De ir gañando 19-17 a perder 19-24 so vai un minuto, un ensaio e unha transformación. O CRAT Residencia Rialta viviuno en carne propia esta xornada ante o C.R. Olímpico de Pozuelo que visitou a cancha de Elviña e levou a vitoria. Pese a perder no último minuto, o conxunto galego transmitiu boas sensacións na cancha.
O partido foi o cúmio dunha serie de accións que durante a semana se sucederon para conmemorar o 25N e dar conta da repulsa do equipo coruñés á violencia de xénero. No estritamente deportivo na cancha coruñesas estaba dun lado, as madrileñas están a ser o equipo revelación da tempada xa que, aínda que nun principio non parecía que fosen estar no alto da táboa, o paso das xornadas está a convertelas nun dos aspirantes a todo. E do outro estaba o CRAT Residencia Rialta, que chegaba ao partido aínda coa enfermaría chea, pero que tentaba consolidar a recuperación que se viu a pasada xornada ante o Eibar.
Comezou o encontro coa igualdade como nota dominante. Un ensaio temperán das de Pozuelo foi contrarrestado rapidamente polo CRAT Residencia Rialta e así, as táboas permaneceron no marcador durante o resto da primeira metade mercé ás boas defensas de ambos os equipos.
O CRAT estivo máis vivo na segunda metade
Na segunda parte o CRAT Residencia Rialta saltou ao campo máis enchufado que o seu rival e púxose por diante no marcador con dous ensaios e un xogo que parecía poder darlle a vitoria. Con todo, o Olímpico non se desconecto do partido e no último cuarto de hora deu un arreón final da man principalmente da súa dianteira. As coruñesas, que non flojearon en defensa, si que o fixeron en canto á disciplina e viron como tras numerosos golpes de castigo as visitantes lograban adiantarse no marcador no último minuto e levar o catro puntos.
A pesar de todo bo partido do CRAT Residencia Rialta, que aínda con máis dunha ducia de baixas, a maioría en posicións crave, demostrou de novo que superou a súa fochanca de mal xogo e que cun bloque sólido está disposto a dar guerra a calquera equipo que se atope no seu camiño máis aló das ausencias.
FICHA TÉCNICA
19) CRAT RESIDENCIA RIALTA: Miriam Roig, Sara Antúnez, Leyre Bianchi, Elena Martínez, María Vega, Judith Hernández, Maitane Bujan, Maica Martí, Alba Lalín, Ana Iglesias, Jess Martín, Claudia Barrio, Ceci Huarte, Alejandra Fernández e Estela Salinas. Tamén xogaron: Ana Montero, Iria Anidos, Bárbara Murillo e Tania Martínez.
24) C.R. OLÍMPICO DE POZUELO: Paula Feito, María del Castillo, Sidorella Bracic, Miriam Vega, Marta Iglesias, Lia Piñeiro, Cristina García, Beatriz Cabo, Andrea García, Mar Ruiz, Ana Sánchez, Irene Schiavon, Paloma García, Alba Mancebo e Natalia Ortega. Tamén xogaron: Amaya Rascón, Marina Martín, Irene Garrido e Blanca Barriuso.
MARCADOR:
- Min. 12: 0-7 Ensaio de Sidorella Bracic transformado por Ana Sánchez.
- Min. 16: 7-7 Ensaio de Jess Martín transformado por Ana Iglesias.
- Min. 43: 12-7 Ensaio de Ceci Huarte.
- Min. 48: 12-10 Golpe de castigo transformado por Ana Sánchez.
- Min. 55: 19-10 Ensaio de Ana Montero transformado por Ana Iglesias.
- Min. 67: 19-17 Ensaio de Ana Sánchez transformado por ela mesma.
- Min. 79: 19-24 Ensaio de Natalia Ortega transformado por Ana Sánchez.
ÁRBITROS: Colexiados Lorenzo Simón (principal), e Max Fraga (auxiliar).
INCIDENCIAS: Partido correspondente á oitava xornada de Liga Iberdrola de rugby disputado no campo universitario de Elviña (A Coruña).