• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

O CV Arenal Emevé arrinca 2023 con contundencia e moi poucas dúbidas sobre o seu potencial

As lucenses impóñense a Ocisa Haro Rioja Vóley por 3-0 con tanteos de 25-22, 25-18 e 25-17 na estrea de Charly Carreño á fronte do banco das Loitadoras

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/01/2023
en Voleibol, Liga Iberdrola Volei
CV Arenal Emevé / CANAL EMEVÉ TV

CV Arenal Emevé / CANAL EMEVÉ TV

60
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • As Loitadoras do CV Arenal Emevé regalaron unha primeira vitoria ao seu novo técnico e retoman con ilusión a loita por entrar nos play-offs

O novo ano 2023 arrinca da mellor forma posible para un CV Arenal Emevé que quitou dunha plumada calquera tipo de dúbida sobre o seu potencial cunha vitoria contundente (3-0) ante o Ocisa Haro Rioja Vóley. A estrea de Charly Carreño no banco lucense rompeu unha serie de catro derrotas consecutivas e trouxo un triunfo fronte un rival directo para seguir soñando coas eliminatorias polo título.

❤

HORA DE #LOITAR ⚔️

#ligaiberdrolavb
⚔️ Xornada 13
Pavillón Municipal
Sábado 7 Xaneiro
19:30 horas
OCISA @haroriojavoley
️ https://t.co/mKbbZMgN38
por @Lecer_AV

.
‼️
❤#arenal #voley #lugo pic.twitter.com/YF50RpnXZQ

— Arenal Emevé (@cvemevelugo) January 7, 2023

Solidez, enerxía e un plan de xogo equilibrado: eses foron os presentes que lle pediu Charly Carreño ás súas xogadoras para o duelo fronte a Ocisa Haro Rioja Vóley e de seguro o CV Arenal Emevé decidiu agasallar ao seu novo técnico desde o primeiro set.

As Loitadoras foron case sempre por diante nunha manga moi igualada (excepto no 4-6) e tanto desde a pista como o banco sóubose manexar os tempos en todo momento. Desde o 9-9 as locais foron pegando pequenos tiróns levantadas na contundencia de Jimena Fernández Gayoso (9 puntos no primeiro parcial) para ir abrindo fenda.

Esther López probou cun tempo morto primeiro, máis tarde con cambios (Schaberl por Denia Bravo), de novo con outra chamada á lousa e por último co cambio de colocadora (sentou á monfortina Sanjurjo e deu entrada a Malic) para variar o guion. As locais saboreaban o primeiro punto co 21-13, pero Malic comezou a conectar con Gritzbach e Schaberl para sementar as primeiras dúbidas na Loitadoras.

Non quixo permitir Charly Carreño un desfalecemento das súas e parou o partido ata en dúas ocasións, a última con 21-16, para evitar desgustos. A chamada á orde tivo o seu efecto e o CV Arenal Emevé apuntouse o set por 25-22.

O segundo empezou cunhas Loitadoras moi enérxicas que pronto cobraron vantaxe (3-1). Ocisa reaccionou rápido e deu a volta ao pulso ata poñerse por diante (4-6), pero a partir dese momento Marcella Amaral fíxose forte na rede para devolver o mando ás de casa (10-7) e obrigar a Esther López a pedir tempo, ademais de volver cambiar a batuta (de novo entraba Malic por Sanjurjo).

Dous puntos consecutivos da central brasileira á volta do parón daban ata 5 puntos de vantaxe a un CV Arenal Emevé que viaxaba con rumbo seguro ao 2-0. Por se fose pouca a contundencia das locais, os erros foron castigando a un Ocisa Haro Rioja Vóley que foi baixando aos poucos os brazos ata ver desvantaxes de 9 puntos (23-14) que facían pouco menos que imposible a remontada. Tiveron un arranque de orgullo as Jarreras con catro puntos case consecutivos, pero as de Charly Carreño liquidaron con tranquilidade o set ao facer o 25-18.

Un inspirado CV Arenal Emevé adxudícase o terceiro set e o partido

Cun punto asegurado, quedaba ver se o novo ano deixaba definitivamente atrás a pantasma dos partidos perdidos cando as lucenses gañan por 2-0. Parecía inevitable ese cosquilleo vistos os precedentes, pero no arranque do terceiro non lle tremeu o pulso ao CV Arenal Emevé. A Marcella Aaral e Jimena Fernández Gayoso sumouse unha Carolina Camino estelar nos primeiros compases da manga. O bo papel das lucenses e os erros visitantes lanzaron a primeira vantaxe cómoda (9-4), que fixo que Esther López non tivese máis remedio que chamar ás súas á lousa.

Ao CV Arenal Emevé saíalle todo e ata os saques axustados pasaban a cinta. Coa moral polas nubes, as Loitadoras foron acelerando ata achegarse á decena de puntos de vantaxe (13-5), obrigando a Ocisa Haro Rioja Vóley a esgotar os tempos mortos para buscar solucións.

O intercambio de golpes lle valía ao CV Arenal Emevé e cando tes a pegadoras como Lucía Prol, Carolina Camino ou Jimena Fernández Gayoso na pista alcanzar o éxito é muco máis fácil. As tres foron castigando ao seu rival aos poucos ata pechar unha vitoria sanadora para arrincar o 2023.

FICHA TÉCNICA

3) CV ARENAL EMEVÉ: Carolina Camiño, Marcella Amaral, Lucía Prol, Valentina Galiano, Mame Douf, Jimena Fernández Gayoso – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Eliana González (Líbero) e Alejandra Pérez

0) OCISA HARO RIOJA VÓLEY: Fernanda Gritzbach, Ane Cengotitabengoa, María Rodríguez Sanjurjo, Inma Lavado, Paula Carpinteiro, Denia Bravo – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Aida Etxebarria (Líbero). Kora Schaberl, Nikolina Malic e Esther Manso.

PARCIAIS:  25-22 (28 min.), 25-18 (22 min.) e 25-17 (24 min.)

EQUIPO ARBITRAL: Diego Rodríguez do Pozo e Rubén Sánchez.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á décimo terceira xornada da liga Iberdrola, disputado no Pavillón Municipal de Lugo ante 250 espectadores.

Etiquetas Charly CarreñoCV Arenal EmevéOcisa Haro Rioja VóleyvoleiVoleibol
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da 'Emevé Volei Academia' / CV ARENAL EMEVÉ

A ‘Emevé Volei Academia’, unha acción pioneira do club lucense que pretende promover o desenvolvemento integral das xogadoras

por Redacción As Nosas
03/09/2023
0

  Bibí Bouza, presidenta do CV Arenal Emevé, explicaba que na 'Emevé Volei Academia' búscase: “Formar persoas, a través do...

Presentación Volei Praia 23 / CONCELLO DA CORUÑA

A nova edición de A Coruña é Vólei Praia reunirá a case 500 deportistas en Riazor

por Redacción As Nosas
09/08/2023
0

  A nova edición de A Coruña é Vólei Praia terá lugar nas vindeiras semanas no areal de Riazor. Esta...

Chuchi Corbalán ficha polo club lucense / CV ARENAL EMEVÉ

A oposta arxentina María da Paz ‘Chuchi’ Corbalán chega ao CV Arenal Emevé procedente de Boca Juniors

por Redacción As Nosas
22/07/2023
0

María da Paz ‘Chuchi’ Corbalán "a pincelada mestra do CV Arenal Emevé" para pechar o bloque de xogadoras segundo apuntan...

Emma Piqueras / CV ARENAL EMEVÉ

Emma Piqueras chega á liga Iberdrola da man do Arenal Emevé desde o CV Valencia da Superliga2

por Redacción As Nosas
20/07/2023
0

  A xogadora ilicitana Emma Piqueras potenciará as súas dotes na recepción no conxunto lucense do CV Arenal Emevé, no...

Mame Diouf / CV ARENAL EMEVÉ

Mame Diouf suma un ano máis a súa experiencia ao CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
19/07/2023
0

  Mame Diouf será un dos alicerces do CV Arenal Emevé a próxima tempada 2023-24. “É unha peza moi importante...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

25/09/2023
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.