As xogadoras que adestra a parella de técnicos composta por Juan Pablo Chorny e Pablo Artime obtiveron unha gran vitoria no encontro xogado no Campus Elviña este domingo ás 12 da mañá fronte ao Getxo, equipo de División de Honra B. Era o primeiro dos tres partidos que o CRAT Residencia Rialta vai disputar na primeira fase da Copa FER.
O encontro comezou con moita igualdade e con fallos de mans nos dous equipos. Pronto, no minuto 15, Claudia Barrio conseguía o primeiro ensaio para o CRAT Residencia Rialta. Apenas dous minutos máis tarde facía o mesmo Cecilia Huarte, cunha posterior conversión por parte de Ana Iglesias.
O equipo vasco recortaría distancias cun ensaio no minuto 23. O CRAT Residencia Rialta conseguiu antes do descanso outros dous ensaios, por parte de Iciar Pozo e Mariana Romero, coas súas correspondentes conversións realizadas por Ana Iglesias. Ao tempo de descanso chegouse co resultado de 24 a 5 para as locais.
No segundo tempo, dous ensaios de Leyre Bianchi, outro de Miriam Roig e unha conversión da pateadora do CRAT Residencia Rialta, Ana Iglesias, pecharon o partido. Aínda houbo tempo para que o Getxo recortase distancias con dous ensaios e dúas conversións. O resultado final due de 43 a 19 no primeiro encontro oficial para os dous equipos.
Bianchi, xogadra Estrella Galicia do CRAT
A xogadora Estrella Galicia elixida como MVP foi Leyre Bianchi, quen foi quen máis ensaios conseguiu para o conxunto de rugby coruñés.
O adestrador Pablo Artime cre que “se viron boas cousas do xogo que queriamos propoñer, aberto e dinámico” a pesar de que cre que “hai moito que mellorar e que corrixir”. “Estou moi contento coa actitude das xogadoras polos cambios necesarios que tiñamos en postos difíciles como na primeira liña por baixas ou dificultades extra”, concluíu.