• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

O CV Arenal Emevé adicará o seu choque fronte a Madrid Chamberí TotalEnergies á difusión da loita contra a Violencia de Xénero

Deportivamente está en xogo entrar en postos de Copa da Raíña

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
19/11/2022
en Voleibol, Liga Iberdrola Volei
Non á violencia de xénero, CV Arenal Emevé / CV ARENAL EMEVÉ

Non á violencia de xénero, CV Arenal Emevé / CV ARENAL EMEVÉ

34
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A loita contra a Violencia de Xénero é o obxectivo ao que se adica o cruce entre CV Arenal Emevé e Madrid Chamberí TotalEnergies desta oitava xornada. O partido xógase hoxe, sábado 19 de novembro a partir das 19:45 horas, no Pavillón Municipal de Lugo.

❤
#

#ligaiberdrolavb
⚔️ Xornada 8
Pavillón Municipal
Sábado 19 Novembro
19:45 h.
Chamberí Totalenergies
https://t.co/HZUDYnBulP
por @Lecer_AV

.
‼️
❤ pic.twitter.com/xFF2Mip5hN

— Arenal Emevé (@cvemevelugo) November 17, 2022

Nesta xornada da Liga Iberdrola de volei o CV Arenal Emevé e o Cajasol Vóley Dos Hermanas pelexan por acadar un lugar na Copa da Raíña Ibedrola. Mentres as galegas reciben ao Madrid Chambería TotalEnergies, as andaluzas crúzanse co Depol Feel Alcobendas. Rivais madrileños para ambos os dous equipos, polo tanto.

Os puntos son chaves para acceder a o torneo do KO para as loitadoras, actuais subcampioas da Copa da Raíña Iberdrola. O CV Arenal Emevé busca retomar o camiño dos triunfos logo de caer derrotadas contra das líderes, CV Gran Canaria Urbaser (3-0), a fin de semana pasada. Actualmente as lucenses ocupan a novena praza e o Cajasol Vóley Dos Hermanas a oitava. Están separados por un punto. De aí a importancia desta xornada da Liga Iberdrola de volei.

As galegas do CV Arenal Emevé quere un lugar na Copa da Raíña

O CV Arenal Emevé quere gañar ante a súa afección, no Pazo, coa loita contra a Violencia de Xénero como obxectivo común de todas as persoas que se xunten nesta cita deportiva. As xogadoras que adestra Manuel Blanco buscan, a maiores desa concienciación social, os puntos en xogo para ter billete cara a disputa da Copa da Raíña, mentres as súas rivais de Chamberí precisan a vitoria para alonxarse da zona de perigo da táboa clasificatoria.

Presentación do partido do CV Arenal Emevé contra a violencia de xénero / CV ARENAL EMEVÉ
Presentación do partido do CV Arenal Emevé contra a violencia de xénero / CV ARENAL EMEVÉ

Nesta semana, o partido foi presentado nunha rolda de prensa na que estiveron a presidenta do club, Bibi Bouza; a capitá, Lucía Prol; o xefe do Servizo Provincial de Deportes de Lugo, Manuel Otero Cadramón; a deputada de Muller e Igualdade da Deputación de Lugo, María Loureiro; e o concelleiro de Deporte e Xuventude, Mauricio Repetto.

A presidenta do CV Arenal Emevé, Bibi Bouza, puxo en valor o compromiso da entidade que dirixe coa loita polos dereitos da muller: “Desde sempre, no CV Arenal Emevé potenciamos a igualdade o respecto e o noso intento constante de axuntar todas as nosas forzas para erradicar é a violencia. Somos un club con representación feminina e masculina en todos os ámbitos, traballamos e fomentamos a igualdade porque cremos en ela”.

A presidenta do club lucense, Bibi Bouza, insistiu na importancia da entidade como transmisora de valores: “Sabemos da nosa responsabilidade para coa sociedade por ter a capacidade de chegar aos máis pequenos. Sabemos que temos que fomentar eses valores, facelos visibles e insistir e salientar na súa importancia: constantemente: non á violencia de xénero”.

A ese efecto espello tamén se referiu a capitá das Loitadoras, Lucía Prol, que subliñou que: “Temos que exemplificar estes valores entre os pequenos e as pequenas que nos toman como referente. Recordo como observaba ás xogadoras do primeiro equipo cando era pequena e sei que o noso exemplo pode ter unha gran transcendencia no seu comportamento actual e futuro”.

Lucía Prol, capitá do CV Arenal Emevé: “Temos que exemplificar estes valores entre os pequenos e as pequenas que nos toman como referente. Recordo como observaba ás xogadoras do primeiro equipo cando era pequena e sei que o noso exemplo pode ter unha gran transcendencia no seu comportamento actual e futuro”

O club, máximo representante do volei feminino galego, quere “reforzar con esta acción o seu compromiso coa erradicación da Violencia de Xénero. O traballo para logralo que debe ser constante e diario, pero mediante o seu visibilización e concienciación a sociedade estará máis preto de logralo”, explican nunha nota remitida aos medios.

Etiquetas Bibi BouzaCV Arenal EmevéLoitadorasLucía ProlLugoMadrid Chamberí TotalEnergiesMANUEL BLANCOViolencia de xénerovoleiVoleibol
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

CV Arenal Emevé / CV EMEVÉ TW

Despedida con derrota para o CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
21/03/2023
0

  O punto e final á liga regular para o CV Arenal Emevé non foi doce. As galegas caeron derrotadas...

CV Sayre La Ballena vs CV Arenal Emevé / CLUB VOLEIBOL SAYRE WEB

Derrota do CV Arenal Emevé en Gran Canaria ante o Sayre (3-1)

por Redacción As Nosas
12/03/2023
0

  A igualdade dominou o xogo nos tres primeiros sets pero no cuarto, o conxunto grancanario do CV Sayre La...

Durán Maquinaria Ensino vs Spar Girona / ENSINO LUGO TW

O Spar Girona volve gañar pero faino a costa do Ensino (58-72)

por Redacción As Nosas
12/03/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino fíxolle fronte a un rival potente como o Spar Girona, pero que chegaba tocado logo...

CV Arenal Emevé / CV EMEVE YOUTUBE

Derrota no quinto set do CV Arenal Emevé ante o CV Tenerife Libby´s La Laguna (2-3)

por Redacción As Nosas
05/03/2023
0

  O terceiro clasificado, o CV Haris Tenerife Libby's La Laguna visitaba a cancha do CV Arenal Emevé de Lugo. As...

Milica Ivanovic formou pate das filas do BAXI Ferrol e chega agora ao Ensino Lugo / UNI FERROL

O Durán Maquinaria Ensino Lugo ficha a Milica Ivanovic

por Redacción As Nosas
03/03/2023
0

  A escolta serbia Milica Ivanovic únese ao bloque de xogadoras do Durán Maquinaria Ensino. A deportista ponse ás ordes...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A cativada, no Campionato Xunta de Galicia de 5K celebrado nas Pontes / CONCELLO DAS PONTES

Eva Piñel e Jorge Puig vencen no autonómico dos 5K celebrado nas Pontes

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A cativada, no Campionato Xunta de Galicia de 5K celebrado nas Pontes / CONCELLO DAS PONTES

Eva Piñel e Jorge Puig vencen no autonómico dos 5K celebrado nas Pontes

22/03/2023
CV Arenal Emevé / CV EMEVÉ TW

Despedida con derrota para o CV Arenal Emevé

21/03/2023
Persoas e entidades galardoadas nos Premios Deporte Galego 2019-2022 / XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia entrega os Premios Deporte Galego 2019-2022

21/03/2023
Iago Cerezuela e Silvia Carregal acudiron ao CEIP de Cervo en representación da redacción de As Nosas

Sementando igualdade por terras da Mariña

21/03/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.