• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

O Dépor ABANCA leva do décimo Teresa Herrera na quenda de penaltis ante o FC Famalicão

As coruñesas empataron coas lusas 2-2 e o trofeo decidiuse desde os 11 metros

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/08/2022
en Fútbol, Máis fútbol
Dépor ABANCA, gañador do X Trofeo Teresa Herrera / RCD

Dépor ABANCA, gañador do X Trofeo Teresa Herrera / RCD

198
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Dépor ABANCA conquistou o seu segundo Trofeo Teresa Herrera. A cita, que este ano cumpría a súa décima edición, dirimiuse na quenda de penaltis. No tempo de xogo Dépor ABANCA e FC Famalicão empataron a dous goles (2-2). As lusas chegaron ao descanso con dous goles de vantaxe, pero o conxunto que adestra Irene Ferreras remontou ata igualar a contenda no segundo acto.

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, no banco de Riazor / RCD
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, no banco de Riazor / RCD

O conxunto portugués estivo practicamente pleno de acerto no primeiro tempo. Máis en concreto, no primeiro cuarto de encontro. Aos 6 minutos, a central Inês Maia abriu o marcador nunha falta colgada á área, após quedar o balón solto e remachar a porta baleira. No 21, unha acción trenzada do ataque portugués que a finalizou Carol con calidade, practicamente sen oposición.

Entre medias, o Dépor ABANCA unicamente creou perigo no minuto 17, despois dunha gran manobra de Millene que á media volta lanzou en profundidade pola dereita a Eva Dios, cuxo dereitazo cruzado xa dentro da área cortouno cruzándose Raquel Infante.

O cuarto de hora final rexistrou un maior dominio branquiazul, traducido en varias boas oportunidades para recortar distancias. No minuto 34, unha boa xogada ao primeiro toque acabou cun balón ao oco de Eva Dios para Millene. A brasileira buscou a Charle, soa no segundo pau, pero atopouse por dúas veces coas pernas de Raquel Infante, a segunda delas desviando a saque de esquina.

No minuto 39, un centro-chut de Charle desde a dereita saíu rozando o traveseiro. No tempo engadido, un contragolpe conducido por Millene concluíuno a nova dianteira deportivista cun dereitazo buscando o recanto contrario, que non atopou por pouco.

A segunda metade tivo no Dépor ABANCA o seu gran dominador. No minuto 50, Ainhoa Marín dispuxo dun dobre remate desde o bordo da área despois dunha veloz internada polo extremo esquerdo. O primeiro disparo foi rexeitado por unha defensa; o segundo, atrapado pola gardameta. No minuto 60 chegou o 1-2, nun centro perfecto de Millene desde a dereita que cabeceou Paula Gutiérrez ao fondo das mallas.

Dous minutos despois, unha gran acción de Charle, un contra un ante a lateral dereita lusa, concluíu cun potente zurdazo que se marchou moi preto do pau esquerdo da portería visitante. O empate chegou no minuto 73, cando Inés Altamira remachou un balón solto na área pequena após un córner lanzado por Paula Gutiérrez. Nos minutos finais tentárono con moitas ganas as branquiazuis, pero o trofeo tivo que acabar resolvéndose na quenda de penaltis.

Na morte súbita, Lucía erixiuse na gran protagonista, ao parar o primeiro lanzamento portugués, obra de Tipa. As deportivistas estiveron plena de acerto e Ainhoa Marín, elixida mellor xogadora do partido, anotou a pena máxima definitiva.

Palmarés do Teresa Herrera

Deste xeito, o palmarés do Trofeo Teresa Herrera Feminino que forma parte das Festas de María Pita do Concello da Coruña, queda liderado por Victoria CF, Athletic Club e Deportivo ABANCA, con dous títulos cada un. Cun éxito figuran os seguintes equipos: Rayo Vallecano, UD Granadilla Tenerife, Dépor ABANCA B e Valadares Gaia FC.

FICHA TÉCNICA

2) RC DEPORTIVO ABANCA: Yohana (Lucía, min. 46), Cris Martínez, Inés Altamira, Raquel García, Paula Novo (Lorena Reina, min. 46), Henar, Paula Gutiérrez, Ainhoa Marín, Charle, Eva Dios (Letti, min. 57) e Millene (Carlota Suárez, min. 70).

2) FC FAMALICãO: Aline, Babi, Inês Maia, Raquel Infante (Laís Araújo, min. 75), Regina (Campino, min. 67), Letícia (Miller, min. 67), Tipa, Pati, Sisi, Marie Yasmine Alidou (Luana Theodoro, min. 75) e Carol (Duarte, min. 54).

GOLES: 0-1 Inês Maia (min. 6); 0-2 Carol (min. 21); 1-2 Paula Gutiérrez (min. 60); 2-2 Inés Altamira (min. 73).

QUENDA DE PENALTIS:

  • Inés Altamira (1-0)
  • Tipa (para Lucía, 1-0)
  • Paula Gutiérrez (2-0)
  • Laís Araújo (2-1)
  • Letti (3-1)
  • Sisi (3-2)
  • Carlota Suárez (4-2)
  • Inês Maia (4-3)
  • Ainhoa Marín (5-3)

EQUIPO ARBITRAL: Beatriz Cuesta Arribas (colexio galego). Amosou cartón amarelo as xogadoras: Aline (min. 72) e Campino (min. 78).

INCIDENCIAS: Partido correspondente ao X Trofeo Teresa Herrera feminino do Concello da Coruña disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante ao redor dun milleiro de espectadores. A deportivista Ainhoa Marín recibiu o Trofeo Estrella Galicia á mellor xogadora do partido.

Equipo arbitral do X Trofeo Teresa Herrera / RCD
Equipo arbitral do X Trofeo Teresa Herrera / RCD
Etiquetas Ainhoa MarínBeatriz Cuesta ArribasDépor ABANCAFC FamalicãofútbolIrene FerrerasRiazorTeresa Herrera
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.