O Playas de Castellón proclamouse campión de España no torneo por clubs sub20 que se celebrou en Antquera. Alí, a galega natural de Negreira Alba Cuns foi unha das protagonistas, rematando como primeira clasificada no triplo salto.
Cuns, quen aínda está en categoría sub19, foi a vencedora na súa proba, colgándose o ouro do triplo salto cunha marca de 12.54 metros. Xunto a ela tamén foron campioas as súas compañeiras de equipo Claudia Artero nos 200, Rocío Rodríguez nos 800 e Aitana Radsma nos 60 valos.
O equipo foi o mellor da competición, sumando un total de 90 puntos, por riva dos 74 do Trops Cueva de Nerja e os 73.5 do Valencia CA.