• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Segunda Federación

Cris Oreiro: “Estou moi contenta coa plantilla, son ambiciosas e competitivas, tócame ser capaz de sacar o mellor de cada unha”

Polas palabras da nova adestradora do Viajes InterRías FF para este curso 2023-24 o equipo terá un a iniciativa: "Queremos ser protagonistas con balón e dominar os encontros a nivel ofensivo"

Silvia Carregal por Silvia Carregal
21/08/2023
en Fútbol, Segunda Federación
Cris Oreiro, adestradora / VIAJES INTERRÍAS FF

Cris Oreiro, adestradora / VIAJES INTERRÍAS FF

523
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • “Levo vendo xogar o groso do equipo varios anos e sei cales son as súas virtudes e tamén os aspectos que debemos de mellorar”, explica nesta entrevista Cris Oreiro, a nova adestradora do Viajes InterRías FF.

Cris Oreiro volve ser primeira adestradora neste curso. No seu regreso colócase á fronte do banco do Viajes InterRías FF. Luis Treviño deixou de adestrar ao club logo dunha etapa de oito anos. Marchou co equipo salvado e na Segunda Federación. Este ano serán as únicas galegas nunha categoría na que o pasado curso militaban tamén o Sárdoma e o PM Friol. “Ogallá poida subir de novo outro equipo galego a 2ª RFEF”, apunta nesta conversa a adestradora coruñesa.

O Viajes InterRías FF competirá no Grupo 1 e ten fixado o inicio de competición para a fin de semana do 10 de setembro. Están inmersas na pretempada para preparar o novo curso. E nese momento de preparación, a nova adestradora, Cris Oreiro, atendeu ás preguntas das Nosas.

A.N.: A nova tempada supón o inicio dunha nova etapa no banco do Viajes InterRías FF e tamén para vostede. Feliz de volver adestrar?

CRIS OREIRO: Si, moi feliz de voltar ao banco e moi agradecida o club por confiar en min e darme a oportunidade de iniciar esta nova etapa ao fronte do equipo.

Cris Oreiro adestrará ao Viajes InterRías FF / VIAJES INTERRÍAS FF
Cris Oreiro adestrará ao Viajes InterRías FF / VIAJES INTERRÍAS FF

A.N.: É un reto persoal o volver a poñerse á fronte dun banco, non estar en segundo plano.

CRIS OREIRO: En segundo plano estou de novo, dende que un deixa de xogar, onde é o protagonista, nunca volve a estar en primeiro plano. Si te refires o papel de segunda adestradora respecto o de primeira, o reto para min era estar de segunda, ser a primeira adestradora é para o que me formei e me sinto capacitada.

A.N.: Chega ao Viajes InterRías con Adrián Sardiña ao seu lado no staff, é importante para o traballo técnico rodearse de persoas da súa confianza, supoño.

CRIS OREIRO: O mais importante é rodearte das persoas que teñen unha metodoloxía de traballo similar, cunha visión de fútbol complementaria onde o día a día sume. Teño sorte de poder traballar con Adrián Sardiña, non porque sexa da miña confianza, senón por como traballa, que é o que valorei a hora de querer contar con el.

Cris Oreiro, adestradora / VIAJES INTERRÍAS FF
Cris Oreiro, adestradora / VIAJES INTERRÍAS FF

A.N.: Como definiría ao bloque de xogadoras que vai dirixir este ano en termos de grupo

CRIS OREIRO: Definiríaas como ambiciosas e moi competitivas.

A.N.: Que tipo de fútbol lle gustaría que xogase o Viajes InterRías FF

CRIS OREIRO: Queremos ser protagonistas con balón, dominar os encontros a nivel ofensivo, e coa mesma, poder defendernos tamén mantendo a posesión do esférico. Ser fortes nos duelos e agresivas nos momentos sen balón.

Oreiro, adestradora do Viajes InterRías FF: “Queremos ser protagonistas con balón, dominar os encontros a nivel ofensivo, e coa mesma, poder defendernos tamén mantendo a posesión do esférico. Ser fortes nos duelos e agresivas nos momentos sen balón”

A.N.: Seguro que a estas alturas de tempada hai moito que pulir. Cóntenos virtudes e tamén cousas a mellorar no traballo diario deste grupo de futbolistas.

CRIS OREIRO: Comezar de 0 un modelo de xogo basado na fase ofensiva non é doado, polo tanto sempre imos ter cousas que pulir e mellorar. Estamos centrados en que comprendan o xogo, melloren a toma de decisión e saiban porque fan as cousas e non que as fagan porque si, e en canto a isto, estamos contentos coa implicación do grupo, que está preguntando constantemente e iso, é un claro indicativo de que queren comprender mellor o que facemos. A parte condicional da xogadora tamén é importante para nós, onde temos moita marxe de mellora.

A.N.: Anímase a describirnos 1×1 das futbolistas que prepara?

CRIS OREIRO: Se as describo 1×1 estaría todo o día falando das xogadoras. Teño a sorte de coñecelas ben, levo vendo xogar o groso do equipo varios anos e sei cales son as súas virtudes e tamén os aspectos que debemos de mellorar. Estou moi contenta coa plantilla e agora tócame ser capaz de sacar o mellor de cada unha.

A.N.: Que rivais apunta a que se teñen que ter presentes nesta categoría?

CRIS OREIRO: Pois os que veñen de descender, que son os que optarán de novo ou tratarán de optar o ascenso, e logo os filiais, que os primeiros equipos sempre tratan de xuntar o máximo as súas categorías.

A.N.: Cal considera que será o maior reto ao que se enfronta este curso o Viajes InterRías FF

CRIS OREIRO: O maior reto é manter a categoría unha tempada mais, todo o que veña a maiores será un éxito.

A.N.: Os descensos de Sárdoma e Friol colocan ao Viajes InterRías FF como o referente galego na Segunda RFEF Grupo Norte. Outorga iso máis responsabilidade ao seu posto

CRIS OREIRO: Non, non sinto mais responsabilidade por iso. Quería que se salvasen os tres equipos a tempada pasada, gustaríame mais presencia do fútbol galego nas categorías profesionais ou semi profesionais e temos que traballar todos para tratar de conseguilo. Ogallá poida subir de novo outro equipo galego a 2ª RFEF.

Cris Oreiro, adestradora / VIAJES INTERRÍAS FF
Cris Oreiro, adestradora / VIAJES INTERRÍAS FF

Cris Oreiro: “Gustaríame máis unión para conseguir cambios”

A Selección Española de Fútbol vén de proclamarse campioa do Mundo un feito que se espera que impuse o deporte en España e que permita mellorar as condicións das futbolistas e clubs. Sobre este ‘boom’ que se está a notar ao fío do bo papel de España na Copa do Mundo preguntamos tamén a Cris Oreiro. Hai que advertir que a entrevista realizouse previamente á consecución do título por España, polo que non se fai referencia a ese fito na conversa.

A.N.: A Selección Española de fútbol está a captar a atención mediática e da afección. Considera que iso vai repercutir positivamente no resto do FutFem español o pasado o Mundial será flor dun día? Cre que mellorará dalgún xeito as condicións coas que contan clubs e futbolistas neste momento?

CRIS OREIRO: Non sei o que vai a pasar, sei o que me gustaría que pasase. Gustaríame por suposto que non fose flor dun día, que os que celebran os éxitos tamén axudasen a chegar a eles, porque para a foto final sobran caras.

Tamén me gustaría que houbese máis unión para conseguir os cambios porque é fácil esperar que outros paguen as consecuencias de pedir mentras un só se lucra dos mesmos.

España é un país futbolero e espero que se note a partir deste Mundial que tamén é un país que pouco a pouco, cree na igualdade.

Oreiro, da cancha ao banco

A galega Cris Oreiro formouse no Pastoriza como futbolista. Antes de colgar as botas defendeu as elásticas do PM Friol, RC Deportivo ou Victoria CF. As lesións de xeonllo non lle permitiron continuar co seu papel como xogadora e pasou a aumir o rol como adestradora. Xogou tamén ao fútbol sala en equipos como o Viaxes Amarelle FSF. 

Cris Oreiro no Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO
Cris Oreiro no Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO

Coas cebras do Victoria CF, xa como adestradora, acadou un campionato de Primera Nacional no ano 2021, chegando a disputar a fase de ascenso, aínda que sen acadar o premio final.

Cris Oreiro é manteada polas xogadoras do Victoria CF / CEDIDA
Cris Oreiro é manteada polas xogadoras do Victoria CF / CEDIDA

Máis tarde a agora entrenadora do Viajes InterRías FF formou parte do corpo técnico do Dépor ABANCA  como segunda de Irene Ferreras.

Etiquetas Cris OreirofútbolViajes InterRías FF
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.