• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Voleibol Máis volei

O CV Arenal Emevé vendeu cara a súa pel diante do CV Haris de La Laguna na Supercopa (3-1)

O equipo lucense que prepara Manuel Blanco tivo opcións de pelexar polo título ata que pagou o cansazo no cuarto set (25-22; 21-25; 25-22; 25-12) | As Loitadoras agora centraranse no arranque da liga Ibedrola o vindeiro sábado ás 19:30, cando recibirán no Municipal a Avarca Menorca

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/09/2022
en Voleibol, Máis volei
CV Haris vs CV Arenal Emevé na Supercopa / CV ARENAL EMEVÉ

CV Haris vs CV Arenal Emevé na Supercopa / CV ARENAL EMEVÉ

108
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O bloque do CV Arenal Emevé deste curso que está a piques de arrincar promete, pero deberá esperar polo seu primeiro título. O da Supercopa non puido ser. Ese trofeo foi para o CV Haris que se impuxo 3-1 ás loitadoras lucenses.

As Loitadoras do CV Arenal Emevé deron a cara na final da Supercopa nun Santiago Martín que estivo baleiro pola alerta meteorolóxica decretada polo goberno canario. As lucenses estiveron á altura das grandes dominadoras da tempada pasada ata que lles duraron as forzas e pelexaron o primeiro, gañaron o segundo e loitaron o terceiro. No cuarto as de casa foron unha apisoadora.

❤🏐
Non puido ser. 🥺
As nosas #loitadoras deixáronse a pel pero non foi posible dobregar a un enorme @CVHaris , flamante Campión da #SupercopaIberdrola
Parabéns ás campioas!!!!
❤💙🏐💪#galiciasaudable #abanca #fundaciondeportegalego #VoleyArenalEmeve #LugoédeSuperliga pic.twitter.com/LFnSJrdGeP

— Arenal Emevé (@cvemevelugo) September 24, 2022

Sen complexos e con ganas de facer a machada plantouse o CV Arenal Emevé na pista do Santiago Martín tinerfeña. Comezaron moi centradas as xogadoras que adestra o técnico Manuel Blanco o primeiro set e pronto se foron a vantaxes de catro puntos (4-8).

Esperábase a Lucía Prol e Sara Folgueira e as líderes das Loitadoras empezaron moi elevado. Ao seu par unha sólida Candela López que, con só 16 anos, descolocó ás canarias a base de bloqueos e remates. Un ‘gorro’ da central lucense puxo a máxima vantaxe para as de Manuel Blanco que se viron cinco arriba (8-13). As campioas de Liga e Copa demostraron unha enorme capacidade de sufrimento e en mans dos seus centrais Niece e Wolowicz foron recortando aos poucos distancia no marcador. Sempre por detrás ata o 23-22, a experiencia das insulares acabou decidindo un set de enorme tan longo (35’) como espectacular.

Lonxe de verse afectadas polo desenlace do primeiro, as deportistas do CV Arenal Emevé melloraron aínda máis as súas prestacións. De novo Folgueira e Prol marcaron o ritmo e o saque de Candela López levou a renda ata os seis puntos (2-8) obrigando a Juan Diego García a parar o partido. O osíxeno de CV Haris volveron ser os seus centrais e Lisbet Arredondo, que evitaron que as laguneras desenchufásense. As locais levaron o partido a un axustado 13-14 que obrigou ao adestrador Manuel Blanco a chamar ás súas.

Desde ese momento o pulso tornouse máis parello que nunca e o preparador venezolano das lucenses moveu ficha cun dobre cambio de oposta e colocadora con Ainara Burgo e Jimena Fernández Gayoso. A coruñesa comezou a xerar desde a súa entrada cun bloqueo e un ataque que lle valeron unha renda de tres puntos ás súas (19-22). Blanco volveu esconder as pezas a Juan Diego e desfixo o cambio, obrigando ao preparador lagunero a pedir tempo con 20-23.

O desenlace, con sabor doce para o CV Arenal Emevé, non podía ser doutra forma: o segundo foise ata Lugo cun saque directo de Candela López.

CV Arenal Emevé / CV ARENAL EMEVÉ
CV Arenal Emevé na Supercopa / CV ARENAL EMEVÉ

No terceiro parcial a tónica de igualdade mantívose, pero coas locais marcando o ritmo. Haris aproveitouse dos erros das lucenses no ecuador da manga para empezar a cobrar as primeiras vantaxes cómodas (11-8). Non terminaron de engancharse as lucenses, sempre a rebufo, que sufrían a contundencia de Niece, Wolowicz e Arredondo.

As canarias xestionaron a vantaxe con comodidade ata que sentiron o alento das Loitadoras no 18-17. Tempo morto lagunero e cambio de escenario que levo o electrónico ata o 24-17. Cando parecía sentenciado o asunto a favor dos intereses locais, apareceu Candela López para meterlles o susto no corpo co seu saque. A machada estivo preto, pero o terceiro selárono as de casa co 25-22.

O cuarto set decidiu a Supercopa

O cuarto, a pesar de que empezou con igualdade, foi decantándose a favor dos intereses tinerfeños cando Patricia Aranda, MVP da Copa da Raíña, sacou a súa maxia para relucir. Con 7-7 a colocadora meteu unha finta e a partir dese momento o conxunto galego desmoronouse. As de La Laguna fixeron 14 puntos consecutivos que foron un rejón de morte para o CV Arenal Emevé.

Non serviron nin os cambios, nin os tempos pedidos por Manuel Blanco. Remontar un 21-7 era supoñía unha heroicidade case imposible, máxime cando se medían ás dominadoras da campaña pasada.

Caeron con dignidade as lucenses que a semana que vén comezan a súa andaina na liga Iberdrola a próxima fin de semana recibindo ao Avarca Menorca o sábado 1 de novembro ás 19:30 horas.

CV Arenal Emevé / CV ARENAL EMEVÉ
CV Arenal Emevé na Supercopa / CV ARENAL EMEVÉ

FICHA TÉCNICA

3) TENERIFE LIBBY´S LA LAGUNA CV HARIS: Avie Niece, Elena Arán, Patricia Aranda, Lengweiler, Lisbet Arredondo, Wollowicz -Inicial- Patricia Llabrés (Líbero), Daysa Delgado, Hilda, Bely

1) CV ARENAL EMEVÉ: Carolina Camino, Marcella Amaral, Candela López, Sara Folgueira, Lucía Prol, Valentina Galiano -Inicial- Eliana González (Líbero), Jimena Fernández Gayoso, Ainara Burgo, Alejandra Pérez

PARCIAIS: 25-22 (35’); 21-25 (28’); 25-22 (30’); 25-12 (23’)

ÁRBITROS: José María Padrón – Mariola Rodríguez

INCIDENCIAS: Final da Supercopa Iberdrola de Voleibol feminino disputada no pavillón Santiago Martín de La Laguna a porta pecha por mor da situación meteorolóxica na zona baixa alerta por mor da previsión dunha tormenta tropical..

Etiquetas CV Arenal EmevéCV HarisLoitadorasMANUEL BLANCOSupercopavoleiVoleibol
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O CV Arenal Emevé de Lugo milita na Liga Iberdrola / CV EMEVE IG

Triunfo do CV Arenal Emevé 3-2 ante o CV Sayre

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Na Liga Iberdrola, o CV Arenal Emevé conseguiu unha xustada vitoria por 3-2 ante o CV Sayre Centro C. La...

As xogadoras do CV Zalaeta da SLF2 de voleibol súmanse á campaña NON á Violencia de Xénero da Xunta de Galicia / CV ZALAETA IG

SLF2 | Vitoria do Aceites Abril (3-0) e derrota do CV Zalaeta (0-3)

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Os conxuntos galegos que compiten na Superliga 2 (SLF2) afrontan a tempada dende perspectivas moi diferentes. Aínda que non está...

CV Arenal Emevé vs JCV JAV Olímpico Gran Canaria / RFEVB.COM

Tres sets foron abondo para que o CV Arenal Emevé superase ao Emalsa Gran Canaria

por Redacción As Nosas
26/10/2025
0

O CV Arenal Emevé: de David a un Ciclón que levou por diante ao Goliat Emalsa Gran Canaria. O conxunto...

Aceites Abril Voleyourense vs Madrid Chamberí na SLF2 / VOLEYOURENSE

O Aceites Abril Voleyourense non pode vencer na súa estrea na casa e perde co Madrid Chamberí 0-3

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O Aceites Abril Voleyourense non puido sumar no seu primeiro partido como local da tempada e caeu por 0-3 diante...

CV Zalaeta vs Extremadura Arroyo na SLF2 / RFEV

O Zalaeta agasalla a súa afección cunha rotunda vitoria no seu debut en casa

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Segunda xornada desta nova tempada da Superliga Feminina 2, e segunda vitoria para o equipo que dirixe Jorge Barrero. As...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.