O Dépor ABANCA de Manu Sánchez segue traballando por asegurar a permanencia na Liga Iberdrola e esta fin de semana ten unha cita vital. As deportivistas recibirán ao RCD Espanyol en casa, polo que desde este martes as branquiazuis preparan o choque en Abegondo.
Actualmente as galegas suman 21 puntos e o rival deste sábado suma 24, polo que este encontro será moi determinante na zona da salvación. O Real Betis, con 27 puntos, marca a liña da permanencia na Primera Iberdrola.
As futbolistas do Dépor ABANCA puideron descansar o luns para retomar o céspede na sesión de traballo deste martes. Desde as 16:30 horas as deportivistas prepáranse ás ordes de Sánchez.
Calendario do Dépor ABANCA para esta semana
Todas as sesións de adestramento desta semana terán lugar en horario de tarde. Este é o calendario das branquiazuis:
- Martes 11 de maio, adestramento ás 16:30 horas
- Mércores 12 de maio, adestramento ás 16:30 horas
- Xoves 13 de maio, adestramento ás 17:30 horas
- Venres 14 de maio, adestramento ás 17:30 horas
- Sábado 15 de maio, partido contra o Espanyol ás 16:00 horas