O Dépor ABANCA xogará contra o Real Oviedo o II Trofeo Emma Cuervo en categoría feminina. Será o domingo 28 de agosto a partir das 18:00 h. no Campo de Fútbol Municipal Pepe Barrera, organizado polo equipo local, o Ribadeo FC.
Este compromiso será o penúltimo partido amigable da pretemporada do equipo Deportivista, que arrincará o sábado 6 fronte ao Valadares Gaia FC portugués. Con posterioridade medirase a SD Eibar (mércores 17), Viaxes Interrías FF (domingo 21), Real Oviedo (domingo 28) e Athletic Club B (sábado 3 de setembro).
Ademais, do Emma Cuervo, o Dépor ABANCA tamén disputará o X Trofeo Teresa Herrera no Concello da Coruña no Estadio ABANCA-RIAZOR.