• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto LF Challenge

Cris Cantero: “É unha liga moi esixente”

A adestradora celeste fai balance da estrea do equipo na nova LF Challenge antes de comezar a segunda volta

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
07/01/2022
en Baloncesto, LF Challenge
Cris Cantero, adestradora do Celta Zorka - @sweetbasket2

Cris Cantero, adestradora do Celta Zorka - @sweetbasket2

133
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • “Estou moi moi orgullosa do equipo, competimos en todos os partidos”
  • “A LF Challenge é unha liga preciosa en todos os sentidos”
  • “Preparar ao equipo mentalmente o mellor posible e ser capaces de competir cada partido, esa vai ser a clave da segunda volta”

Tras o remate da primeira volta na recentemente estreada LF Challenge, o Celta Zorka Recalvi, único equipo galego da competición, ocupa a décima posición, na parte inferior dunha táboa moi igualada.

A súa adestradora, Cristina Cantero, explica a As Nosas as irregularidades destes primeiros meses de competición, nunha liga “moi esixente”.

Celta Zorka Recalvi / CELTA
Celta Zorka Recalvi / CELTA

As Nosas: Despois dos primeiros meses de competición, que balance fas da primeira volta?

Cristina Cantero: En xeral a sensación que daba a liga era que se estabamos moi finas estariamos no quinto ou sexto posto, e se non, tiraríamos máis hacia baixo. Estamos na liña intermedia facendo cousas moi ben, pero escapándose partidos que non tiñan que ter escapado. Rematamos con esa idea de ser máis regulares, de intentar ser máis sólidas neses partidos, sobre todo fóra de casa, que parecía que tiñamos máis opcións que logo escapáronse. Pero estou moi moi orgullosa do equipo, competimos en todos os partidos.

Cristina Cantero: “Somos un equipo rocoso”

Somos un equipo rocoso, e estivemos sempre en partido, con posibilidades de gañalos todos. Quizais Murcia foi o equipo que máis nos superou en todo. Pero en xeral, o equipo competiu ben.

O Celta ocupa a zona media da táboa pasado o ecuador da tempada

Somos un grupo que necesita a todas ás súas xogadoras. A recuperación paulatina de Celia, a lesión de Laia que estivo varios partidos con molestias case sen poder xogar, agora a baixa de Coello con apendicite. Todas esas cousas lástrannos porque somos un equipo grupal e bastante coral no noso traballo, non temos grandes individualidades. Necesitamos moito a todo o grupo. Gustaríame ver un puntito máis. É unha liga moi esixente, os equipos rivais tamén xogan, hai planteis moi bos, moi compensados. 

Cristina Cantero, adestradora das celeste / CELTA BALONCESTO
Cristina Cantero, adestradora das celeste / CELTA BALONCESTO

As Nosas: E este curso estades a estrear a nova categoría, a LF Challenge. Como a estades a vivir?

Cristina Cantero: É unha liga preciosa en todos os sentidos. Seino polo club, que é unha liga moi cara e esixente, a nivel de viaxes é un palizón, son viaxes moi caros, pero a nivel competitivo e deportivo é ideal para unha xogadora xove con proxección e con idea de medrar.

É un baloncesto profesional. Nese aspecto gañamos porque se achega a unha liga feminina, a nivel de calidade, de ritmo de xogo, de prestacións das xogadoras, de calidade delas. Aínda que a esteamos sufrindo, todos os partidos son igualados. Hai moitísimos partidos con diferenzas de nin 5 puntos. Creo que iso é boísimo para a liga. Polo que vou falando con adestradores e xogadoras, estamos todas desfrutándoa.

As Nosas: Ademais, está a ser unha competición moi igualada

Cristina Cantero: Entre derrotas e vitorias estamos nun pelotón desde a quinta ata a duodécima, no que pode estar calquera movéndose. Quedaron descolgados os dous últimos, pero non é que aos últimos todo o mundo lles gañe, todos os partidos están igualados. Ao final, se perdes tres partidos non pasa nada, porque gañas os tres seguintes e volves estar na pelexa. 

Cantero: “Se perdes tres partidos non pasa nada, porque gañas os tres seguintes e volves estar na pelexa”

Hai que ter a cabeza fresca, manter a calma, saber que hai moitos partidos, isto é moi longo e tes opcións de volver. Co tema COVID xa é lotería, porque se vas xogar un partido sen pezas claves porque están con COVID, a cousa pode variar. A COVID é case coma se fora unha lesión. Nós tivemos con COVID a Celia e non xogou un partido e fóra. Isto pode cambiar para ben e para mal, pero hai que ter a cabeza fresca e saber xogar cada partido e ser o máis competitivas posibles cada sábado.

Celia García / CELTA BALONCESTO
Celia García / CELTA BALONCESTO

As Nosas: E co COVID, como ben dis, non se pode prever ni traballar previamente como coas lesións

Cristina Cantero: Non é só iso, o que afecta ao grupo, xera incertidume, ansiedade, o terei non o terei, a familia… Xa non é só ti, senón que intervén máis, e ese aspecto psicolóxico é moi difícil de preparar e non estamos preparados. A lesión é unha cousa coa que convivimos e é máis fácil mentalmente levar ao grupo.

Cantero: “A semana que tivemos de COVID foi durísima”

A semana que tivemos de COVID foi durísima, está a xente inquieta, adestras con máscara, agora non, agora si. Esa incertidume é moi difícil de controlar na cabeza das xogadoras. Antes afectaba moito máis, o ano pasado unha xogadora parou 2 meses, agora parece que saen máis leves, Celia está perfecta. Non sabemos como afecta, e esa incertidume mata. 

As Nosas: Cambiando a un aspecto máis positivo, tedes no plantel a Davydova, MVP celeste e entre as mellores da competición

Cristina Cantero: É unha xogadora sólida en todo o que fai. É brillante. Marca o ritmo e solidez do noso equipo, a nivel de rebotes e presenza. Ese punto que ten o noso equipo para competir ben, que ten que estar ben atrás, manter esa presenza, ela nos da esa seguridade.

Grazas a deus é unha xogadora con poucas lesións, que é capaz de fisicamente aguantar moi ben todos os partidos e para nós é unha peza moi importante.

Davydova / CELTA BALONCESTO
Davydova / CELTA BALONCESTO

As Nosas: E para estrear o 2022, teredes unhas semanas moi ocupadas

Cristina Cantero: Empezamos este sábado e logo temos Raca, Paterna, e Cáceres seguido. Sabemos que a liga está sendo así e na primera volta fixemos non sei se tres ou catro semanas de dobres ou triples xornadas. 

En xeral non se nos deu ben, as cousas como son. Por un lado estou preocupada, porque non creo que fora tema físico, tocaron bos equipos e competimos pero non o sacamos. 

Cantero: “Hai que preparar ao equipo mentalmente o mellor posible e ser capaces de competir cada partido”

Preocúpame porque cando vas ás series e non gañas a ver como afrontas. Pero tampouco é o mesmo xogar en casa que fóra de casa. Agora temos Raca e Paterna en casa, e saímos a Cáceres, non é o mesmo, recuperas mellor. Estou preocupada, como con todas as xornadas, sabendo da dificultade que supón pero que o equipo o ten que afrontar o mellor posible. A liga é así. 

Hai que preparar ao equipo mentalmente o mellor posible e ser capaces de competir cada partido, esa vai ser a clave da segunda volta.

Etiquetas baloncestobasketCeltaCelta Zorka RecalviCris CanteroCristina CanteroLF Challenge
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge / CELTA BALONCESTO IG

O Celta Femxa Zorka suma un novo triunfo na LF Challenge ao imporse 68-78 ao C.B. Sanfeliuenc

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka impúxose ao C.B. Sanfeliuenc (68-78) e acadou unha nova vitoria, a 12.ª no que vai de...

Canastra baloncesto / SABELA MOSCOSO

Paso adiante do Maristas Coruña e do Mariscos Antón Cortegada na xornada 12 da LF2

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

  O Maristas Coruña asinou unha contundente vitoria na casa fronte ao Smartlog Ointxe (87-64), mentres que o Mariscos Antón...

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge e está adestrado por Cristina Cantero / CELTA BALONCESTO IG

Nova vitoria do Celta Femxa Zorka (74-57)

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka sumou a súa décima vitoria consecutiva da tempada fronte ao Domusa Tecnik ISB (74-57), aínda que...

O C.B. Arxil milita na LF2 / C.B. ARXIL IG

Mala sorte para os galegos na 11.ª xornada da LF2: Mariscos Antón Cortegada, Maristas Coruña e CB Arxil caen

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

A xornada 11ª estivo marcada por malos resultados acadados polos tres conxuntos galegos que compiten na LF2. O Mariscos Antón...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

18/02/2026
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.