O Deportivo ABANCA coñecerá mañá venres 15 de outubro a partir das 13:00 horas o seu rival na segunda eliminatoria de Copa de S.M. a Raíña, segundo o sorteo que se realizará na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid), sede da RFEF. Do mesmo xeito que a primeira eliminatoria, será a partido único o 10 ou 11 de novembro.
O sorteo emparellará aos equipos de inferior categoría cos de maior categoría que superasen a primeira eliminatoria. Cando non se poida dar o caso enfrontaranse entre si os de maior categoría.
No caso de que o emparellamento sexa entre clubs de maior e menor categoría, o partido xogarase no campo do equipo pertencente a unha división menor, sempre que se cumpran os requisitos mínimos establecidos pola RFEF.
En caso de dous equipos da mesma categoría, o encontro celebrarase no campo dos clubs cuxa bóla fose extraída en primeiro lugar.
Os posibles rivais do Deportivo ABANCA son os seguintes:
- Córdoba CF
- SE AEM CD
- Juan Grande Ginelux
- Zaragoza CFF
- Granada CF
- Alhama CF
- Peluquería Mixta Friol
- Cacereño Femenino
- CD Santa Teresa
- Málaga CF
- RCD Espanyol
- CDE Racing Féminas
- CDEF Logroño
- FF La Solana
- Real Oviedo Femenino
Na primeira eliminatoria, disputada o pasado mércores 6 de outubro, o Dépor ABANCA eliminou ao Pozuelo CF cun rotundo marcador de 1-9, con goles de Paula Gutiérrez -2-, Carlota, Inés Altamira, Adule, María Ruiz -2-, Aroa Guerra e Ainhoa Marín.