A natación galega terá triple representación co Equipo Nacional en Amberes. As nadadoras María de Valdés Álvarez, do C.N. Liceo, Paula Otero Fernández, do C.N. Arteixo, e Carla Carrón Muiña, do C.N. Arzúa, están covocadas para participar na Flanders Swimming Cup que se disputa es días 22 e 23 de xaneiro.
Esta será a primeira competición internacional do 2022 para o conxunto estatal, que viaxa á cidade belga con preto dunha trintena de deportistas absolutas e júniors. O torneo servirá ademais como preparación para o Open de Primavera que se celebrará en Málaga en abril.
María de Valdés e Paula Otero, como integrantes do Equipo Nacional Absoluto, participan nas probas de 400 libre, 800 libre e 400 estilos no caso de María e 200 bolboreta, 200, 400 e 800 libre no caso de Paula.
Xunto a elas, completan o equipo absoluto Marina García, Jimena Pérez, Emma Carrasco, Laura Rodríguez, Ainhoa Campadabal, Alba Herrero, Inés Sancho e Paula Juste nas probas femininas.
Segundo apunta a Federación Galega de Natación, Carla Carrón, que forma parte do Equipo Nacional Júnior, participará en 100, 200, 400 e 800 libre.
Con ela estarán Marta Carmona, Carla Hurtado, Ángela Martínez, Sara Micó e Diana Santamaría.