• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

O filial do Dépor ABANCA, líder invicto da Primera Nacional Grupo 1 finalizada a primeira volta

O Victoria CF é terceiro, mentres que o Lóstrego CF é sexto, a UD Mos é sétima, o Victoria FC é décimo e o Umia é undécimo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/01/2023
en Primeira División Nacional Fútbol, Fútbol
Dépor ABANCA B / RCD

Dépor ABANCA B / RCD

150
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Media ducia de clubs galegos compiten no Grupo 1 da Primera Nacional do futbol feminino estatal. A competición vén de alcanzar o seu ecuador, a xornada 15ª. O Dépor ABANCA B chega a este punto da liga igual ca o primeiro equipo deportivista, no máis alto da táboa. Botemos unha ollada a como lles foi as deportistas galegas de Primera Nacional ata o de agora.

As xogadoras deportivistas asinan o campionato de inverno no Grupo 1 da Primera Nacional logo de 15 partidos xogados e ningún perdido. O Dépor ABANCA B é líder invicto. Unicamente cederon un empate. Foi na súa visita ao campo das cebras. O cruce co Victoria CF Fem rematou cun 0-0. Foi a primeira xornada. Desde entón, todo triunfos. Levan xa 14 seguidos con varias goleadas incluídas. Por exemplo, o 10-0 ao CD Romanón Fem ou o 7-0 co que remataron os cruces ante o CD Tropezón FEM e Oceja-Gimnástica Fem. 

O Dépor ABANCA B, o máis goleador

Os números do Dépor ABANCA B son para enmarcar. So encaixaron catro tantos, e si, con esa exigua cifra de goles recibidos son o equipo menos goleado do seu grupo. Rozan o pau para selo da categoría. Só a Real Sociedad B é capaz de mellorar ese póker de goles. As de San Sebastián so recibiron tres goles, un menos ca o Dépor ABANCA B.

Na lista de equipos máis goleadores. A efectividade das deportivistas colócaas como o bloque de futbolistas con máis puntería con 59 dianas ante o marco rival neste Grupo 1 da Primera Nacional do fútbol femenino español. Neste apartado tamén teñen como rival á Real Sociedad B pero esta vez gañan as galegas do Dépor ABANCA B xa que as de San Sebastián suman 57 goles, dous menos cas coruñesas.

Kevin Cabado mantense hai anos á fronte do filial branquiazul. As Nosas deportivistas aportan xogadoras ao primeiro equipo que adestra Irene Ferreras. Sen ir máis lonxe no último partido co Granada CF foi convocada a centrocampista Paula Monteagudo. 

O arranque da segunda volta do Dépor ABANCA B será co dérbi herculino coas cebras. Repetiranse as táboas da primeira xornada ou esta vez algún dos dous equipos levará os tres puntos? O partido está previsto para as 11:30 horas do vindeiro domingo 22 na Cidade Deportiva de Abegondo.

As cebras, terceiras

Se as coruñesas do Dépor ABANCA B son líderes, as cebras do Victoria CF están tamén facendo unha gran tempada. As outras herculinas da categoría son terceiras con 32 puntos no seu haber. Suman dez partidos gañados, dous empatados (Dépor ABANCA B e Real Sporting Fem), e só perderon tres veces, contra as asturianas do Real Avilés Fem e as tamén galegas da UD Mos Fem (4-2) e do Lóstrego CF (1-2).

As cebras tiveron un arranque de Liga nada prometedor, perderon co Dépor ABANCA B, coa UD Mos e co Lóstrego, pero a partir da cuarta xornada empezaron a colleitar triunfos e non pararon ata o empate co Real Sporting (1-1) na xornada 12ª. O seguinte partido volveron gañar (0-2 na casa do Gijón Fútbol), e tropezaron na xornada 14ª por primeira vez na súa casa. Foi ante o Real Avilés (0-3).

As futbolistas do Victoria CF Non chegaron a xogar o último partido da primeira volta, que consta gañado por 0-7. O motivo é que o rival era o CD Tropezón, retirado da competición.

Lóstrego CF, sexto

Desde Gondomar, o Lóstrego CF ocupa á sexta praza deste Grupo 1 da Primera División do futfem español. Tras 15 partidos suman 30 puntos. Nove partidos gañados, tres empatados e outros tantos perdidos. Son dos equipos menos goleados do grupo con só 14 goles encaixados. Na conta anotadora conseguiron 29 goles.

O seu arranque de tempada 2022-23 foi cun triunfo a domicilio no campo do Umia CF (0-1). Un empate co Victoria FC (1-1) permitiulles seguir sumando e así seguiron a costa das cebras (1-2) e o Oceja Gimnástica (1-0) ata que o Oviedo Moderno B lles fixo catar o amargor da derrota na quinta xornada (4-1). Sumaron logo as futbolistas do Lóstrego CF ata tres partidos consecutivos perdendo e se reencontraron coa vitoria ao recibir ao Real Avilés en Gondomar.

A goleada máis grande que figura nas súas contas é 0-7 pero é o resultado co CD Tropezón que, como decíamos previamente, se retirou da competición e todos os seus partidos figuran como perdidos por ese marcador. No seu peche da primera volta gañaban 4-0 ao CD Romanón. A segunda volta empézana na casa recibindo ao Umia CF. Será o domingo 22 ás 12:30 horas.

UD Mos, sétima

As xogadoras da UD Mos ocupan a sétima posición na táboa da Primera Nacional Femenina Grupo 1. Suman 25 puntos tras 15 jornadas. Contan en sete os seus triunfos e levan catro empates e outras tantas derrotas.

Comezaron o curso 2022-23 vencendo a domilicio ás compostelás do Vitoria FC (0-1) e gañando no Municipal As Baloutas 4-2 as cebras do Victoria CF. Na terceira xornada, no campo do Oceja Gimnástica Fem chegaría a súa primera derrota (0-1). Na cuarta foi o tempo de catar o sabor dos empates. Visitaba Mos o Oviedo Moderno B que marchou cun punto e un marcador de 1-1.

A partir de aí a UD Mos tivo un pequeno pinchazo de resultados nos que sumou derrotas e empates. O fin a esa serie de resultados adversos chegaba co último partido do ano no que vencían no Municipal As Baloutas por 4-1 ao Parquesol B. Os seguintes partidos tamén os contaron por triunfos. Impuxéronse 0-1 ao CD Romanón e 3-1 ao Umia CF. 

As de Mos suman 28 goles a favor e 18 en contra.

Décimo posto para o Victoria FC e undécimo para o Umia FC

A representación galega na Primera Nacional Femenina Grupo 1 complétase co décimo posto do Victoria FC e o undécimo do Umia FC neste final da primeira volta da liga.

As vermellas do Victoria FC suman 19 puntos tras 15 xornadas. Son froito de seis triunfos, un empate e oito derrotas. Marcaron 25 goles e recibiron 20. Non gañaron ata a terceira xornada, pero logo enlazaron tres triunfos consecutivos. Tras a derrota co Umia CF (2-1), volveron caer noutra serie de malos resultados (tres derrotas). E de novo reencontráronse coa vitoria marcándolle un 0-3 ao Oceja Gimnástica Fem. 

Nos últimos partidos (sen contar a xornada co retirado CD Tropezón) perdía co Sporting (4-0), gañaba ao Gijón Fútbol (1-0) e cedía os tres puntos contra o Real Avilés (4-0) e o Dépor ABANCA B (3-0).

Pola súa parte o Umia FC ten 17 puntos logo de cinco partidos gañados, dous empatados e oito perdidos. Encaixou 25 goles e marcou 23. No arranque da tempada 2022-23 foi colleitando unha de cal e outra de area. Nos últimos partidos leva unha mala serie de resultados. Non vence desde a xornada 9ª cando se impuxo ao Oviedo Moderno B no seu campo. Foi o 12 de novembro de 2022. Desde esa data non volveu puntuar (a excepción do 0-7 por retirada do CD Tropezón).

As última derrotas foron na Bouza contra o Dépor ABANCA B (0-2) e en Mos (3-1)

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Umia Club de Fútbol (@umiacf)

O seu próximo partido volve ser contra dun conxunto galego. Xogan no campo do Lóstrego CF o vindeiro domingo 22 de xaneiro a partir das 12:30 horas.

Etiquetas Dépor ABANCA BfútbolLóstrego CFPrimera NacionalUD MosUmia CFVictoria CFVictoria FC
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.