Cristina Cantero seguirá sendo a adestradora do Celta Zorka Recalvi no curso 2023-24 no que a entidade celeste xogará na LF Endesa, máxima categoría do baloncesto feminino estatal.
Con esta serán xa nove as tempadas que a adestradora cordobesa dirixirá ao Celta Zorka Recalvi. A técnica está absolutamente integrada en Vigo e na entidade celeste na que foi tamén no seu día xogadora (nos tempos do Celta Banco Simeón). Leva vinte anos na cidade olívica e ligada ao Celta Baloncesto.
Na súa conta de Twitter Cristina Cantero manifestábase en termos moi positivos apuntando: “A por un novo Reto. Agradecida pola confianza depositada en min polo club. Ilusión, traballo e compromiso”.
ℕ _
En marcha una nueva etapa.
Seguimos en sus manos!!ℂ ℂ
#EstamosdeVuelta pic.twitter.com/7t2QLWIgol— CELTA BALONCESTO (@Celtabaloncesto) June 9, 2023
Chega así unha xusta recompensa a tanto traballo feito pola adestradora andaluza en Vigo nos últimos anos. Nomeadamente no último no que dirixiu ao Celta Zorka Recalvi desde o banco ata levar ás xogadoras celestes ao ascenso á elite.
Cristina Cantero, 20 anos como celeste
Cristina Cantero chegou como xogadora a Vigo no 2002. Cinco anos despois deixaba as canchas como xogadora e iniciaba a súa andaina como adestradora.
Entrenou a diferentes categorías do club da cidade olívica e foi asistente do primeiro equipo desde 2009 ata o 2014.
Foi en 2015 cando chegou a súa oportunidade para poñerse á fronte do primeiro equipo celeste. Cristina Cantero non deixaría o posto desde entón. Agora adestrará ás galegas nesta nova etapa na elite do basket feminino español.