• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

As Loitadoras do CV Arenal Emeve deixaron escapar de novo unha vantaxe de 2-0 e caeron no ‘tie-break’

As lucenses foron por diante do DSV Sant Cugat pero remataron por perder na casa por 2-3

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
23/10/2022
en Voleibol, Liga Iberdrola Volei
CV Arenal Emevé / CV EMEVÉ YOUTUBE

CV Arenal Emevé / CV EMEVÉ YOUTUBE

36
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • As pantasmas da xornada previa condenan de novo ao CV Arenal Emevé que repite guión ao caer no tie-break logo de ir por diante no marcador, esta vez ante o DSV Sant Cugat

Hai feridas que tardan en pecharse e que supuran moito tempo despois de recibilas. Non pasou tanto (unha semana) desde que o Depol Feel Alcobendas remontáselle un 0-2 ao CV Arenal Emevé para infrinxirlle a súa primeira derrota, pero as lucenses aínda non se levantaron dese revés. Ao contrario, repetiron guión. Nun partido no que querían recuperar o ánimo, o que aconteceu é que se repetiu a historia. Ante as galegas o DSV CV Sant Cugat conseguía a súa primeira vitoria do ano despois de remontar un 2-0 en contra.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Arenal Emevé (@cvemevelugo)

O querer quitarse o mal sabor de boca da semana pasada deixárono claro e meridiano as xogadoras que adestra Manuel Blanco desde a primeira bóla do partido. Empuxadas por Lucía Prol e Carolina Camino as Loitadoras comezaron manexando o partido con comodidade e obrigando a Rafa Ruiz a pedir tempo morto con 9-4.

A pesar de que as catalás se recompuxeron inicialmente, os erros no saque volveron dar cómodas vantaxes a unhas lucenses nas que Jimena Fernández Gayoso foi o ariete que derrubou a porta das de DSV CV Sant Cugat para acabar pechando o primeiro set a favor dos intereses locais.

A sorte que non lle está sorrindo ao equipo que prepara Rafa Ruiz neste inicio de tempada veu toda de golpe en forma de erros do CV Arenal Emevé en arranque do segundo set. As deportistas que adestra de Manuel Blanco fallaron o seu primeiros catro saques e deron moita vida ás catalás. Por fortuna para as Loitadoras, as visitantes non lograban axustar as imprecisións e pronto empezou a abrirse unha brecha no marcador a favor do CV Arenal Emevé.

Desde o banco de DSV CV Sant Cugat buscaron solucións en forma de cambios, entre eles a entrada da internacional española Zoi Mavrommaitis, pero as lucenses manexaron con sangue frío a súa vantaxe para facerse co segundo por 25-18.

Pero co que ninguén contaba é co hábito pouco recomendable que están a adoptar ultimamente as lucenses, que é non pechar os partidos cando os teñen nas súas mans. Así foi como chegou a derrota a semana pasada en Alcobendas e no terceiro set as pantasmas volveron a merodear o Municipal.

O CV Arenal Emevé baixou o seu nivel de concentración e iso deulle ás a un DSV CV Sant Cugat que dominou toda a terceira manga. Nin os dobres cambios de colocadora e central, nin mover ás súas líberos produciu efecto. As catalás apuntáronse 19-25 o terceiro e gañábanse o dereito para soñar.

A mente xoga malas pasadas e o recordo fixo que as Loitadoras saísen algo agarrotadas no cuarto. O DSV CV Sant Cugat coa moral polas nubes tomou unha vantaxe de tres puntos (4-7) que acendeu o estado de alerta en Lugo. Tempo morto de Manuel Blanco e a tentar despexar as cabezas.

Os cambios no CV Arenal Emevé non evitaron a derrota

O CV Arenal Emevé non conseguía levantarse o aturdimiento, o que aproveitaron Raquel Brun e Itziar López para seguir aumentando a sangría. Tento cortar a hemorraxia o banco lucense co cambio de Sara Folgueira-Ainara Burgo por Jimena Fernández Gayoso-Valentina Galiano.

Pareceu espertar do pesadelo o equipo local con tres puntos seguidos (de 10-16 a 13-16), pero rapidamente as catalás lanzaron un xerro de auga fría sobre esa melloría. Os erros e os nervios foron letais e DSV CV Sant Cugat non deixou escapar a oportunidade de asegurarse un punto ao levar o cuarto set (17-25).

De novo outro tie-break co mal recordo de fai sete días na mente. A meta estaba clara: repetir a vitoria na morte súbita como en lle primeira xornada diante o Menorca. Coas rivais levantando todas as bólas, as Loitadoras comezaron sufrindo moito e temendo o peor. Tanto, que Manuel Blanco tivo que parar o partido mesmo antes do cambio de campos con 3-7 no marcador.

Se a can fraco todo son pulgas, a vermella do árbitro principal a Valentina Galiano supuxo arrincar a segunda metade cun punto extra de desvantaxe (4-9). Non houbo moita máis historia. De novo, as lucenses deixaron escapar unha vantaxe de 2-0 para perder un partido que parecía nas súas mans.

FICHA TÉCNICA

2) CV ARENAL EMEVÉ: Carolina Camino, Marcella AmAral, Candela López, Lucía Prol, Valentina Galiano e Jimena Fernández Gayoso – equipo Inicial -. Tamén xogaron: Eliana González (Líbero), Sara Folgueira, Ainara Burgo e Lidia Figueira (Líbero)

3) DSV CV SANT CUGAT: Aina Berbel, Raquel Brun, Andrea Bové, Camila Maldonado, Anna Newsome e Itziar López – equipo Inicial -. Tamén xogaron: Maria Antonia Gomilla (Líbero), Zoi Mavrommaitis, Carlota Martínez e Elia Rodríguez

PARCIAIS: 25-21 (25 min.), 25-18 (27 min.), 19-25 (25 min.), 17-25 (24 min.) e 7-15 (14 min.)

EQUIPO ARBITRAL: Alejandro Sanabria e Diego Rodríguez del Pozo.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á cuarta xornada Liga Iberdrola de volei, disputado no Pavillón Municipal de Lugo ante 250 espectadores.

Etiquetas CV Arenal EmevéDSV CV Sant CugatLoitadorasLugovoleiVoleibol
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

CV Arenal Emevé / CV EMEVÉ YOUTUBE

O CV Arenal Emevé mídese a un rival directo coa idea de seguir coa serie de vitorias que atesoran en 2023

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  O CV Arenal Emevé viaxa a Cataluña para medirse ao DSV CV Sant Cugat no Pavelló Municipal Valldoreix Sant...

Jimena F. Gayoso, xogadora do CV Arenal EMEVE

Jimena F. Gayoso incluída no sete ideal da 14ª xornada na Liga Iberdrola de volei

por Redacción As Nosas
18/01/2023
0

  A xogadora do CV Arenal Emevé Jimena F. Gayoso foi seleccionada esta semana como a mellor atacante e máxima anotadora...

Antonio Pernas, adestrador do  Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Antonio Pernas: “Ter bóla para gañar a falta de 17 seguntos é un meritazo”

por Redacción As Nosas
16/01/2023
0

  Antonio Pernas, adestrador do  Durán Maquinaria Ensino Lugo estaba contento co esforzo e o traballo do bloque que adestra...

Charly Carreño dando indicacións no banco do CV Arenal Emevé / CV EMEVÉ YOUTUBE

Charly Carreño: “As xogadoras teñen un ritmo de adestramento excelente e este é o nivel do equipo agora mesmo”

por Redacción As Nosas
16/01/2023
0

  Charly Carreño, adestrador do CV Arenal Emevé, estaba satisfeito ao final do partido contra do Depol Feel Alcobendas. As galegas venceron 3-1...

Duran Maquinaria Ensino Lugo vs Casademont Zaragoza / ENSINO LUGO TW

Pese a ir case todo o partido por diante, o Ensino Lugo remata perdendo co Casademont Zaragoza (65-69) na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
15/01/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino Lugo perdía na casa 65-69 logo de ir por diante no electrónico na maior parte...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

25/01/2023
Esther Navarrete, que estará na Selección Galega, fíxose en 2022 co Campionato Xunta de Galicia de Campo a través / FGA

Un total de 40 deportistas, citados para a Selección Galega de campo a través

25/01/2023
Nerea Pampín, bronce, e Lydia Pérez, competiron no Torneo Internacional Henri Deglane en Niza FEGALOITA

Nerea Pampín, bronce no Torneo Internacional Henri Deglane de loita

25/01/2023
Ruth Lorenzo Couso e Xavier Santos Veiga, prata en kumite no Campionato de España Absoluto de karate 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE

Ruth Lorenzo Couso, prata en kumite -55kg no Campionato de España Absoluto de karate 2023

24/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.