• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Un empate que deixa ir dous puntos

O resultado de 1-1 colleitado ante o Valencia CF non da alento abondo as branquiazuis na súa loita por manter a categoría

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/04/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Dépor ABANCA vs Valencia CF femenino en Abegondo / RCD

Dépor ABANCA vs Valencia CF femenino en Abegondo / RCD

130
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A necesidade presiona cada vez máis ao Dépor ABANCA.  O conxunto branquiazul empatou esta fin de semana na Cidade Deportiva de Abegondo 1-1 co Valencia CF. As xogadoras que adestra Manu Sánchez viron como dous puntos se lles escapaban do seu feudo. Dous puntos que, a estas alturas da competición, son vitais de cara a manter a categoría.

A fortuna non sorriu ás coruñesas que viron como o Valencia CF empataba un partido no que se tiñan gañado a pulso o trunfo. Unha xogada desgraciada daba ao traste coas aspiracións das galegas que están a ver como cada xornada a permanencia se lles complica máis e máis, por moitos méritos que fagan sobre o tepe.

Un gol de Alba Merino no minuto dous de xogo facía presagiar que a sorte estaría de cara para as coruñesas, pero non. A cántabra Athenea del Castillo internouse polo extremo dereito do ataque deportivista superando por velocidade a Berta Pujadas. O seu centro á área non foi quen de despexalo Kerlly Real e Alba Merino non dubidou para adiantarse e mandar o balón ao fondo das redes defendidas por Enith Salón. 

Primeiro cuarto de hora en #Abegondo no #DéporABANCAVCFFem!#TocaVolverseMollar ⚽️ #UnÚnicoLatido 💙 #razónDÉcorazón pic.twitter.com/xzzk6zP3aC

— RC Deportivo (@RCDeportivo) April 25, 2021

Recibir un tanto tan cedo no minguou os folgos das chés. O Valencia CF non baixou os brazos, o Dépor ABANCA tampouco e o partido entrou nunha fase de xogo na que ambas as dúas escuadras buscaban chegadas combinativas. O resultado foi moito centrocampismo e pouco tempo pisando áreas para as unhas e as otras. So o balón parado levaba perigo ás portarías.

Athenea foi a futbolista con máis mordente entre as branquiazuis. Enviu un pase da morte a Ainoa, que rematou desviado; provocou un saque desde o curruncho que a piques estivo de converter en gol de cabeza Gaby (xa recuperada da súa lesión); e unha falta que lle fixeron no lateral do área tamén estivo a un tris de rematar en gol para o Dépor ABANCA. A pegada da cántabra aparecía en todas a ocasións de perigo deportivistas nesta primeira metade.

Descanso en #Abegondo! Ocasións moi claras de Ainoa, por dúas veces, e Gaby no treito final para ampliar a vantaxe! #DéporABANCAVCFFem 1-0#TocaVolverseMollar ⚽️ #UnÚnicoLatido 💙 #razónDÉcorazón pic.twitter.com/HwhCweFSDs

— RC Deportivo (@RCDeportivo) April 25, 2021

Logo do descanso Athenea del Castillo volveu ás andadas e contra o minuto 50 de xogo provocou unha falta na parte dereita da área do Valencia CF. Alba Merino boutouna e o remate de cabeza de Peke foise por riba do longueiro.

O Dépor recibe o empate

A mala fortuna fixo que un remate coa testa de Cubedo rematase en gol da laranxa logo de que o esférico dese un mal bote debido a auga. Para colmo, o balón fóiselle entre das mans a Sullastres e entrou paseniño na meta herculina.

Co paso dos minutos e a choiva, o terreo de xogo volveuse pesado e o lastre do empate tamén se lle viu enriba ao Dépor ABANCA. Seguírono intentando as branquiazuis pero con menos perigo ca no tempo previo a recibir o tanto valencianista.

A piques de pitarse o final, outra vez a mala sorte freou as deportivistas. Athenea primeiro e Gaby despois, estiveron por marcar, pero os pés da súa compañeira Michelle Romero, no primeiro caso, e Marta Carro no segundo, impediron que o Dépor ABANCA se levase un trunfo que tiña merecido en Abegondo.

O resultado 1-1, coloca ao equipo que adestra Manu Sánchez con 18 puntos, a 5 dos postos que outorgan a permanencia.

Logo do descanso que terán na xornada de luns, as branquiazuis poranse a traballar na preparación do cruce co Madrid CFF, de novo en Abegondo. Será o vindeiro domingo 2 de maio ás 11:30 horas.

Dépor ABANCA en Abegondo / RCD
Dépor ABANCA en Abegondo / RCD

FICHA TÉCNICA

DÉPOR ABANCA: Sullastres, Cris, Blanco, Iris, Villegas, Eva Dios (Michelle Romero, min. 81), Alba Merino, Ainoa, Gaby, Peke (Lady Andrade, min. 77) e Athenea.

VALENCIA CF FEMENINO: Enith, Kerlly (Paula Guerrero, min. 61), Jiménez, Berta Pujadas, Esther (Bea Beltrán, min. 46), Candela Andújar, Anna Torrodà, Marta Carro, Salmi (Anita Marcos, min. 46), Ellen Jansen e Asun (Sandra, min. 75).

GOLES: 1-0 Alba Merino (min. 2); 1-1 Cubedo (min. 70).

ÁRBITRA: Peláez Arnillas (c. castellano-leonés). Cartón amarelo a Salmi (min. 11), Athenea (min. 27), Esther (min. 42), Jiménez (min. 49), Candela Andújar (min. 58) e Bea Beltrán (min. 60).

INCIDENCIAS: partido da 27ª xornada da Primera Iberdrola disputado en Abegondo con asistencia limitada a 150 espectadores debido a la pandemia de COVID-19.

Etiquetas Dépor ABANCAfútbolManu SánchezRC DeportivoRCDValencia CF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.