• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

Cristina Cantero: “É o grupo máis difícil de todos”

A adestradora do Celta Zorka Recalvi analiza con nós o grupo no que loitarán as viguesas por ascender a LF Endesa

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
31/03/2021
en Baloncesto, Liga Feminina 2 Basket
Cristina Cantero, adestradora do Celta Zorka Recalvi / CEDIDA

Cristina Cantero, adestradora do Celta Zorka Recalvi / CEDIDA

194
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Celta Zorka Recalvi de Cristina Cantero ten un posto na loita polo ascenso a LF Endesa e irá a por todas na segunda fase competitiva. Despois dunha primeira fase con algún altibaixo, pero sempre no máis alto da clasificación, as viguesas remataron na terceira posición e competirán no Grupo 1 pola promoción.

Dentro deste grupo enmárcanse o Barça CBS e o Pacisa Alcobendas, polo que a técnica considera que este é “o grupo máis difícil de todos, porque hai un primeiro, un segundo e un terceiro. É o único grupo no que pasa isto. Cos tres primeiros postos así axustados, sabendo que somos equipos potentes os tres, para min é dos grupos máis difíciles. Claro, eu tampouco son obxectiva”, declara.

Ademais, afirma que as catalás son un dos conxuntos favoritos para o ascenso, xunto co Leganés e o BAXI Ferrol, “pola traxectoria que levaron durante toda a Liga”. Pase o que pase nestas xornadas, o Celta ten cumprido o seu obxectivo, “que era meternos en fase de ascenso e estar fixas na PRO. A partir de aí obviamente temos a intención de ascender, como todos os que asistimos á fase”, asegura Cantero.

BAXI e Celta xa coñecen os seus grupos para loitar polo ascenso a LF Endesa

A valoración de Cristina Cantero do Grupo 1

Analizando a cada rival por separado, do Barça considera que é “un equipo moi potente, cunha base forte de xogadoras nacionais con moita experiencia, que coñecen a Liga 1 e 2, que xogaron fases de ascenso e que ascenderon. Creo que é un equipo moi perigoso por iso”.

Individualizando nas xogadoras, Cristina Cantero sinala a xogadoras xoves de calidade, que están na Selección Española, como Julia Rueda ou Caballero, e ás estranxeiras de calidade, como Fequiere, Rakovic e Carta. “En xeral é un plantel moi compensado, que coñece moi ben o que fai e moi ben dirixidas por Isaac Fernández, adestrador da selección absoluta axudante e con moita expereiencia. Sabemos que vai ser un partido moi difícil”, comenta a adestradora.

Cristina Cantero (sobre o partido ante o Barça): “Será un partido duro, onde tes que estar moi moi ben e se queres sacalo”

Nunha análise previa ao partido, a dirixente do Celta cree que o partido ante o Barça terá a clave nas defensas, polo tipo de xogo que prefiren os dous adestradores. “A ambos gústanos defender moi ben e dominar desde a defensa e cada un intentara impoñer o seu xogo. Será un partido duro, onde tes que estar moi moi ben e se queres sacalo”, declara.

Cristina Cantero, adestradora do Celta Zorka Recalvi / CEDIDA
Cristina Cantero, adestradora do Celta Zorka Recalvi / CEDIDA

Sobre o Alcobendas, a adestradora celeste destaca a súa veteranía, pero tamén que é un “equipo moi físico”. En liñas xerais, sinala que “as súas 13 son moi grandes e van moito ao poste baixo o que as fai un rival complicado, e ademais teñen a xente de moita experiencia. Alcobendas leva xogadas 10 ou 15 fases, unha barbaridade”.

Centrándose nas súas xogadoras, destaca a Clara Rodríguez, que ascendeu con Estudiantes e Celia Menéndez, quen xogou en Liga 1 e en Liga 2 participou en varias fases. Tamén pon o foco en Togores, “unha base de moitísima calidade, unha das mellores en Liga 2”, e en Howard, “unha xogadora determinante”.

Cristina Cantero (sobre o partido co Alcobendas): “Necesitamos controlar máis o partido e que predominen a defensas maís que os ataques”

Para este partido, Cristina Cantero considera que unha puntuación baixa beneficiará ao Celta. Segundo a técnica celeste, o rival ” ten batería en todos os postos, están moi compensadas e está claro que tes que intentar defendelo todo, todo vai ser imposible, pero tratar de que elas sufran con nós e facer partidos a poucos puntos. Necesitamos controlar máis o partido e que predominen a defensas maís que os ataques”.

O Celta segue a filosofía de partido a partido

Para facer fronte a esta dura parte da competición, a adestradora considera que “o importante é pensar nos dous rivais e de feito pensar só en Barça que é o primeiro e ao día seguinte xa teremos tempo de pensar no seguinte”.

Stamenkovic no Celta - Magec / CELTA BALONCESTO
Stamenkovic no Celta – Magec / CELTA BALONCESTO

Seguindo esta filosofía de ir partido a partido, Cantero recorda que o pase á LF Endesa só será posible se as celestes son elas mesmas. “Que quere dicir ser nós? Ser capaces de desenrolar o noso xogo, que ese punto de emocións e nervios non faga que cometamos erros descontrolados que non nos permitan defender como nos gusta, nin tomar as decisións como nos gustan. Que eses nervios non nos impidan ser o que fumos durante a Liga e que sexamos capaces de chegar con todas aos dous partidos”, resume a adestradora.

Cristina Cantero: “Que quere dicir ser nós? Ser capaces de desenrolar o noso xogo, que ese punto de emocións e nervios non faga que cometamos moitísimos erros descontrolados”

Cristina Cantero augura dous partidos complicados, pola maior experiencia das rivais, pero advirte que o control das emocións e dos nervios será fundamental. “O acerto que se poida ter na toma de decisión inflúe moito no teu estado de nervios. A ver se somos capaces de desfrutar e competir moi ben que iso nos axudará a ter mellores resultados”, declara.

Referente celeste

Esta será a súa terceira fase de ascenso e, aínda que confesa que nunca se plantexou que suporía para o Celta competir na máxima categoría, asegura que se trata de “seguir dando pasos no proxecto”.

Celta vs Ardoi / CELTA BALONCESTO
Celta vs Ardoi / CELTA BALONCESTO

Porén, ten claro que ser representantes do club na LF Endesa permitiría que o equipo vigués seguise sendo “un referente para as nenas, creo que xa o somos en Liga 2, e para as que nos ven desde fóra e seguir crecendo desde o traballo e desde a nosa filosofía de traballo pase o que pase. Iso é o máis importante. Sería unha alegría inmensa e satisfacción conseguir o obxectivo que o club foi poñendo”. No caso de que desta vez as celestes non logren pasar á seguinte categoría, Cantero non o consideraría un fracaso.

Cristina Cantero: “Ten que ser unha festa a nivel de todo, de convivencia, de competición, de ver ás mellores do teu grupo competir e creo que é un desfrute para todos”

Agora só queda saltar á pista e competir e, sobre todo, desfrutar do baloncesto, ou todo o que deixe a COVID-19. “Creo que vai ser moi bonita, polo menos as dúas que disputei foron moi chulas. Espero que a COVID non impida o tema de público, de poder desfrutalo como ten que ser unha fase. Ten que ser unha festa a nivel de todo, de convivencia, de competición, de ver ás mellores do teu grupo competir e creo que é un desfrute para todos”, conclúe a adestradora celeste.

Etiquetas baloncestobasketCeltaCelta Zorka RecalviCristina CanteroLF2liga femenina 2liga feminina 2Vigo
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.