A Piscina Municipal de Riazor acollerá este verán, cursos de natación nos meses de xullo e setembro. O período de matrícula para o curso do mes de xullo será do 27 de xuño ao 8 de xullo.
Esta actividade promovida polo Concello da Coruña está destinada a persoas de 6 a máis de 65 anos. Tamén haberá un curso de natación prenatal e de recuperación funcional. Toda a información pode consultarse na páxina web do servizo municipal de Deportes.