• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga F

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

Na recta final da segunda metade o conxunto branquiazul conseguiu mandar no tepe de Riazor | Diante da meta rival, unha vez máis, o tino e as ideas correron por conta da catalá Ainhoa Marín

Silvia Carregal por Silvia Carregal
06/12/2025
en Fútbol, Liga F
As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

42
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Na volta de Irene Ferreras a Riazor o Dépor ABANCA acadaba un valioso triunfo por un tanteo de 2-0 que lle da aire nunha situación que por momentos preocupa. Sobre todo no xogo, que no conxunto deportivista non remata de carburar e que, desta volta, si funcionou.

Tardou en arrancar o equipo deportivista para amosar a súa pegada. Non foi ata mediada a segunda parte, pese a que fora por diante no marcador desde a primeira.

O xogo nos primeiros 45 e no arranque da segunda foi máis para Granada CF, pero chegou o momento no que saltou a faisca e as galegas empezaron a manexar os tempos, a facerse coa posesión e a decidir o ritmo de xogo. Xogaron con cabeza e o fútbol fixo o resto. Foron os mellores minutos de xogo do Dépor ABANCA no que vai de tempada na Liga F. A recompesa: tres puntos no peto que valen ouro e dan tranquilidade ás galegas.

Logo do parón FIFAo Dépor ABANCA afrontaba o reto de facerse cos tres puntos diante da súa afición e dar unha boa imaxe diante dun rival complicado que aspiraba a respirar máis tranquilo nunha zona cómoda da táboa clasificatoria da Liga F.

Para sorpresa de ninguén o marcador abriuno Ainhoa Marín e fíxoo nun momento crucial do encontro, ao filo do descanso. Contra do minuto 42 anotaba o 1-0 Ainhoa Marín. A futbolista do Dépor ABANCA encarou portaría e mandou no seu primeiro disparo o esférico ao pau. Ela mesma recolleu o rexeite e rematou o traballo marcando o gol que abría o marcador no electrónico do Estadio Municipal ABANCA-Riazor. A xogada, na linde de cumplirse o tempo da primeira metada, foi un aire para as branquiazuis de cara a poñer camiño a vestiarios. Gol psicolóxico que daba folgos ás galegas de cara á segunda metade.

Inês Pereira salvaba o empate do Granada CF no arranque da segunda metade cando o tiro dunha falta foi camiño da cepa do pau dereito da meta defendida pola lusa. A cancerbeira do equipo herculino despexaba o balón e gañaba o aplauso dunha grada que sabe do valor na portaría da gardamallas portuguesa. Un auténtico  seguro de vida nun posto chave.

O Dépor ABANCA amosa a súa mellor faciana

No arranque da segunda metade o Granada CF volcouse en atacar ao Dépor ABANCA. Súa foi a posesión, a iniciativa e as ocasións, non moitas, pero suficientes para que o conxunto galego non estivese cómodo cunha vantaxe dun único gol.

Con Samara levantándose logo de recibir un golpe na cara (sen que o equipo arbitral parase o xogo cando o protocolo indica que cun golpe na cabeza debera deterse), chegou a xogada de maior perigo do Dépor ABANCA ata ese momento. Corría o minuto 60 cando Ainhoa Marín iniciaba un contragolpe pola dereita, quedábase con dúas contrarias e envía o esférico á esquerda por onde entraba Millene Cabral que intenta furar á porta rival por medio dun disparo con efecto, pero o seu tiro foise por fóra dos tres paus.

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski
Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Pouco tempo para lamentarse xa que na seguinte xogada chegaría o segundo tanto do Dépor ABANCA. Foi no minuto 63 e novamente a autora do tanto foi a futbolista catalá Ainhoa Marín. A deportivista aproveitaba un erro defensivo da zaga visitante. Facíase co balón con viveza e avanzaba cara a porta coa verticalidade que a caracteriza. O seu disparo foi un tiro cruzado axustado ao pau longo e anota o segundo 2-0 para o conxunto galego. Eficiencia máxima a dunha futbolista crucial que é o picante de todas as salsas no ataque deportivista e que transformou unha alta porcentaxe das súas chegadas á meta rival en ocasións de gol.

Chegados ao minuto 69 unha vez máis a dupla conformada por Ainhoa Marín e Millene Cabral son as que levan o perigo á meta rival. Desta volta o disparo de Millene non viu porta, pero o Granada CF sufría coas chegadas do Dépor ABANCA.

O conxunto deportivista empezou a gustarse e tivo neses minutos o que sería a posesión máis longa ata ese momento do partido e, á postre, de todo o encontro. As branquiazúis sentíanse ceibes de presas, manexando a pelota con calma. Tocando o esférico con criterio e facendo correr ao Granada CF. Así, sen estress, e seguras de controlar o encontro, amosaron a súa mellor versión.

Dépor ABANCA vs Granada CF en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski
Dépor ABANCA vs Granada CF en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

No minuto 75 Millene controla con calidade un envío, baixaba o balón, aínda que finalmente remata por fóra da portaría rival, pero con perigo.

Así, si. Contando co control da redonda, manexando os tempos e sabendo que poden ser capaces de todo se cren en si mesmas e nas súas capacidades. Carburando coma un equipo. Pensando en bloque e movendo a redonda con criterio. Sen apresurarse e pensando antes de recibir o balón onde o queres mandar. Este Dépor si gusta.

De feito, foron posiblemente os mellores minutos do Dépor ABANCA en Riazor no que levamos de Liga F 25-26. As ocasións foron chegando e caendo, por que cando o fútbol fai acto de presencia as ocasións acaban aparecendo.

No tempo engadido aínda houbo tempo para un susto cun disparo ao pau do Granada CF, pero no chegou o sangue ao río.

Triunfo por 2-0 con tres puntos de ouro para o peto no equipo que adestra Fran Alonso. Con este resultado o Dépor ABANCA sube un posto na táboa da Liga F (do 13 ao 12) e colócase xusto por detrás do seu rival desta 13.ª xornada da competición. Hai un empate a 13 puntos do posto 8.º ao 12.º que ocupa o conxunto deportivista. Aínda que o RCD Espanyol (8.º), o FC Badalona Women (9.º) e o Athletic Club (10.º) teñen que disputar os seus partidos esta fin de semana.

A Real Sociedad de Fútbol é o próximo rival na Liga F Moeve para ás Nosas deportivistas. O cruce está marcado para o 14 de decembro ás 12:00 h nas Instalacións de Zubieta.

O seguinte chanzo para o Granada CF será recibir a visita do Real Madrid o vindeiro sábado 13 de decembro ás 12:00 h.

FICHA TÉCNICA

2) RC DEPORTIVO ABANCA: Inês Pereira; Samara, Vera, Raquel, Barth, Paula Novo (Cavanagh, m.89); Redru (Lía, m.67), Paula Gutiérrez (Artero, m.89), Lucía Martínez; Millene (Marisa, m.80), Ainhoa Marín.

0) GRANADA CF: Laura Sánchez; Manoly, Alba Pérez, Blanca (Solvoll, m.74), Yoli (Clara, m.81), Postigo; Ari Mingueza 0( (Andrea Gómez, m.81), Leles, Lauri; Laura Pérez, Barquero (Keefe, m.56).

GOLES : 1-0, m.43: Ainhoa Marín. 2-0, m.65: Ainhoa Marín.

EQUIPO ARBITRAL: Elisabeth Calvo (c. madrileño). Amonestó con tarjeta amarilla a Leles (m.34), a Yoli (m.48) y a Alba Pérez (m. 56) del Granada.

INCIDENCIAS: Partido correspondiente á 13.ª xornada da Liga F disputado no Estadio Municipal ABANCA-Riazor coa presenza de 753 espectadores na bancada de Preferencia. Irene Ferreras, ex adestradora deportivista recibiu o aplauso da afección local que ao remate do encontro coreou o seu nome. A técnica, agora á fronte do banco do Granada CF, achegouse a devolver o cariño e os aplausos ao público facendo un aceno de apertas cara á afección deportivista que garda dela un grato recordo que, polas verbas da adestradora nas entrevistas concedidas na última semana, é mutuo. Antes do inicio do partido Millene Cabral recibiu unha camiseta conmemorando so seus 100 partidos co RC Deportivo ABANCA.

 

1 de 2
- +
As futbolistas do Dépor ABANCA apertan a Irene Ferreras, quen fora a súa adestradora no pasado, ao finalizar o partido co Granada equipo que adestra agora a técnica madrileña / SABELA MOSCOSO
Irene Ferreras devolve o aplauso ao público de Riazor á sua volta ao templo deportivista, esta vez dirxindo o banco do Granada CF / SABELA MOSCOSO
Etiquetas Ainhoa MarínDépor ABANCAFran AlonsofútbolIrene FerrerasMillene Cabral
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.