A cidade da Coruña, en concreto o pavillón polideportivo do Barrio das Flores acollía a celebración do I Torneo Internacional do CV Zalaeta. As anfitroas chegaron á final pero acabaron caendo diante do máximo exponente do voleibol feminino galego, o CV Arenal Emevé de Lugo que loitou para levarse o trofeo cun tanteo de 3-2 na final
Boísimos días! 🤩
Hoxe é día de torneo!💥
⏰ 12:00
🏰 Pavillón Barrio das Flores
🏐 Semifinal: CV Zalaeta 🆚 @vcvianaa
🏐 Semifinal: @cvemevelugo 🆚 @VoleibolRGCC
Imos con todo 🔥 pic.twitter.com/vYdxhWHJ6a— Voleibol Zalaeta (@CVZalaeta) September 10, 2022
Na competición participaron tamén as asturianas RGC Covadonga e o Voleibol Clube Viana do Castelo portugués. Foron as lusas o primeiro rival do CV Autos Cancela Zalaeta. As xogadoras que adestra Jorge Barrero impuxéronseo 3-1 nesa semifinal accedendo ao partido final.
O CV Arenal Emevé avanzaba tamén cara ao partido decisivo do torneo impoñéndose por 3-0 ao RGC Covadonga que milita na SL2 como o Zala que xusto nesta tempada cumpre dez anos nesa categoría.
Así foi a final CV Arenal Emevé vs CV Autos Cancela Zalaeta
Deuse así unha final galega na que as coruñesas do CV Autos Cancela Zalaeta estiveron dentro do partido até o final ante un rival como o CV Arenal Emevé que milita na Liga Iberdrola. As lucenses gañaron finalmente por un marcador de 3-2.
O primeiro set foi para o CV Arenal Emevé, pero o CV Autos Cancela Zalaeta respondía levando os dous seguintes ao peto. As de Lugo meteron a directa e impuxeron un ritmo no partido que o conxunto que adestra Jorge Barrero non puido seguir e cedeu o partido e o torneo.
Na loita polo 3º posto o RGC Covadonga venceu ao conxunto de Viana do Castelo.
💥 ACTUALIZACIÓN TORNEO 💥
🥇@cvemevelugo
🥈CV Zalaeta
🥉@VoleibolRGCC
4️⃣ @vcvianaa
Grazas por vir e boa viaxe a todos os equipos! 👏🏼— Voleibol Zalaeta (@CVZalaeta) September 10, 2022
Resaca de volei despois do maravilloso día de torneo que tivemos onte 🤭☀️
Deixámovos por aquí as fotos da entrega de premios do I Torneo Internacional CV Zalaeta 👀📸
Mención especial a concelleira @mmartinez____ , grazas por vir 🙌🏼 pic.twitter.com/h1vkMXqMos— Voleibol Zalaeta (@CVZalaeta) September 11, 2022
Como o I Torneo Internacional CV Zalaeta contou con transmisión por streaming, podes ver ou revivir os partidos nesta ligazón: