• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

O Dépor ABANCA cae ante o Barcelona no último partido do 2020

As branquiazuis sufriron unha goleada, pero foron un dos dous únicos equipos que lograron marcarlle ás azulgranas | Manu Sánchez: "Estou orgulloso do traballo do equipo" | No encontro Lía, que exerceu de capitá, despediuse do equipo xa que volta a USA

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/12/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Dépor ABANCA - Barcelona / RCD

Dépor ABANCA - Barcelona / RCD

0
COMPARTIDOS
49
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Despois dun 2020 cheo de altibaixos para o Dépor ABANCA, o equipo branquiazul recibía este martes en Abegondo ao FC Barcelona, o mellor equipo da categoría e un dos máis fortes de Europa, para poñer fin ao ano e despedir a competición ata o 2021. Rematou nunha derrota, 1-6, pero que non apaga as boas sensacións das coruñesas.

Como era previsible, as herculinas recibiron unha goleada (1-6), pero o resultado ten unha lectura positiva xa que foron o segundo equipo en lograr marcarlle un gol ás azulgranas esta tempada.

Manu Sánchez: “Facerlle un gol ao Barcelona non é sinxelo”

“Estou orgulloso do traballo do equipo. Penso que traballou arreo os 90 minutos e levamos un premio que é o obxectivo interno que tiñamos. O ano pasado fumos o primeiro equipo que lles marcou gol na tempada e este ano somos o segundo. Facerlle un gol ao Barcelona non é sinxelo”, sinalaba o adestrador herculino, Manu Sánchez.

O Dépor ABANCA faise forte na casa, pero cae ante o líder

Atendendo á traxectoria de ambos equipos, en Abegondo prevíase un festival de goles azulgranas. Finalmente así foi, pero o Barça tivo dificultades para xerar as primeiras ocasións de perigo.

O Dépor ABANCA logrou manter a porteria a cero durante os primeiros vinte minutos de partido e unha única ocasión da catalá Oshoala foi a única ameaza que tivo Noe Bermúdez baixo paos.

Tampouco houbo sorte nos primeiros minutos para as branquiazuis. No 16, Gaby perdeu a ocasión de estrear o marcador ao non chegar a rematar o pase de Athenea tras unha gran acción de índose de ata cinco rivais. Minutos despois, Iris colleu un rechace e pasoulle o balón a Gaby, que tivo outra ocasión que se foi rozando o pao.

Sete minutos sentenciaron o encontro en Abegondo

As deportivistas collían confianza e ritmo, que en seguida víronse freados en seco pola pegada catalá. Sete minutos foron suficientes para sentenciar o partido. No minuto vinte Hermoso abriu a lata de goles para o Barcelona. As visitantes atoparan a fórmula para facerlle dano ao Dépor: centro desde a esquerda e cabezado ao fondo da porteria.

Nos minutos 25 e 27 as azulgranas repetiron a xogada, logrando así dous tantos máis ao seu favor. Pouco antes da pausa polo descanso Aitana logrou o cuarto gol dunha maneira parecida, rematando un pase desde a esquerda. Case chegou o quinto da cabeza de Mariona, pero a gardameta branquiazul foi quen de freala.

Esta táctica pareceu ser a necesaria para que o Barcelona demostrase a súa superioridade no terreo de xogo, xa que a área central estaba ben defendida polas coruñesas e deixaba poucas opcións ao xogo culé.

O gol da honra, de Alba Merino

Tras o paso por vestiarios as visitantes saíron con ganas de rematar o comezado. Bastaron cinco minutos para que Oshoala asinase o quinto gol. Porén, o Dépor mostrouse forte mentalmente e o último que fixo foi baixar os brazos.

Con moito esforzo, o premio para as de Sánchez chegou no minuto 64. Unha gran xogada de Lía permitía que Alba Merino rematase sen dúbidas, asinando o primeiro gol deportivista e o segundo que reciben as catalás en toda a tempada.

Pero o Barcelona aínda tiña máis que dicir e, a case dez minutos do final, Marta Torrejón puxo o sexto e definitivo gol culé. Un 1-6 final que non refrexa o bo facer das deportivista no campo e que da motivos para ser optismistas cara o 2021.

Ata logo de Lía que regresa a Estados Unidos

Este partido, ademais de ser o derradeiro do ano, foi o último de Lía, que marcha aos Estados Unidos a seguir crecendo na súa carreira profesional. Por iso, o adestrador, Manu Sánchez, decidiu outorgarlle o brazalete de capitá e formou parte do once inicial.

“Pensei que sería un bo detalle para ela, que foi unha das que iniciaron este proxecto e agora nos deixa”, declaraba o técnico tras o partido. “Ao final o que consigo é poñela máis nervosa do que xa sae aos partidos, pero foi un detalle bonito. A súa participación no gol foi moi importante, e leva o seu sello de como xoga ela, do mellor que sacamos hoxe”, engadiu.

GRAZAS LÍA por estes meses, por esta segunda etapa como unha d #asnosas. Moita sorte no futuro! #ANosaCasa será sempre a túa.#TocaVolverseMollar ⚽️ #UnÚnicoLatido 💙 #razónDÉcorazón pic.twitter.com/DoinSqm6y6

— RC Deportivo (@RCDeportivo) December 22, 2020

Cambios no once e no sistema

Para este duelo, o adestrador tomou a decisión de fortalecer o centro do campo, en detrimento dos extremos, como intento de frear o xogo do Barcelona. “Cun equipo como o Barcelona tes que descartar zonas.  A idea era descartar as bandas onde elas son superiores e traballan moi ben o dous para un. Asumir que iso o tiñamos perdido e fortalecernos por dentro e buscar dúas interiores que saian ás exteriores e provocar que non nos fixeran dano por dentro”, explicou.

Sobre o rival tamén declarou que “é un equipo que te sorprende con cada iniciativa que leva porque son moi superiores e o executan con nobreza no campo. É un pracer telas aquí en Abegondo, non o é o resultado, pero temos que sufrir”, asegurou.

Manu Sánchez: “Era moi complicado, estamos ante un dos mellores equipos do mundo tranquilamente”

Non conseguiron parar ás rivais, pero “o partido foi o que esperabamos. Era moi complicado, estamos ante un dos mellores equipos do mundo tranquilamente”.

Con todo, o técnico está orgulloso do seu equipo e móstrase optimista cara o que resta de tempada. “Penso que un partido como este non pode levarnos ás vacacións de Nadal con mal sabor de boca. O equipo ven en liña ascendente. Este é un mal trago que tiñamos que pasar e a pensar no que ven”. O Dépor ABANCA volverá ao traballo o próximo 30 de decembro.

FICHA TÉCNICA

DÉPOR ABANCA: Noe Bermúdez, Cris, Ainoa, Stephannie Blanco (Lorena Bedoya, min. 91), Villegas, Iris Arnaiz, Lía (Helena Torres, min. 78), Arbeláez, Gaby, Athenea del Castillo (Michelle Romero, min. 65) e Alba Merino.

FC BARCELONA: Paños, A. Pereira, Ana María Crnogorcevic, Melanie (Leila, min. 63), María León, Oshoala, Patri (Losada, min. 57), Aitana (Alexia, min. 63), J. Hermoso, Mariona (Falcón, min. 77) e Martens (Marta, min. 76).

GOLES: 0-1 (J. Hermoso, min. 20), 0-2 (J. Hermoso, min. 25), 0-3 (Oshoala, min. 27), 0-4 (Aitana, min. 35), 0-5 (Oshoala, min. 50), 1-5 (Alba Merino, min. 64), 1-6 (Marta, min. 78),

ÁRBITRA: Alicia Espinosa Ríos. Amonestó a Helena Torres, do Dépor ABANCA, no minuto 91.

INICIDENCIAS: Partido correspondente á décimo terceira xornada na Primera Iberdrola de fútbol feminino español disputado na Cidade Deportiva de Abegondo ante un centenar de persoas.

Etiquetas Dépor ABANCAFC BarcelonafútbolLíaLiga Iberdrola FútbolManu Sánchez
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Sedes dos cursos adestradora / RFGF

Xa están en marcha 22 cursos de primeiro nivel na Escola de Adestradores da RFGF

por Redacción As Nosas
17/01/2021
0

A labor formativa desempeña un papel extraordinariamente importante dentro da Federación Galega de Fútbol (RFGF), e por extensión no fútbol...

PM Friol / FRIOL

Periga a permanencia do Friol na Reto Iberdrola?

por Carmen G. Mariñas
14/01/2021
0

  Unha tempada irregular estase a traducir en sensacións irregulares para o Peluquería Mixta Friol. As galegas compiten nunha Liga...

A Real Federación Galega de Fútbol repartiu test para detectar a COVID/ FUTGAL

A Federación Galega pon en valor o papel do fútbol no cribado da COVID en Galicia

por Redacción As Nosas
14/01/2021
0

  A Real Federación Galega de Fútbol, e en xeral o fútbol galego,"están a colaborar de maneira directa e decidida...

O Dépor ABANCA volve ao traballo / RCD

O Dépor ABANCA volve á normalidade

por Redacción As Nosas
13/01/2021
0

  A corentena dunha quincena de xogadoras do Dépor ABANCA chega ao seu fin para a maioría. Despois de verse...

José Manuel González, novo adestrador do PM Friol / FRIOL

O Friol xa ten novo adestrador: José Manuel González

por Redacción As Nosas
12/01/2021
0

  Case un mes despois da destitución de Abraham García como técnico do Peluquería Mixta Friol, o equipo lucense xa...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
San Silvestre Pontevedra / SG PONTEVEDRA IG

Máis de mil persoas participaron na edición especial da San Silvestre de Pontevedra

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
San Silvestre Pontevedra / SG PONTEVEDRA IG

Máis de mil persoas participaron na edición especial da San Silvestre de Pontevedra

18/01/2021
A Selección Española, con Pérez e Pampín, no Torneo Internacional Henri Deglane / FEGALOITA

Lydia Pérez e Nerea Pampín, entre as 10 mellores das súas categorías no Torneo Internacional Henri Deglane

18/01/2021
Lino López, adestrador do Baxi Ferrol / WYKAZSZKOWSKI

Lino López: “O equipo necesitaba un partido a este nivel”

18/01/2021
O BAXI Ferrol logrou a 16ª vitoria / BAXI FERROL IG

O BAXI confirma o seu dominio vencendo ao Miralvalle, 92-43

18/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.