O CV Arenal Emevé estivo a piques de remontar un partido no que o Barça foi por diante desde o comezo. Do 0-2 pasouse ao 2-2 e, finalmente, o CVB Barça, adxudixouse o quinto set no tie break.
Pese a ser penúltimas, as catalás téñenlles tomada a medida ás lucenses e levaron o partido 2-3 (parciais 17-25, 21-25, 25-16, 25-20 e 10-15). Con todo, o punto que levan as galegas, mantén ao CV Arenal Emevé na quinta praza da Liga Iberdrola.
Así as lucenses quedaron a un paso da remontada ante o CVB Barça que levou o triunfo do Pazo. As blaugranas controlaron os dous primeiros sets. O segredo estivo nos saques e no bloqueo.
No terceiro e cuarto set as loitadoras do CV Arenal Emevé pelexaron e recurtaron distancias 2-2. O acerto de Jimena Fernández (26 puntos) e Carolina Camino (17 puntos) tivo parte da culpa.
Forsouse o tie break. No set definitivo, as deportistas que adestra Adrián Fiorenza recuperaron o seu xogo e levaron o partido (2-3).
FICHA TÉCNICA
2) CV ARENAL EMEVÉ: Inmaculada Lavado, Yael Castiglione, Carolina Camino, Darlevis Mosquera, Jimena Gayosa, Mariana Capovilla – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Eliana González e Lidia Filgueira (liberos). Ainara Burgo, Sara Urrea, Massiel Matos e Marta Otero.
3) CVB BARCELONA: Valentina Galiano, Beatriz Novoa, Julieta Cervini, Mireiea Orozco, Helena Orejas e Anna Grima – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Rosa Mesquida e María Palet (líberos). Marta Cano, María Lliná e Sol Guidarelli.
PARCIAIS: 17-25, 21-25, 25-16, 25-20 e 10-15.
ÁRBITROS: Rafael González Tabares e Hugo Suárez Úcar.
INCIDENCIAS: Encontro celebrado no Pazo dos Deportes de Lugo correspondente á Liga Iberdrola de Voleibol. Uns 300 espectadores na bancada.





















