• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Máis fútbol

O Dépor ABANCA B adxudícase o VIII Teresa Herrera ante o Victoria CF

As Cebras e As Nosas tiveron que dirimir o trofeo desde o punto de penalti

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/12/2020
en Máis fútbol, Fútbol
Dépor ABANCA B celebra gañar o VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Dépor ABANCA B celebra gañar o VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

1
COMPARTIDOS
73
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Dépor ABANCA B e o Victoria CF disputaron a oitava edición do Trofeo Teresa Herrera de fútbol feminino que organizan cada ano o Concello da Coruña e o RC Deportivo. As Nosas deportivistas e as Cebras empataron 1-1 no tempo regulamentado e tiveron que xogarse o torneo desde os 11 metros. O triunfo caeu finalmente do lado das branquiazuis que na quenda de penaltis impuxéronse por 5-3.

O trofeo Teresa Herrera mudou a calor de agosto e as festas de verán da cidade da Coruña, polo frío e a choiva do inverno e o tempo de Nadal. Pero a pandemia de COVID-19 non puido co veterano trofeo de fútbol herculino que mudou de data pero non se deixou tumbar polo coronavirus.

Así, o Teresa Herrera alcanzaba hoxe, domingo 20 de decembro de 2020, a súa 75 edición a pesar das restriccións de aforo nos eventos deportivos, dos peches perimetrais e dos protocolos de protección que non baixaron a guardia nesta cita deportiva. O torneo decano dos amigables venceu á COVID-19 nunha xornada de fútbol atípica en Riazor.

Ao mediodía disputouse a final masculina, que enfrontou ao RC Deportivo con un combinado de xogadores de fútbol modesto con triunfo 6-0 para o equipo que adestra Fernando Vázquez. Mentres que pola tarde disputouse a final feminina entre o RC Deportivo Abanca B e o Victoria C.F. No caso das féminas o torneo chega a súa 8ª edición. O triunfo foi para as deportivistas.

Dépor ABANCA B e Victoria CF no VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
Dépor ABANCA B e Victoria CF no VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Abría o marcador no minuto 45, xusto antes de pór rumbo á vestiarios o Dépor ABANCA por  medio de Eva Dios (1-0). No minuto 87, cando xa o partido morría, chegou o tanto das Cebras. O Victoria CF anotaba por medio de Gara e obrigaba aos dous equipos coruñesas a xogarse o VIII Teresa Herrera na lotaría dos penaltis.

O conxunto deportivista mandou sobre o tepe de Riazor na primeira metade. Antes de chegar ao minuto 30 de partido xa contaran con ocasións futbolistas como Aroa Guerra, Lucía, Eva Dios e Marta Rico. Ao Victoria CF custáballe levar perigo á área rival, pero contou cunha boa oportunidade nas botas de Tati que case marca cunha vaselina. O seu disparo rematou por quedarselle curto e atallouno a gardamallas deportivista Jessi.

Dépor ABANCA B e Victoria CF no VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
Dépor ABANCA B e Victoria CF no VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Xustamente unha vaselina foi o tipo de disparo polo que optou a branquiazul Eva Dios cando xa estaba disputándose o tempo engadido da primeira metade. O resultado do seu tiro foi o 1-0 para o Dépor ABANCA, un tanteo co que as futbolistas porían rumbo a vestiarios. O pase dérallo Aroa Guerra.

Non mudou moito o guión na segunda metade. Dominio deportivista e boas actuacións da cancerbeira do Victoria CF, Clara. A choiva foi a gran protagonista deste segundo periodo no que futbolistas e terreo de xogo sufrían á par por mor das inclemencias meteorolóxicas.

Un cuarto de hora para o asubío final do #DéporABANCABVictoriaCF polo VIII #TeresaHerrera en #ABANCARIAZOR! pic.twitter.com/1DmPCRnqw7

— RC Deportivo (@RCDeportivo) December 20, 2020

Como sucedera na primeira metade o gol chegou na segunda ao borde de rematar o período. Desta volta no 87 e para as cebras. O tiro foi de Gara que disparou desde lonxe tocando o esférico nunha defensa e descolocando completamente a Jessi que no puido máis que mirar como a pelota se introducía na súa portaría (1-1).

Con ese resultado chegouse ao final dos 90 minutos polo que o VIII Teresa Herrera tivo que decidirse desde o punto de penalti. Andrea Ansede marcou para o Dépor e Jessi detivo o primeiro tiro do Victoria CF, obra de Andra. O resto dos disparos remataron en gol polo que o Dépor ABANCA B levouse o triunfo na quenda de penaltis por 5-3.

O #DéporABANCAB, campión do VIII #TeresaHerrera en #ABANCARIAZOR, ao impoñerse na quenda de penaltis por 5-3! #DéporABANCABVictoriaCF pic.twitter.com/QGFFSrS08k

— RC Deportivo (@RCDeportivo) December 20, 2020

O filial blanquiazul súmase no palmarés do Teresa Herrera de fútbol feminino ao Victoria CF (2013 e 2014), Rayo Vallecano (2015), RC Deportivo ABANCA (2016), Athletic Club (2017 e 2018) e UD Granadilla Tenerife (2019).

 

1 de 8
- +
Dépor ABANCA B celebra gañar o VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
O Dépor ABANCA B recolle trofeo de gañador do VIII Trofeo Teresa Herrera en Riazor coa presencia da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez / CONCELLO DA CORUÑA
Dépor ABANCA B celebra gañar o VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
O Victoria CF recolle trofeo de subcampión do VIII Trofeo Teresa Herrera en Riazor coa presencia da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez / CONCELLO DA CORUÑA
Victoria CF no VIII Trofeo Teresa Herrera en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
Dépor ABANCA B e Victoria CF no VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
Dépor ABANCA B e Victoria CF no VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
Dépor ABANCA B e Victoria CF posan ao final do VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez / CONCELLO DA CORUÑA

O Teresa Herrera retoma o seu fin solidario

A alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, acompañada da concelleira de Deportes, Mónica Martínez, e do edil de Relacións Institucionais, Juan Ignacio Borrego, presidiu o 75 Trofeo Teresa Herrera de Fútbol, que nesta edición diferente derivada da pandemia regresou a súas orixes solidarias, axudándolles ás entidades benéficas e homenaxeando o fútbol modesto.

Os fondos recadados hoxe destinaranse ao Proxecto Convivindo, da Fundación Amigó, un servizo gratuíto que pretende darlles unha resposta especializada a aquelas familias que se atopan en situacións de conflito e en risco de exclusión social.

A alcaldesa, Inés Rey, entregoulles ás e aos participantes unha Torre de Hércules  de Sargadelos ao remate dos encontros, tanto no partido masculino coma no feminino.

Dépor ABANCA B e Victoria CF posan ao final do VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez / CONCELLO DA CORUÑA
Dépor ABANCA B e Victoria CF posan ao final do VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña explicaba que con esta celebración acada “os dous principais obxectivos, como son manter a celebración do torneo de fútbol a pesar da crise sanitaria, aínda que nunha data pouco común, e ao mesmo tempo, respectar a finalidade benéfica coa que naceu o trofeo que leva o nome da benefactora Teresa Herrera”. O Concello xa anunciou hai uns días que destinará “o aforro derivado do gasto do tradicional trofeo a gasto social, tan necesario nestas datas para reforzar o escudo social e loitar contra a crise sanitaria derivada da pandemia”.

FICHA TÉCNICA

RC DEPORTIVO ABANCA B: Jessi, Patri López, Sara, María Figueroa (Paula, min. 80), Navia (Laura Rivas, min. 57), Nuria Torres, Marta Rico (Lara, min. 70), Tati (María Calvo, min. 63), Eva Dios (Andrea Ansede, min. 83), Lucía (Carlota, min. 46) y Aroa Guerra (Carmen, min. 80).

VICTORIA CF: Clara (Antía, min. 70), Sofi (Silvia, min. 30) (Iria, min. 46), Tati (Sandra, min. 70), Toro (Ana, min. 46), Miga (Teso, min. 70), Paloma (Leo, min. 46) (Carlita, min. 70), Andrea Merino (Gara, min. 46), Laura Souto (Lau, min. 46), Ceti (Bita, min. 70), Alba García (Charín, min. 35) y María (Andrea, min. 46).

GOLES: 1-0 Eva Dios (min. 45+1); 1-1 Gara (min. 87).

QUENDA DE PENALTIS: Andrea Ansede (gol, 1-0); Andrea (para Jessi); Nuria Torres (gol, 2-0); Ana (gol, 2-1); Carmen (gol, 3-1); Iria (gol, 3-2); Laura Rivas (gol, 4-2); Lau (gol, 4-3); Carlota (gol, 5-3).

ÁRBITRO: Eugenia Gil Soriano do Colexio Galego de Árbitros, amonestou con cartón amarelo ás futbolistas Marta Rico (min. 21), Lucía (min. 29) e Leo (min. 67).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á VIII Edición do Trofeo Teresa Herrera de Fútbol Femenino disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR con aforo limitado a 1.000 espectadores debido ás restriccións froito da pandemia de COVID-19 que vivimos.

Etiquetas DéporDépor ABANCA BfútbolRC DeportivoRiazorTeresa HerreraVictoria CF
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Balón de fútbol / SABELA MOSCOSO

Ao paralizarse a competición suspéndese o sorteo dos calendarios no fútbol galego

por Redacción As Nosas
20/01/2021
0

  A Real Federación Galega de Fútboll emitiu un comunicado oficial sobre a suspensión por parte da Xunta de Galicia...

Dépor ABANCA / RCD

Adiado o encontro entre o Dépor ABANCA e Sporting Huelva

por Redacción As Nosas
20/01/2021
0

  As futbolistas do Dépor ABANCA suman outro partido aprazado ao seu calendario competitivo. A 17ª xornada da Liga Iberdrola,...

Partido entre o Lóstrego e o Rosalía / EFF Rosalía

Gabi Couñago (Lóstrego): “Logo de máis de 10 meses sen competir era un partido para gozar”

por Redacción As Nosas
18/01/2021
0

  O pasado domingo, 17 de xaneiro, o balón botou a rodar en Chaín no debut do Lóstrego CF sobre...

Sedes dos cursos adestradora / RFGF

Xa están en marcha 22 cursos de primeiro nivel na Escola de Adestradores da RFGF

por Redacción As Nosas
17/01/2021
0

A labor formativa desempeña un papel extraordinariamente importante dentro da Federación Galega de Fútbol (RFGF), e por extensión no fútbol...

PM Friol / FRIOL

Periga a permanencia do Friol na Reto Iberdrola?

por Carmen G. Mariñas
14/01/2021
0

  Unha tempada irregular estase a traducir en sensacións irregulares para o Peluquería Mixta Friol. As galegas compiten nunha Liga...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Xogadoras do Celta Zorka Recalvi / CELTA TW

Dúas xogadoras do Celta dan positivo en COVID-19

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Xogadoras do Celta Zorka Recalvi / CELTA TW

Dúas xogadoras do Celta dan positivo en COVID-19

21/01/2021
Cidade de As Burgas

O Cidade de As Burgas será o único galego que dispute a undécima xornada

21/01/2021
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO

Un positivo no Ourense Envialia obriga a confinar a todo o equipo

21/01/2021
Celta vs Rosalía / ROSALÍA FEDESA

Cortegada e Celta cítanse en Vilagarcía

21/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.