Daniela Domingos Lopes, coñecida no mundo do fútbol sala como Dany Domingos, é unha das xogadoras que máis anos consecutivos levan formando parte do bloque do equipo feminino do Pescados Rubén Burela. Tras un primeiro ano na tempada 2012/13, a hispano-brasileira se reincoporaba ás filas do conxunto mariñán na tempada 2015/16, sendo partícipe desde entón da mellor época deportiva do noso club.
Desde o Pescados Rubén Burela FS anuncian a renovación da futbolista brasileira “unha renovación que esperemos siga sendo igual de frutífera no deportivo que os últimos anos. Desde a súa chegada ás filas das Guerreiras Laranxas, chegando desde o Clube Atlético Taboão dá Serra brasileiro, Dany Domingos foi partícipe de innumerables logros como 3 Campionatos de Liga (máis outra logrado na tempada 2012/13), 4 Copas de S. M. a Raíña (máis unha quinta lograda na 12/13) e 3 Supercopas”.
O palmarés de Dany Domingos
Con Dany Domingos o equipo tamén se converteu dúas veces en Campioas de Europa, na 4Nations Futsal de Milán en 2019 e na Futsal Women’s European Champions de Lugo en 2021. Ademais, o club foi elixido dous anos consecutivos como o Mellor Equipo Feminino do Mundo nos Futsalplanet Awards.
A pivote tamén demostrou ser unha peza importante na Selección Española de futsalfem e conta con éxitos moi recentes xunto ao equipo nacional español. Este verán celebrou a vitoria na Eurocopa Feminina de Fútbol sala de Portugal.
A renovada unión de Dany Domingos e CD Burela FS “seguro que se traduce nun futuro con máis títulos gañados dentro do 40×20”, apuntan desde o club lucense.