• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

O Dépor ABANCA adxudícase a súa 4ª Torre de Hércules ao gañar o XI Teresa Herrera en Riazor ante o Alavés (2-0)

Irene Ferreras moveu o banco dando entrada ata as tres porteiras

Silvia Carregal por Silvia Carregal
05/08/2023
en Fútbol, Primera Federación
O Dépor ABANCA recibe a Torre de Hércules que acredita As Nosas como campioas do XI Teresa Herrera, entrega o trofeo a alcaldesa da Coruña, Inés Rey / @RAULFC_FILM

O Dépor ABANCA recibe a Torre de Hércules que acredita As Nosas como campioas do XI Teresa Herrera, entrega o trofeo a alcaldesa da Coruña, Inés Rey / @RAULFC_FILM

327
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Dous goles outorgan ao Dépor ABANCA a súa cuarta Torre de Hércules de prata. As Nosas venceron o XI Trofeo Teresa Herrera ao vencer 2-0 ao Deportivo Alavés Gloriosas no Estadio de Riazor.

Once inicial do Dépor ABANCA no XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM
Once inicial do Dépor ABANCA no XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM

Logo un arranque do máis convencional, cos dous equipos mirando con coidado que plantexamento tiña o rival, e co Dépor ABANCA artellando un xogo combinativo construíndo as chegadas desde atrás, abriuse o marcador coa primeira chegada clara do equipo que adestra Irene Ferreras. Foi froito dunha chegada pola dereita de Cris Martínez. O centro non chegou a rematarse con xeito, pero o rexeitamento caeulle aos pés a Paula Gutiérrez que non dubidou en empurrar o esférico ao fondo das mallas da portaría defendiada por Jana Xin. Abría a lata aos 10 minutos de xogo do conxunto local (1-0).

Carlota Sánchez, futbolista do Dépor ABANCA, en Riazor durante o Teresa Herrera 2023 / @RAULFC_FILM
Carlota Sánchez, futbolista do Dépor ABANCA, en Riazor durante o Teresa Herrera 2023 / @RAULFC_FILM

O papel desta futbolista neste Teresa Herrera levouna a estar un chisco máis adiantada do habitual. En sala de prensa declaraba estar contenta con ese rol que Irene Ferreras lle adxudicou nesta ocasión.

O debuxo deportivista tiña de inicio a Yohana na portaría, con Inés Altamira e Raquel García na última liña como centrais, Clara no lateral esquerdo e Cris Martínez polo dereito. Na medular estaba Henar que tiña a Paula Gutiérrez por diante. No extremo esquerdo estivo a galega Carlota Sánchez. Laurina colocouse no medio campo. Ayaka estivo movéndose cpn liberdade baixando incluso a buscar o balón cando considerou que tocaba. Millene era a xogadora máis adiantada das braquiazuis.

Pouco máis de cinco minutos despois do primeiro gol da tarde foi Laurina que, a pase largo de Millene, disparaba desde fóra da área vendo adiantada a Jana Xin. A cancerbeira do Deportivo Alavés Gloriosas tocaba o xusto para sacar o balón por encima do longueiro.

Cris Martínez, futbolista do Dépor ABANCA, en Riazor durante o Teresa Herrera 2023 / @RAULFC_FILM
Cris Martínez, futbolista do Dépor ABANCA, en Riazor durante o Teresa Herrera 2023 / @RAULFC_FILM

No minuto 17 foi Inés Altamira quen mandou un balón á cepa do poste cun tiro cruzado cando a bancada daba o gol por feito. E como un partido de fútbol non debe ser un monólogo, chegou a quenda das visitantes. No minuto 19 Almudena crea perigo par ao Deportivo Alavés Gloriosas cun tiro cruzado que se vai por fóra.

Carlota Suárez intenta unha internada no 23 e cae na área loitando polo balón cunha rival. A colexiada, a galega Beatriz Cuesta, non considera que houbera falta da defensa sobre a xogadora deportivista.

O Deportivo Alavés Gloriosas exercía nestes minutos unha presión alta á procura de conseguir roubar algún balón que propiciase un contragolpe. Pero pouco ou nada tiña que facer diante do orde da zaga deportivista que non adiantaba as súas filas pese a controlar o marcador e o xogo.

O Dépor ABANCA disputou o XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM
O Dépor ABANCA disputou o XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM

Pasaban os minutos. Seguía mandando o 1-0 no electrónico de Riazor e o Dépor ABANCA mantíñase fiel ao seu xogo construíndo desde atrás sen prisas. A meirante parte do xogo, todo hai que dicilo, tiña lugar neste momento do partido en terreo deportivista. Moita horizontalidade e cero verticalidade na proposta deportivista que tiña a posesión pero non chegaba a crear perigo certo na área rival salvo esas contadas ocasións.

No minuto 29 un tiro desde fóra da área dunha futbolista do Deportivo Alavés Gloriosas peta na escuadra e a piques estivo de sorprender a Yohana. E no 37 Alcorta, tamén para as visitantes, envía un duro disparo outra vez desde fóra da área que unha vez máis está a piques de entrar. O Deportivo Alavés Gloriosas chegaba o xusto e desde lonxe, pero abondo para avisar ao Dépor ABANCA de que o partido estaba aberto.

Carlota Sánchez, futbolista do Dépor ABANCA, en Riazor durante o Teresa Herrera 2023 / @RAULFC_FILM
Carlota Sánchez, futbolista do Dépor ABANCA, en Riazor durante o Teresa Herrera 2023 / @RAULFC_FILM

Pareceu poñerse as pilas en ataque o bloque de futbolistas que adestra Irene Ferreras e nos últimos cinco minutos da primeira metade foi cando máis perigo parecía levar á meta rival. No 40 Laurina manda a pelota a Millene que intenta bater a Jana Xin cun disparo que non fructifica, pero que avisa tamén desde as filas deportivistas. O partido está aberto para ambas as dúas bandas, tanto para as futbolistas que adestra Andrea Esteban, como para as que prepara Irene Ferreras.

Co tempo case consumido, no 44, o Dépor ABANCA bótase máis arriba e empezan a chegar as ocasións. Carlota Sánchez envía un balón aos pés de Millene que volveu contar cunha boa ocasión. Cando mellor estaba xogando o o Dépor ABANCA , a colexiada Beatriz Cuesta asubiaba o camiño de vestiarios para o descanso. As Nosas vencían pola mínima pero apuntaban maneiras.

O Dépor ABANCA fixo rotacións na segunda metade

Fixo cambios no descanso Irene Ferreras e tamén ao longo da segunda metade. Houbo tempo para que tiveran minutos todas as xogadoras, incluídas as tres porteiras.

O primeiro aviso na segunda metade foi de parte das visitantes cun forte disparo que pasou lambendo o longueiro no minuto 58. No 64 coa xogada anulada por fóra de xogo, o Dépor ABANCA enviaba o balón ao fondo das mallas que agora defendía Sofía.

Foi gañando empaque do conxunto deportivista co paso dos minutos atopándose máis cómodo. No minuto 73 Charle habilita o balón para Eva Dios que, ben situada na área pequena, anota con comodidade (2-0). Un pouco máis de aire para as galegas, pero tranquilidade, ningunha. No minuto 79 chegou un remate cándido do Deportivo Alavés Gloriosas que rematou nas mans de Lucía. Non levou perigo pero si lembraba que hai que estar atentas cada minuto do xogo.

Precisamente coa entrada de Eva Dios o Dépor ABANCA gañou verticalidade. Unha das xogadas a balón parado foi froito dun pase da galega á súa compañeira Lía sobre a que cometen falta. Bótabase a falta desde a dereita do ataque deportivista, pero o perigo chegou no rexeite cun disparo a media altura no pico esquerdo da área.

Lía, que regresou este ano ás filas deportivistas, foi outra das xogadoras que lle deu outro aire ao conxunto coruñés neste Teresa Herrera. Movéndose con liberdade a futbolista coruñesa superaba ás rivais no unha para unha desequibrando a favor das branquiazuis. Moita maxia nas botas desta futbolista.

A nota negativa da xornada fixo protagonista novamente a Eva Dios que se retiraba do partido no minuto 86 tocada. Segundo explicaba en rolda de prensa a adestradora Irene Ferreras, quedan pendentes das probas médicas para coñecer o alcance concreto da súa posible lesión.

Avanzaron os minutos e o conxunto branquiazul rematou por facer bo ese 2-0 para proclamarse campión do XI Teresa Herrera feminino. Á celebración uniuse Ainhoa Marín, que debido a súa lesión non puido ser da convocatoria.

Ergueron a Torre de Hércules con orgullo e esforzo as deportivistas ante unhas bancadas que pouco a pouco foron recibindo máis público.

Once inicial do Dépor ABANCA no XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM
Once inicial do Dépor ABANCA no XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM

O Deportivo Alavés Gloriosas recibía unha Torre de Hércules de prata de menor tamaño que as acredita como subcampioas do XI Trofeo Teresa Herrera de futfem. As pupilas de Andrea Esteban volverán este curso 2023-24 á medirse coas deportivistas pero será na competición de Liga na Cidade Deportiva de Abegondo.

Deportivo Alavés Gloriosas, subcampión do XI Trofeo Teresa Herrera de futfem disputado en Riazor en agosto de 2023, entrega o trofeo o concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, Manuel Vázquez / @RAULFC_FILM
Deportivo Alavés Gloriosas, subcampión do XI Trofeo Teresa Herrera de futfem disputado en Riazor en agosto de 2023, entrega o trofeo o concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, Manuel Vázquez / @RAULFC_FILM

FICHA TÉCNICA

2) DÉPOR ABANCA: Yohana, Cris Martínez, Inés Altamira, Raquel García, Clara, Henar, Paula Gutiérrez, Laurina, Ayaka, Carlota e Millene. Saíron nos cambios Lucía (ps), Martina (ps), Samara, Eva Dios, Ana de Teresa, Lía, Charle, Sara, Carmen, Paula Monteagudo e tamén Elena Vázquez.

0) DEPORTIVO ALAVÉS GLORIOSAS: Jana Xin, Pichi, Olga, Pinilla, Herce, Almudena, Judith, Carla Morera, Monente, Lorea e Alcorta. Para os cambios estiveron: Sofía, Da Eira, Alba Aznar, Elene Errasti, Izaro, Laura Moreno,  Aby Monou, Cristina Auñón, Aila e Tores

GOLES: 1-0 (10′ min.) Paula Gutiérrez aproveita un rexeitamento na área. 2-0 (73′ min.) Eva Dios a pase de Charle.

EQUIPO ARBITRAL:  Beatriz Cuesta Arribas, auxiliada por Iria Rosendo González e Lorena Novas Benavides, as tres do Colexio Galego de Árbitros de Fútbol (RFGF).

INCIDENCIAS:  Final do XI Trofeo Teresa Herrera feminino disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR.

O Dépor ABANCA disputou o XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM
O Dépor ABANCA disputou o XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM

 

  • Irene Ferreras: “Gañar o Teresa Herrera era importante, pero tamén facelo como o fixemos”.
  • Paula Gutiérrez: “Obxectivo era sumar minutos, coller sensacións e levarnos o Trofeo Teresa Herrera”
Etiquetas Dépor ABANCADeportivo Alavés GloriosasfútbolIrene FerrerasTeresa Herrera
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.