Liga F fixo públicos os horarios da primeira xornada, na que o Dépor ABANCA recibira na súa casa, no Estadio ABANCA-RIAZOR ao conxunto do FC Badalona Women.
O choque de arranque da competición para As Nosas deportivistas está fixado para o sábado 30 de agosto ás 18:00 horas, retransmitido en directo por Dazn.
Mentres tanto, o Dépor ABANCA atópase inmerso nunha nova semana de pretemporada que concluirá este sábado 16 de agosto ás 21:00 horas no campo de Los Cuartos de La Orotava ante o Costa Adeje Tenerife (21:00 hora galega, 20:00 hora local), co Trofeo Teide en xogo.
As internacionais únense ao Dépor ABANCA
O RC Deportivo ABANCA recibiu onte martes 12 de agosto ás súas dúas últimas internacionais procedentes da Copa América: Michi Apóstol e Espe Pizarro, segundo informa o RC Deportivo.





















