• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Rugby

O CRAT, á procura de retornar ao camiño do triunfo diante do Crealia El Salvador

As coruñesas reciben o sábado 14 ás 16:00 horas en Elviña ao equipo relevación da tempada

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/01/2023
en Rugby, Máis Deporte
Jess, xogadora do CRAT Residencia Rialta, placada por Tecla Masoko / MANUEL ÁNGEL GONZÁLEZ

Jess, xogadora do CRAT Residencia Rialta, placada por Tecla Masoko / MANUEL ÁNGEL GONZÁLEZ

108
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • O CRAT Residencia Rialta recibe ao Crealia El Salvador hoxe, sábado 14 de xaneiro ás 16:00 horas, no Estadio Universitario de Elviña na Coruña.

Xogan as galegas do CRAT o seu segundo partido da segunda volta, primeiro de 2023, diante un recentemente ascendido que é a revelación da tempada. O Crealia El Salvador, terceiro na táboa, avantaxa ás coruñesas en 12 puntos.

Chegados a esta novena xornada, restan seis encontros para finalizar a fase regular da Liga Iberdrola de rugby, se o CRAT Residencia Rialta quere ser un dos catro equipos que xoguen as eliminatorias polo título, debe ser forte en casa e comezar sumando unha vitoria diante o Chami, considerado o equipo revelación.

O conxunto coruñés caeu en Valladolid na primeira volta tras un choque moi disputado. Entón, o Crealia El Salvador conseguiu levar un partido de ritmo lento, o CRAT Residencia Rialta non logrou facer valer o seu xogo máis dinámico.

A lección debería estar aprendida para poder plantarlle cara ás valisoletanas, aínda que as galegas presentan unha liña de tres cuartos condicionada polas ausencias. Este partido marca o retorno de Mariana Romero, que aínda non xogara esta campaña.

Pimi xogadora do CRAT Residencia Rialta / MANUEL ÁNGEL GONZÁLEZ
Pimi xogadora do CRAT Residencia Rialta / MANUEL ÁNGEL GONZÁLEZ

O esperadísimo regreso da venezolana únese á fichaxe da irlandesa Anna Caplice, a que, en teoría vén para ser o número 8 diante a baixa para toda a tempada de Sina Hetet.

Anna Caplice terá que disputarse o posto con Maria Morant, que tan bo desempeño realizou ata o momento nun rol que non é a súa posición habitual, aínda que podería regresar á sagunda liña.

Alevín e Alejandra son baixa por lesión 

Ademais, hai que sumarlle a volta de Jess, ausente a pasada xornada en Sant Cugat. Jos Portos, Pakito Usero e Juan Carlos Fernández terán que compoñer un XV inicial no que non repetirán Alevín e Alejandra, ambas as lesionadas, nin Ceci, fóra de España por motivos académicos.

Así, as convocadas polo trío de técnicos galegos para recibir ao Crealia El Salvador son: Divi, Copi, Nicky, Ali, Maica, Miriam, Tere, Valle, Kyra, Pimi, Rumi, Maria Morant, Judith, Anna Caplice, Alba Lalín, Leire Gorrotxategi, Anita, Quen, Mariana, Elsa, Tania e Jess.

Dos seis compromisos que quedan por disputar ao CRAT Residencia Rialta na Liga Iberdrola de rugby, catro deles serán en Elviña. Xogar como locais debe ser sinónimo de vitoria, o CRAT quere demostrar a súa fortaleza en casa, algo que lle permitirá engancharse de novo á loita polo título.

Así chega El Salvador

O adestrador do rival do CRAT, Michael Walker-Fitton, declaraba á web do seu equipo na previa do partido que nesta novena xornada e ante as coruñesas o conxunto de Valladolid atópase “diante dun partido que chega despois dun parón moi longo, cun desprazamento afastado, pero confiamos en que isto non nos vai a afectar”.

O técnico de Crealia El Salvador explicaba tamén que o equipo que adestra “traballou a un gran nivel durante as últimas semanas de adestramento, e imos co obxectivo de conseguir a vitoria lonxe de Pepe Rojo, xogando o rugby que nos gusta. Todas as xogadoras están moi motivadas, e con moitas ganas de facer un gran partido”.

O cruce entre o CRAT Residencia Rialta e o Crealia El Salvador vai ser arbitrado polo colexiado Iñaki Muñoz, do comité madrileño. Como é habitual, o encontro poderá seguirse ao vivo en liña na páxina da Federación Española de Rugby ferugby.tv, con rexistro de balde.

Máis partidos do CRAT noutras categorías

Pero este non é, nin moito menos, o único compromiso do CRAT Residencia Rialta este sábado. Tamén no Estadio Universitario de Elviña, despois do CRAT-Chami, o equipo feminino de Liga Galega enfróntase ao Santiago Rugby ás 18 h.

Na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, o CRAT Cesuga, da liga Galega M14, recibe ao C.R. Ferrol ás 12:30 h. Na Torre tamén, pero ás 15:30, o equipo de Liga Galega Masculina disputará o seu encontro co Universidade de Vigo.

Por último, na liga M18, o conxunto de Unión do Norte do que forman parte xogadores do CRAT xoga ás 16 h en Ourense diante o combinado local.

Etiquetas CRATCrealia El SalvadorJos PortosJuan Carlos FernándezLiga IberdrolaPakito Userorugby
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Inés Rey, alcaldesa, na Cea do Deporte da Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Cea do Deporte da Coruña recoñece a 16 persoas e entidades polos seus éxitos e a súa traxectoria

por Redacción As Nosas
06/07/2024
0

  O Palacio dos Deportes de Riazor acolleu onte á noite a Cea do Deporte que organiza o Concello da Coruña....

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / CRAT CORUÑA

O CRAT pasa á final da Copa RFER logo de vencer con rotundidade (72-0) ao Ghenova Cocos Rugby

por Redacción As Nosas
15/04/2024
0

  O CRAT Residencia Rialta disputará a final da Copa RFER tras derrotar con contundencia a Ghenova Cocos Rugby (72-0)...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
A Xunta pide un "trato igualitario" para os padexeiros galegos Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo "ante as situacións inxustas que están a vivir" dentro do piragüismo / XUNTA DE GALICIA

A Xunta pide un “trato igualitario” para Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo ante “as situacións inxustas que están a vivir” no piragüismo

09/07/2025
Jéssica Bouzas cae en oitavos de final / WIMBELDON

Jéssica Bouzas cae Wimbledon en oitavos de final ante Liudmila Samsonova

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.