril López, en rolda de prensa / RCD

Patri López: “Queremos romper esta mala racha de resultados”

01/03/2021
BAXI Ferrol vs Osés Construcciones Ardoi / UNIVERSITARIO FERROL

O BAXI Ferrol, derruba as súas propias marcas

01/03/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.