• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

Cris Oreiro: «Para o Victoria é algo histórico»

As cebras lograron por primeira vez entrar no 'play-off', que pode darlles o ascenso á Reto Iberdrola

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
12/06/2021
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
Cris Oreiro, adestradora do Victoria CF / CEDIDA

Cris Oreiro, adestradora do Victoria CF / CEDIDA

490
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Pase o que pase nas vindeiras semanas, o Victoria CF está a facer historia. O equipo coruñés, adestrado por Cris Oreiro, logrou por primeira vez proclamarse campión da Primeira División Nacional de fútbol, o que, ademais, lles permite competir no play-off de ascenso á Reto Iberdrola. A propia preparadora asegura que o momento que están a vivir «é algo histórico. Creo que o club leva 10 anos en Nacional e nunca gañara a Liga, polo conseguinte nunca alcanzara o play-off«.

O gran traballo do conxunto é refrexo do vestiario, que conta cun grupo «moi motivado, ilusionado e con ganas de gañar». A propia técnica destaca como, tras rematar primeiras na competición regular, na viaxe de volta de Santander despois de derrotar ao Racing Féminas, unha das futbolistas máis pequenas colleu o micrófono do autobús e afirmou: «gañar a Liga está moi ben, pero hai que ascender».

O Victoria CF finaliza a segunda fase como líder e loitará no ‘play-off’ de ascenso

Cris Oreiro explica como os resultados son froito dun traballo continuado, polo que á volta aos adestramentos tras rematar líderes non houbo festexos: «Cando rematou a celebración e chegamos dilles os parabéns pero díxenlles que o martes non había celebración, habia traballo para o play-off«. 

Cris Oreiro é manteada polas xogadoras do Victoria CF / CEDIDA
Cris Oreiro é manteada polas xogadoras do Victoria CF / CEDIDA

As cebras traballan a todo ritmo, a súa «normalidade»

O martes, cando o equipo volveu ás sesións de adestramento, as xogadoras deixáronno todo no campo, subliña con orgullo a súa adestradora. «Se perdemos é porque o Betis B fai moi ben as cousas, senón vaino ter difícil. Estamos moi enchufadas», engade.

Cris Oreiro: «Se perdemos é porque o Betis B fai moi ben as cousas, senón vaino ter difícil. Estamos moi enchufadas»

No aspecto deportivo, o primeiro obxectivo do Victoria era rematar entre os tres primeiros equipos do grupo galego, para evitar a loita pola permanencia. «Conseguímolo, pero unha vez te ves aí, es ambicioso, e ves que as posibilidades son reais. Ao final vimos que estábamos sendo mellores que os rivais e que podiamos tratar de gañar a Liga e así foi», recorda a preparadora. Tal e como recalca, as metas a conseguir foron mudando co paso das semanas, cun conxunto que foi quen de superar todos os obstáculos. 

Victoria CF / CEDIDA
Victoria CF / CEDIDA

A nivel mental e físico, as futbolistas están como a principio de tempada polo ritmo de adestramentos. A propia Cris Oreiro e o resto de compañeiros do corpo técnico sorpréndense coa intensidade do plantel, que agora tamén inclúe a algunhas pezas do filial, e que está a traballar «con moito ritmo e moita ilusión».

Ao mesmo tempo, isto non é ningunha novidade no Victoria. A adestradora explica como están «dándolle normalidade» á situación que están a vivir. «Ao final levamos toda a tempada con que a fin de semana era o partido máis importante e isto é un pouco o mesmo», sinala. Para ela, a normalidade é a «palabra clave», xa que seguen o mesmo esquema de adestramentos, con sesións de vídeo cada martes e xoves.

 Cris Oreiro: «Ao final levamos toda a tempada con que a fin de semana era o partido máis importante e isto é un pouco o mesmo»

«Así era como estaban vindo os resultados e cambiar en función dos resultados positivos sabíamos que non ía beneficiar. Sabemos que estamos aquí polo traballo e imos adestrar», resume.

Cris Oreiro nun adestramento do Victoria / CEDIDA
Cris Oreiro nun adestramento do Victoria / CEDIDA

Enfronte, o filial dun club de Primera Iberdrola

O método que siguen no Victoria desde principios de tempada é o de focalizar o traballo no grupo propio. Na Primera Nacional non é sempre doado coñecer ao rival, polo que as cebras prefieren centrarse en si mesmas.

O propio formato da competición, con tantos grupos repartidos pola xeografía española, fai que resulte moi difícil ascender, pero as cebras están contentas co Betis B como rival tras o sorteo.

Este é un contrincante descoñecido para as galegas. «No play off un dos hándicaps é a información que tes. Tes información porque hai algún vídeo, tivemos a oportunidade de falar con algún adestrador, pero non o coñecemos de forma directa», explica a adestradora. Por iso, o plan das herculinas é ir «fortes co noso».

Duelo entre equipos de Galicia en Primeira Nacional: Dépor ABANCA B e Victoria CF no VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
Dépor ABANCA B e Victoria CF no VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Este duelo suporá o reencontro do Victoria con Sabrina, ex xogadora que pasou algúns dos seus anos formativos no club coruñés. Cris Oreiro coincidiu con ela no ano no que subiu ao primeiro equipo, e asegura que no equipo «estamos ilusionados de que veña outra vez e de vernos, aínda que espero que sexamos nós as que gañemos».

O posible pase de fase pillará ao Victoria fóra da casa

A primeira rolda do play-off dipútase con partido de ida e volta e as coruñesas actuarán como locais no primeiro encontro. A cita será este domingo, 13 de xuño, ás 12:00 horas no campo da Grela.

Cris Oreiro: «A nivel emocional prefería que a volta fora en casa, porque estás cos teus, xa festexamos a Liga fóra e todo iso. Pero a nivel deportivo é mellor xogar a volta fóra, porque deportivamente os goles contan o dobre»

Desta forma, o pase decidirase lonxe da Coruña, co Victoria como visitante, un aspecto cun lado positivo e un negativo. «A nivel emocional prefería que a volta fora en casa, porque estás cos teus, xa festexamos a Liga fóra e todo iso. Pero a nivel deportivo é mellor xogar a volta fóra, porque deportivamente os goles contan o dobre. Se empatas aquí ou sacas un resultado que non queres, ao final vas alí, metes un gol e vale dobre. Entón xogamos con iso», explica Oreiro. 

Cris Oreiro e o corpo técnico do Victoria CF / CEDIDA
Cris Oreiro e o corpo técnico do Victoria CF / CEDIDA
Etiquetas A CoruñaCebrasCris OreirofútbolPrimeira NacionalPrimera NacionalVictoriaVictoria CF
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

por Silvia Carregal
10/11/2026
0

Pagou caro o Dépor Abanca non materializar todas as ocasións das que dispuxo na primeira metade do seu partido contra...

Presentación do 'Palco sensorial' en Balaídos pensado para persoas con trastorno do espectro autista (TEA) / FUTGAL

Balaídos conta cun ‘Palco sensorial’ destinado a que persoas con trastorno do espectro autista (TEA) gocen mellor do fútbol

por Redacción As Nosas
08/10/2026
0

Un grupo de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) poderán gozar mellor dos partidos do Real Club Celta de...

Presentación da "I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala" organizada pola RFGF e AGAXEDE / FUTGAL

Presentada a «I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala»

por Redacción As Nosas
02/10/2026
0

A sede da  Federación Galega de Fútbol (RFGF) na Coruña albergou este venres a presentación oficial da "I Xornada de...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

10/11/2026
Podio feminino do Campionato Galego de atletismo sub-20 de clubs 2026 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Sanysec-Ourense e Atletismo Sada, campións galegos Sub-20

13/10/2026
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.