• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

As Loitadoras do CV Arenal Emevé vencen no ‘tie break’ ao Avarca Menorca (3-2)

O conxunto lucense chegou a ter en pista, en varios momentos do partido, un sexteto integramente galego con xogadoras da canteira

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/10/2022
en Voleibol, Liga Iberdrola Volei
CV Arenal Emeve vs Avarca Menorca / RFEVB

CV Arenal Emeve vs Avarca Menorca / RFEVB

219
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Ollo a CV Arenal Emevé 2022-23 por que as loitadoras arrincan este curso pisando forte e vencendo con carácter e xogo a todo un Avarca Menorca. Chegouse ao tie break, si. Pero as xogadoras que adestra Manuel Blanco foron por diante nos dous primeiros sets e impediron a remontada das isleñas. Para deixar aínda un mellor sabor de boca, as loitadoras canteirás tiveron un papel decisivo no partido diante das baixas de última hora nas filas lucenses. Primeiro partido e primeiro triunfo 3-2 (25-23, 25-18, 20-25, 14-25 e 16-14) para as galegas.

❤🏐
Arranca a #ligaiberdrolavb
VAMOS LUGO!!!
VAMOS ARENAL!!
VAMOS EMEVÉ!!!
❤💙🏐💪 pic.twitter.com/rtNf3vBB7T

— Arenal Emevé (@cvemevelugo) October 1, 2022

Hai fondo de armario e canteira entre las Loitadoras, iso quedou demostrado neste primeiro partido de Liga Iberdrola no que o CV Arenal Emevé tivo que afrontar varias lesións e última hora. En concreto unha escordadura de nocello de Marcella Amaral e unha lumbalxia no caso de Carolina Camino (que chegou a ter minutos). Así e todo, as xogadoras que adestra o técnico Manuel Blanco foron a polo partido sen medo e prantárolle cara a un dos grandes equipos do campionato estatal: o Avarca Menorca.

No sexteto inicial das lucenses estaban tres xogadoras da canteira que nalgún dos casos non alcanzan a maioría de idade. Así xunto a Sara Folgueira, Lucía Prol e Valentina Galiano, estaban na pista para principiar o partido e a Liga 2022-23 Candela López, Alejandra Pérez e Uxía García.

En fronte, no Avarca Menorca Club Voleibol Ciutadella, xogadoras do nivelazo de Westergaard (máxima anotadora das visitantes con 22 puntos no seu haber), por non falar de Amelia Portero. 

De capitá a capitá disputouse o primeiro set. Un duelo de titáns entre Lucía Prol e Maira Westergaard. O adestrador local, Manuel Blanco, moveu o banco dando entrada a Ainara Burgo e Jimena Fernández Gayoso, saíulle ben a xogada. O primeiro set remataría en trinta minutos cun tanteo de 25-23 para as galegas.

CV Arenal Emeve / RFEVB
CV Arenal Emeve / RFEVB

A asociación entre Lucía Prol, Candela López e Jimena Fernández foi decisiva para que as galegas saísen vitoriosas do segundo set aínda con maior autoridade, en so 26 minutos e cunha vantaxe maior que no primeiro set: 25-18.

Sexteto integramente galego no CV Arenal Emevé

Co partido 2-0 o conxunto que adestra Bep Llorens lanzouse a polo partido con todo. Aguantaron as loitadoras do CV Arenal Emevé o envite das menorquinas e ademais fixérono colocando en pista en varios momentos deste terceiro set a un sexteto integramente galego. Aí estaban, no municipal lucense: Uxía García, Candela, Lucía Prol, Jimena Fernández Gayoso, Ainara Burgo e Carolina Camino.

Pero como diciamos, o Avarca Menorca non estaba disposto a deixar ir o partido nin a vender de saldo a súa derrota. O dúo conformado unha vez máis Westergaard botouse o equipo ao lombo. Mireia Orozco seguiulle o paso. Así, en 29 minutos, o terceiro set caía do lado visitante por un parcial de 20-25. O partido colocábase 2-1.

O Avarca Menorca, decidido a aguantar e loitar ata o último punto, soubo tirar partido dunha serie de erros locais que permitiu ás visitantes adxudicarse o cuarto set con claridade e en so 21 minutos (14-25).

Co 2-2 o partido chegou ao tie break. O CV Arenal Emevé baleirouse e as loitadoras que adestra Manuel Blanco puxeron a vida en cada bóla. En 24 minutos, as galegas adxudicábanse o partido cun tanteo de 16-14. Primeiro triunfo no peto.

FICHA TÉCNICA

3) CV ARENAL EMEVÉ: Candela López, Alejandra Pérez, Uxía García, Sara Folgueira, Lucía Prol e Valentina Galiano – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Eliana González (líbero), Ainara Burgo, Jimena Fernández Gayoso, Carolina Camino, Julia Paradela e Lidia Figueira (líbero).

2) AVARCA MALLORCA CLUB VOLEIBOL CIUTADELLA: Ivone Martínez Villarreal, Wanda Banguero Isajar, Alicia de Blas Jimeno, Maira Westergaard, Carla Jiménez Ruiz e Amelia Portero Losilla – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Patricia Rodríguez Igleisas (líbero), María Barrasa García, Mireia Orozco Andreu, Iva Pejkovic e Mª Assumpta Jofre Guasch (líbero).

PARCIAIS: 25-23 (30 min.), 25-18 (26 min.), 20-25 (29 min.), 14-25 (21 min.) e 16-14 (24 min.).

EQUIPO ARBITRAL: Rubén Sánchez e Diego Rodríguez del Pozo.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada da Liga Iberdrola 2022-23, disputado no Pavillón Municipal de Lugo. Ante unhas 300 persoas aproximadamente.

Jimena Fernández Gayoso: “Tentaremos que esta sexa a liña do equipo na Liga”

Etiquetas Avarca MenorcaBep LlorensCLUB VOLEIBOL CIUTADELLACV Arenal EmevéLoitadorasLucía ProlLugoMANUEL BLANCOMenorcavoleiVoleibol
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O CV Arenal Emevé de Lugo milita na Liga Iberdrola / CV EMEVE IG

Triunfo do CV Arenal Emevé 3-2 ante o CV Sayre

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Na Liga Iberdrola, o CV Arenal Emevé conseguiu unha xustada vitoria por 3-2 ante o CV Sayre Centro C. La...

As xogadoras do CV Zalaeta da SLF2 de voleibol súmanse á campaña NON á Violencia de Xénero da Xunta de Galicia / CV ZALAETA IG

SLF2 | Vitoria do Aceites Abril (3-0) e derrota do CV Zalaeta (0-3)

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Os conxuntos galegos que compiten na Superliga 2 (SLF2) afrontan a tempada dende perspectivas moi diferentes. Aínda que non está...

CV Arenal Emevé vs JCV JAV Olímpico Gran Canaria / RFEVB.COM

Tres sets foron abondo para que o CV Arenal Emevé superase ao Emalsa Gran Canaria

por Redacción As Nosas
26/10/2025
0

O CV Arenal Emevé: de David a un Ciclón que levou por diante ao Goliat Emalsa Gran Canaria. O conxunto...

Aceites Abril Voleyourense vs Madrid Chamberí na SLF2 / VOLEYOURENSE

O Aceites Abril Voleyourense non pode vencer na súa estrea na casa e perde co Madrid Chamberí 0-3

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O Aceites Abril Voleyourense non puido sumar no seu primeiro partido como local da tempada e caeu por 0-3 diante...

CV Zalaeta vs Extremadura Arroyo na SLF2 / RFEV

O Zalaeta agasalla a súa afección cunha rotunda vitoria no seu debut en casa

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Segunda xornada desta nova tempada da Superliga Feminina 2, e segunda vitoria para o equipo que dirixe Jorge Barrero. As...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.