• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

O CV Arenal Emevé dálle a volta ao partido e leva o primeiro triunfo da tempada 25-26 na Liga Iberdrola

As lucenses festexan o San Froilán comenzando a súa andaina ligueira neste curso cunha vitoria loitada e froito da coraxe ante un CV Melilla ao que se impuxeron por 3 sets a 2

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/10/2025
en Voleibol, Liga Iberdrola Volei
CV Arenal Emevé vs CV Melilla / CV EMEVÉ LUGO

CV Arenal Emevé vs CV Melilla / CV EMEVÉ LUGO

221
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • O CV Arenal Emevé cheo de fouteza remonta e logra a primeira vitoria da tempada
  • As loitadoras lucenses dérolle a volta ao partido (3-2: 22-25, 25-23, 21-25, 25-23, 15-10) impulsadas por unha excelsa Amelia Porteiro.

Hai noites nas que un se gaña con suor poder celebrar e desde logo as Loitadoras fixeron méritos máis que suficientes para poder gozar do San Froilán despois do partido.

O equipo que adestra Alberto Chaparro apuntáronse a súa primeira vitoria da tempada despois dunha remontada baseada na coraxe e na que Amelia Porteiro, e Ter Brugge xustificaron a súa condición de fichaxes estrela das lucenses para esta campaña. Coas incógnitas do principio de tempada e como un melón por abrir, así empezou o primeiro set no Municipal.

O certo é que tanto o CV Arenal Emevé como o CV Melilla arrincaron cun índice de acerto moi elevado e xogando a un nivel impropio desta altura da tempada. A alternancia entre ambos os equipos mantívose ata o 7-7, momento no que as norteafricanas subiron un punto máis en defensa e puxéronse por diante. Esa solidez na retagarda e o acerto na recepción foron os factores craves para que o CV Melilla dominase todo o que resto de set.

Con 17-24 e o set case decidido, só un golpe de orgullo das locais cun parcial 5-0 pareceu darlle emoción ao asunto. Mágoa que Heloisa Lacerda devolvese ao Municipal lucense á realidade ao facer o 22-25 e que as visitantes levasen a primeira manga. Poucas veces o estado dunha xogadora pode ser un termómetro tan claro da inercia dun equipo como o foi Ter Brugge no segundo set.

A nerlandesa foi protagonista para o bo e para o malo das Loitadoras no segundo set. Cando a oposta das lucenses estivo desacertada o seu equipo notouno no marcador, perdendo corda, pero cando armou o brazo con acerto as de casa viron aumentar as súas posibilidades de empatar o choque. Foi, en definitiva, unha manga con moitas idas e vindas, unha auténtica montaña rusa, na que os sete puntos que notou Ter Brugge foron clave para que as lucenses fixesen a igualada: 25-23.

Importante, pero non definitivo, o terceiro ía dilucidar se as Loitadoras defendían por completo o seu fortín. Se o CV Melilla levaba a manga faría que as locais cedesen o seu primeiro punto da tempada en casa. Empezaron moito máis enchufadas as visitantes impulsadas por unha Stauton que foi un auténtico pesadelo todo o partido: a americana afundiu todas as bólas ao longo da tarde sen opción a réplica.

Foi un pulso intenso polo que significaba o parcial e ao acerto das melillenses respondía Amelia Porteiro: a almeriense demostrou que nos momentos difíciles nada mellor que recorrer a alguén da súa experiencia.

Pero o acerto da fichaxe estrela das Loitadoras non foi suficiente para contrarrestar a contundencia do CV Melilla desde as puntas. As norteafricanas puxeron o 1-2 ao pechar 21-25 o terceiro set.

A remontada do CV Arenal Emevé

E sen rede fóronse as xogadoras que prepara o técnico Alberto Chaparro a pelexar o cuarto parcial. Gañar para forzar o tie-break ou perder para irse sen carga. Foi unha manga disputadísima, na que cada punto custaba sangue, suor e bágoas, pero as Loitadoras puxeron toda a carne no asador para seguir con vida.

CV Arenal Emevé vs CV Melilla / CV EMEVÉ LUGO
CV Arenal Emevé vs CV Melilla / CV EMEVÉ LUGO

Ao bo facer de Amelia Porteiro, as lucenses sumaron o brazo tenso de Margaría, unha Ter Brugge  inmensa no bloqueo e o protagonismo da nova líbero da casa, Clara Carreira, que fixo mellorar as prestacións locais en defensa. Foi duro, foi disputado, pero o CV Arenal Emevé foi capaz de levar o partido á morte súbita despois de apuntarse por 25-23 o cuarto.

No tie-break as lucenses arrincaron co impulso do que vén remontando e puxéronse pronto 3-0, pero Albero Rodríguez soubo parar o partido cun tempo morto para que o CV Melilla igualase a 3. Volveron estirar o marcador as de casa para chegar ao cambio de campos 8-5.

Nese tira e afrouxa que foi todo o partido, as norteafricanas volveron darlle a volta para poñerse 8-9 e obrigar a  Alberto Chaparro a chamar ás súas á lousa.

E nese frenesí de refachos ao CV Arenal Emevé tocoulle dar o definitivo de man dunha excelsa Olalla González ao saque, que deixou ás súas a só un punto da vitoria. E ese fíxoo unha Osayande, que foi a dona e señora da rede nos últimos sets.

Victoria sufrida para unha Loitadoras que se gañaron con fartura celebrar ao grande o San Froilán.

FICHA TÉCNICA

3) CV ARENAL EMEVÉ: Yasmin Batista, Ter Brugge, María Barrasa, Milena Margaría, Amalia Portero, Tess Clark -Inicial- Marta Llamedo (Líbero), Blanca Jiménez, Irene Osayande, Anjelina Starck, Clara Carreira (Líbero), Olalla González

2) CV MELILLA: Heloisa Lacerda, Lazurenko, Lukasik, Alexandra David, Djuly Bengoechea, Alexandra David, Staunton – Inicial- Almudena Martín (Líbero), Cruzado, Nadal

PARCIAIS: 22-25 (28’), 25-23 (28’), 21-25 (28’), 25-23 (32’), 15-10 (17)

EQUIPO ARBITRAL: Héctor González – Carlos Robles

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada da Liga Iberdrola de voleibol. O encontro xogouse no Pavillón Municipal de Lugo ante 200 seareiras/os.

Etiquetas Alberto ChaparroAmelia PorteiroClara CarreiraCV EmevéCV MelillaTer BruggeVoleibol
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CV Arenal Emevé vs JCV JAV Olímpico Gran Canaria / RFEVB.COM

Tres sets foron abondo para que o CV Arenal Emevé superase ao Emalsa Gran Canaria

por Redacción As Nosas
26/10/2025
0

O CV Arenal Emevé: de David a un Ciclón que levou por diante ao Goliat Emalsa Gran Canaria. O conxunto...

Clara Carreira / CV EMEVÉ

A líbero lucense Clara Carreira renova e consolida o seu posto no primeiro equipo do CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
09/08/2025
0

Internacional en categorías inferiores de España, Clara Carreira debutou en Superliga na segunda metade da pasada tempada con 17 anos...

Marta Llamedo / CV ARENAL EMEVE

A líbero Marta Llamedo reforza ao CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
04/07/2025
0

  Marta Llamedo foi unha das líberos máis valoradas da Superliga 2 e deu o salto a categoría nacional co...

Irene Osayande / CV ARENAL EMEVÉ

Irene Osayande, potencia e personalidade para o centro da rede do CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
01/07/2025
0

  A central Irene Osayande, de 1,91 m e 19 anos, chega desde o OCISA Haro Rioja Vóley tras destacar...

Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

A internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, nova oposta do CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  Con experiencia en ligas tan potentes como a italiana, a polaca ou a romanesa, Anneclaire Ter Brugge chega a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

09/05/2026
Mecalia Atlético Guardés vs Replasa Beti-Onak na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés quítase a espiña do Beti-Onak e avanza a semifinais da Copa (23-27)

08/05/2026
Derbi galego entre o Mecalia Atlético Guardés e o Conservas Orbe Zendal BM Porriño / SPORTCOEO

O Porriño vence ao Guardés que se despide da Liga Guerreras Iberdrola (15-20)

02/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.