• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O CW Pontevedra fai historia e ascende a Primeira Nacional Feminina

Este bloque de xogadoras ourensás e pontevedresas consegue que un equipo galego ascenda por primeira vez a categoría estatal feminina

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/05/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
O Club Waterpolo Pontevedra ascende a Primeira Nacional / CW PONTEVEDRA

O Club Waterpolo Pontevedra ascende a Primeira Nacional / CW PONTEVEDRA

38
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O equipo feminino do CW Pontevedra, formado por xogadoras pontevedresas e do CW Pavillón Ourense, entrou na historia do waterpolo galego e estatal, logrando o ascenso a Primeira División Nacional Feminina. Trátase dun ascenso histórico, xa que por primeira vez un equipo galego logra ascender a categoría nacional feminina.

Tras conseguir unha contundente vitoria no partido de ida da Fase de Ascenso a Primeira División Nacional Feminina, celebrado o 7 de maio na piscina da Escola Naval Militar de Marín (20-2), o equipo pontevedrés-ourensán viaxou a Murcia coa tranquilidade de levar 18 goles de vantaxe.

Tras unha longa viaxe en autobús o venres 13 (saíndo ás 8:00 de Pontevedra e chegando ás 22:00 h a Murcia), o sábado pola mañá o equipo aproveitou para facer un pouco de turismo pola cidade de Murcia, acompañado de familiares e amigos que non quixeron perderse esta viaxe para facer historia.

O Club Waterpolo Pontevedra ascende a Primeira Nacional / CW PONTEVEDRA
O Club Waterpolo Pontevedra ascende a Primeira Nacional / CW PONTEVEDRA

Ás 16:30 h do sábado 14 de maio comezaba o decisivo partido de volta na piscina de Inacua (Murcia) entre CW Murcia e CW Pontevedra. As visitantes saíron con gran intensidade como no partido de ida, pero con máis confianza e tranquilidade, logrando un primeiro parcial de 1-7.

A partir de aquí todo o equipo foi rotando para que todas puidesen gozar do partido e da experiencia, pero desexando que chegase o final para poder certificar o ansiado ascenso. Tras os 32 minutos de xogo efectivo, o equipo arbitral pitou o final cun marcador favorable ao CW Pontevedra por 4-17.

O Club Waterpolo Pontevedra entra así na Primeira Nacional Feminina de Waterpolo. Histórico!

Un traballo conxunto do CW Pontevedra e o CW Pavillón Ourense

Desde o club salientan o éxito que este fito supón para o waterpolo pontevedrés, ourensán e galego, “froito do gran traballo e esforzo que as 21 mozas que compoñen o equipo fixeron ao longo de toda a tempada”, explican fontes do club.

No Club Waterpolo Pontevedra dedican o ascenso do seu equipo feminino “a todas as persoas que formaron parte do Club Waterpolo Pontevedra e do Club Waterpolo Pavillón Ourense nos case 25 anos de historia de ambos os clubs, nos que moita xente puxo o seu gran de area e sementou as sementes para lograr este gran salto a categoría nacional. O noso agradecemento a quen viaxou co equipo para mostrarlles o seu apoio, e a institucións e empresas que colaboraron para facer posible este obxectivo”.

Despois dunha eliminatoria para que un dos dous equipos lograse o ascenso a Primeira Nacional, houbo foto de grupo para a historia entre CW Pontevedra e Club Waterpolo Murcia. A rivalidade entre ambos os dous equipos quedou na auga e a deportividade estivo por encima de todo.

FICHA TÉCNICA:

4) CW MURCIA: Claudia Kleer, Beira B, Olaya Guillamon, Julia Martínez, Candela Cano, Lucía Monreal (1), Elsa Marhuenda, Sara Pérez (1), Claudia Soler, María Montesinos, Lourdes Conesa (1) e Encarna Muñoz (1).

17) CW PONTEVEDRA: Patri Blanco, Uxía Ferreira (1), María Domínguez (1), María do Olmo, Iria Amoedo, Noa T, María Seara (1), Izaskun Tellería (5), Andrea Fernández, Sabela Guevara, Irene Esteban (5), Andrea Andion (4) e Ali Silva.

PARCIAIS: 1-7, 1-2, 0-7 e 2-1.

EQUIPO ARBITRAL: Carlos Rodilla Álvarez, Daninel Román Macía, Enrique Benedi Tarin.

INCIDENCIAS: Partido disputado no Centro Deportivo Inacua en Murcia.
Consulta aquí a ficha completa do partido.

Etiquetas ascensoClub waterpolo pontevedracw pontevedrawaterpolo
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Club Waterpolo Pontevedra

O Club Waterpolo Pontevedra vence ao colíder (13-11)

por Redacción As Nosas
23/01/2023
0

  As xogadoras do Club Waterpolo Pontevedra deron esta fin de semana un golpe sobre a mesa en toda regra....

Club Waterpolo Pontevedra / CW Pontevedra

Triunfo do Club Waterpolo Pontevedra ante o CNC Alcorcón (7-10)

por Redacción As Nosas
18/01/2023
0

  Despois do parón de liga tras o nadal, o Club Waterpolo Pontevedra comezou este 2023 cunha importante vitoria na...

Club Waterpolo Pontevedra / CW PONTEVEDRA

Primeiros partidos do ano para o Club Waterpolo Pontevedra

por Redacción As Nosas
14/01/2023
0

O Club Waterpolo Pontevedra retoma a competición oficial tras o longo parón do Nadal, con partidos de ligas galegas e...

O equipo do CN Ponteareas ascende á Primeira División estatal de natación / CN PONTEAREAS

Cara e cruz na natación galega, ascenso do CN Ponteareas e descenso do CN Galaico na Primeira División estatal

por Redacción As Nosas
24/12/2022
0

  O CN Ponteareas colle a remuda do CN Galaico como representante galego na Primeira División estatal feminina de natación....

AESE vs Club Waterpolo Pontevedra / WP PONTEVEDRA

Primeira vitoria a domicilio do Club Waterpolo Pontevedra (10-12)

por Redacción As Nosas
06/12/2022
0

  As xogadoras do Club Waterpolo Pontevedra continúan escribindo a historia do waterpolo galego. Desta volta veñen de asinar a...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Cedrón, atleta de Galicia / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Máis dunha trintena de deportistas de Galicia estarán no campionato estatal Sub-23

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
María Cedrón, atleta de Galicia / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Máis dunha trintena de deportistas de Galicia estarán no campionato estatal Sub-23

03/02/2023
Zona de lanzamentos do CGTD de Pontevedra / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

O CGTD de Pontevedra acolle o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos absoluto e Sub-23

03/02/2023
A atleta galega do Club Ourense Atletismo, Carmen Escariz, no Mundial de Marcha por equipos competindo por España nos 20 km, a deportista estará competindo en Ames no autonómico de marcha en ruta / RFEA

Ames, epicentro da marcha galega en ruta

03/02/2023
A Selección Galega no IV Memorial Ángel Sáez de kumite mixto / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE E D.A.

Bronce para Galicia no IV Memorial Ángel Sáez de karate

02/02/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.