• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga F

Dépor ABANCA, inicio discreto, pero futuro aberto á melloría

Sara González por Sara González
21/11/2025
en Liga F, Fútbol
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

41
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Aínda que poida semellar recente, cumpríronse dúas tempadas dende que o Dépor ABANCA regresou ao lugar do que nunca debeu saír: a máxima categoría do futbol estatal. Permanecerá para sempre gravado na retina dos 14.000 afeccionados que arrouparon As Nosas deportivistas en Riazor aquel día no que o cadro coruñés selou o seu regreso á elite do futfem, vencendo ao Cacereño Feminino por 3-1.

Aquela tarde bateuse un récord de asistencia a un partido do Dépor ABANCA, congregando a 14.057 espectadores nas bancadas. O emblemático estadio coruñés foi testemuña dos dous tantos de Millene Cabral e dun de Ainhoa Marín, que devolveron ao equipo, aínda dirixido por Irene Ferreras (hoxe adestradora do Granada CF),  á Liga F despois de tres anos de intentos frustrados.

Iren Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI
Iren Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Retorno complexo á Liga F

A tempada 24/25, a primeira tras o regreso do equipo á máxima categoría, resultou realmente complicada. O conxunto herculino, que, por azar, se estreou nada menos que contra o titán do fútbol feminino, o FC Barcelona, notou o gran salto de nivel existente entre a Primeira Federación e a Liga F, navegando polos postos de descenso durante boa parte do curso.

Fran Alonso no banquillo do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Fran Alonso no banquillo do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Pese a todo, e cun cambio de adestrador no transcurso da tempada (Irene Ferreras foi substituída por Fran Alonso), o equipo competiu, resistiu e acabou asegurando a permanencia. Foi no encontro diante do Sevilla FC, na xornada 29; o cadro andaluz adiantouse no marcador no minuto 90, pero pouco despois un gol da estadounidense Elyse Bennett (agora xogadora do Orlando Pride) salvou de maneira matemática ás galegas, pois o empate xa lles era suficiente para garantir a continuidade na elite.

Un inicio 25/26 por debaixo das expectativas

Eran moitas as expectativas que se tiñan depositadas no cadro herculino ao inicio do curso 2025-26. Cun mercado de verán que traía varias caras novas e aseguraba a continuidade dalgunhas pezas clave do equipo, a afección agardaba un salto de nivel no xogo do Dépor ABANCA.

Moi sonadas foron as renovacións de contrato das dúas estrelas do equipo, Millene Cabral e Ainhoa Marín, e con gran entusiasmo viviu tamén a afección a fichaxe de Olaya Rodríguez, ata o momento cedida polo Real Madrid, así como as incorporacións de Merle Barth, Sara Extremera, Espe Pizarro e Colette Cavanagh, que reforzaban notablemente o plantel das blanquiazuis.

Ainhoa e Millene xeraron perigo durante todo o encontro / @wykazszkowski
Ainhoa e Millene xeraron perigo durante todo o encontro / @wykazszkowski

Especialmente aplaudidas foron tamén as continuidades da gardameta Inês Pereira, un ano máis en calidade de cedida polo Everton FC, e da defensa Marina Artero, tamén en préstamo polo Athletic Cub. A isto sumouse a sorpresa da chegada de Marisa García, outra cesión do Real Madrid, na que se teñen depositadas grandes expectativas debido á calidade e ao crecemento que amosou nos últimos anos.

Inês Pereira, porteira do Dépor ABANCA no Teresa Herrera / @RAULFC_FILM
Inês Pereira, porteira do Dépor ABANCA no Teresa Herrera / @RAULFC_FILM

Ademais, consolidáronse no primeiro equipo varias xogadoras da canteira, como Elena Vázquez, Paula Novo, Monteagudo e Redru.

Dépor ABANCA vs FC Barcelona en Riazor / WYKAZSZKOWSKI
Dépor ABANCA vs FC Barcelona en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

En canto ás baixas, deixaron o plantel do Dépor ABANCA Pancha Lara, Elyse Bennett, Blessing Nkor, Hmírová e ADT, mentres que a capitá Cris Martínez, causou baixa por maternidade.

Dépor ABANCA, Cris Martínez / MARCOS RODRÍGUEZ VELO
Dépor ABANCA, Cris Martínez / MARCOS RODRÍGUEZ VELO

O porvir do conxunto coruñés semellaba ilusionante, e entre os deportivistas incluso se fantaseaba con que o equipo fora quen de asentarse nos postos medios da táboa clasificatoria ou, quen sabe, dar a sorpresa, como xa ocorrera na tempada 19/20 (a primeira na máxima categoría), cando as blanquiazuis, daquela dirixidas por Manu Sánchez, acadaron a cuarta praza no seu debut na entón chamada Liga Iberdrola.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD
Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

Porén, a evolución do equipo non respondeu ás expectativas iniciais. No comezo da tempada, o cadro deportivista amosaba certos indicios de mellora, pero non lograba consolidarse nin definir un estilo de xogo plenamente recoñecible. A primeira aparición no presente curso produciuse ante o FC Badalona Women, conxunto que concluíra a campaña anterior na 13ª posición e que, sobre o papel, semellaba un rival accesible; non obstante, o Dépor tivo que conformarse cun empate sen goles.

A situación repetiríase na segunda xornada, fronte ao RCD Espanyol, cun discreto 1-1. Non foi ata a terceira cita ligueira cando o Dépor ABANCA deu un paso adiante e superou ao Athletic Club por 1-0, sumando tres puntos que devolveron a ilusión ao vestiario.

O Dépor ABANCA soumou sete partidos sen gañar

Por desgraza, a alegría sería efémera. Nas sete xornadas posteriores, as galegas encadearon sete partidos sen coñecer a vitoria, acumulando cinco derrotas e dous empates, (a excepción do partido de Copa da Raíña, no que se impuxeron ao Guiniguada por 1-3), unha mala racha que colocaba de novo equipo nas proximidades dos postos de descenso.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Imaxe de arquivo dun lance do Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor no que Monteagudo protexe o esférico / SABELA MOSCOSO

Con todo, a reacción non se fixo agardar. As xogadoras dirixidas por Fran Alonso souberon sobrepoñerse ás dificultades e, no seu último encontro, acadaron un valioso triunfo ante o Levante UD, no estadio de Riazor, por 1-0.

Mañá, ás 12:00 horas, o Dépor ABANCA visitará ao Sevilla FC, actualmente sétimo clasificado cun total de 17 puntos, sete máis que o cadro galego, que deberá medirse tamén ao Granada CF o vindeiro 6 de decembro e á Real Sociedad, tanto en liga, o día 14 de decembro, como en Copa da Raíña, o día 21, antes do parón de Nadal.

Etiquetas Ainhoa MarínCris MartínezDépor ABANCAElena VázquezFran AlonsofútbolInês PereiraIrene FerrerasManu SánchezMarina ArteroMarisa GarcíaMillene CabralMonteagudoPaula NovoRedru
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.